Orixe das palabras

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 13,35 KB

 

TIPOS DE LEXITIMACIÓN DO PODER: MAX WEBER

O desenvolvemento das sociedades humanas ten feito que o poder político se Vaia constituíndo en Estado. No pasado diversas asociacións, empezando polo Clan familiar, utilizaban a violencia para impoñer os seus intereses. Na Actualidade, o Estado reclama para si o monopolio da violencia física lexítima. Por outra banda, para que o Estado subsista, os súbditos deben aceptar a Autoridade dos que mandan.
Max Weber cre que hai tres tipos de xustificacións, 
 • Lexitimidade tradicional.
A lexitimidade procede, neste caso, da tradición e Dos costumes. Nelas intégranse prexuízos, solucións prácticas, sedimentacións Da sabedoría popular, etc. É a lexitimidade que se dá nos réximes Monárquicos e nas sociedades patriarcais.
 • Lexitimidade carismática.
A lexitimidade provén agora do "carisma" dunha Persoa, da súa capacidade para crear ou impulsar ideais colectivos. É a Autoridade dos grandes líderes, profetas ou caudillos. Os pobos identifícanse e Cren neles, séguenos e obedecen.  
--

Lexitimidade legal-racional

É propia das sociedades adultas. Os homes Queren dar unha solución racional aos conflitos. Para iso organízase un Estado de dereito no que a Constitución e as leis determinan as competencias Do goberno e demais autoridades. Nela, a lexitimidade depende, pois, da razón E as leis. 

A teoría contractualista de Hobbes. 
1º.- O home por natureza é hedonista e egoísta, é dicir, tende a buscar o seu
propio pracer, sexan cales foren os custos que isto carrexe aos demais. A
razón humana para Hobbes non capta o ben en si mesmo, senón que é un
cálculo de medios a fins que nos ensina a conseguir as nosas metas utilizando
para iso calquera tipo de medios ao noso alcance. A concepción da razón en
Rousseau non vai ser esta razón calculadora, senón unha razón desinteresada
e universal, que aparecerá tamén en Kant. 
2º.- Segundo Hobbes, para satisfacer o pracer é necesario o poder. Para
Hobbes, todos os homes son iguais antes de asinar o pacto ou contrato, e
todos gozan do mesmo poder. É precisamente esta situación a que leva aos
homes para desconfiar uns doutros. 
3º.- Esta desconfianza conduce á “guerra de todos contra todos”. Os perigos
que esta guerra carrexa levan a pactar e formar o estado.
Por tanto, o estado

ten a súa orixe na nosa natureza egoísta e desconfiada. 
4º.- O contrato social de Hobbes é froito dun pacto no que os homes
renunciamos á liberdade ilimitada da que gozaban no Estado de Natureza.
Este pacto asínase con dúas condicións:
- A renuncia á liberdade sen límites é recíproca, non unilateral.
- Esta renuncia, para que teña sentido, debe ser controlada, para que
así o acordo sexa irreversible.
 5º.- O encargado de controlar e administrar esta renuncia é o Leviatán, o
soberano, o Estado, que ostentará todo o poder ao que renunciaron os seus
súbditos. Por tanto, o poder do Leviatán non ten límites nin control algún.
Hobbes xustifica deste xeito o poder absoluto do monarca, e a falta de
liberdade dos súbditos.

 A teoría contractualista de John Locke.

ten como obxectivo primordial a defensa das liberdades individuais fronte ao poder do estado. Dende o punto de vista económico, o liberalismo propón que o dereito fundamental dos individuos é a propiedade privada, e o estado non debe intervir nunca no mercado, nin expropiar en ningún caso.
No estado de natureza, segundo Locke, o ser humano posuía certos dereitos Básicos: 
- Á conservación da propia vida (e a facer uso da forza para
defendela).
- Á liberdade (a non ter que obedecer a ninguén excepto a si mesmo).
- Á propiedade (de todas aquelas cousas obtidas co traballo).
No estado de natureza o ser humano vivía libre, dono de si mesmo e das súas propiedades, posuidor dunha lei moral natural pola cal respecta aos demais e é respectado por eles…
- Os dereitos individuais, especialmente o dereito á propiedade, que
é parte da lei natural, a cal non queda anulada pola lei política.
- A igualdade ante a lei, incluso o soberano debe tamén someterse
a ela.
- A intrasferibilidade da soberanía: só o pobo debe outorgar o poder
e, por tanto, este non se pode herdar.
- A división de poderes. O poder executivo e o lexislativo teñen que
estar en diferentes mans.
- O dereito de resistencia ante o tirano.
Esta teoría de Locke foi moi criticada polo marxismo
En definitiva, para Locke, o Estado ten como función suprema protexer o máis Importante dos dereitos naturais: a propiedade privada. Por outra banda, Locke vai admitir tres restricións á propiedade: 
- A inutilidade da propiedade: non se poden acaparar propiedades Cuxa acumulación fai imposible que sirvan para satisfacer as nosas Necesidades. - A suficiencia: a acumulación de propiedades debe permitir que Queden suficientes propiedades para os demais. 
- O traballo: deben quedar suficientes propiedades para que o Traballo poida crear propiedade. 
O problema é que estas tres restricións desaparecen co diñeiro. En efecto, o Diñeiro é acumulable ata o infinito, por moito que se teña é sempre útil (non Como as terras). Ademais, o diñeiro permite que queden outros medios de vida Para os demais, parece que hai suficiente para todos (a propiedade da terra, en cambio, é limitada). O traballo asalariado permite que todos poidan Traballar aínda que non sexan propietarios. En definitiva, aínda que te quedes Con todas as terras os demais poden seguir traballando de forma asalariada. 


 R. Nozick: O Estado Mínimo. 

A absolutización dos dereitos individuais


Nozick critica tanto o modelo liberal-social de Rawls como o utilitarismo e o Socialismo. Pero as súas críticas van dirixidas, ante todo, contra o Estado do Benestar. A súa orixinalidade consiste en presentar, en busca do apoio Popular, o liberalismo en clave utópico-libertaria. 
O seu punto de partida é a idea de que o individuo ten unha Primacía case absoluta, na súa condición de "vida separada" (individualismo) Fronte á sociedade e o Estado. Os dereitos individuais adquiren, por iso, un Valor superior a todos os demais valores,
O único límite dos dereitos individuais son os dereitos dos demais individuos. Non admite, por iso, que estea xustificado o sacrificio duns en favor doutros. 

O Estado Mínimo


o papel do Estado debe limitarse a facer respectar os Dereitos dos individuos
 O único Estado lexítimo é, pois, o Estado mínimo. Nozick non admite Contrato social algún
Os poderes do Estado son os que os individuos Delegaron de modo explícito para protexer os seus dereitos, resolver os seus Conflitos e facer respectar os pactos entre particulares. 
O Estado mínimo é, segundo Nozick, o Estado máis extenso que se pode Xustificar. Calquera intento de impoñer unha xustiza distributiva implicaría Unha violación da moral individual. 

Conclusións finais


A tese central de Nozick é a prioridade absoluta e incondicional da liberdade De iniciativa persoal. Pero o verdadeiro núcleo desta liberdade de iniciativa é o Dereito ilimitado de propiedade. Pero este dereito tan ilimitado de propiedade é Insustentable. O mesmo Locke, en quen se inspira Nozick, esixe que para que Unha apropiación sexa xusta déixese suficiente para os demais. Un dereito Ilimitado de propiedade acaba por restrinxir a liberdade dos demais: un mínimo De propiedade é condición necesaria para a liberdade, e a propiedade sen Límites é un ataque frontal contra a liberdade dos demais. 

J. Habermas: A Teoría da acción comunicativa



Para superar a insuficiencia do paradigma moderno da conciencia individual, Habermas dá un xiro cara ao paradigma da linguaxe como medio básico de Comunicación. Na nosa capacidade de comunicarnos hai unhas estruturas Básicas, un núcleo universal de regras fundamentais que todos dominamos e Aceptamos ao chegar a falar unha lingua
O falante e o oínte Aceptan, como implícitas en todo acto de fala, unha serie de pretensións de Validez. Estas pretensións que aceptamos implicitamente cando nos Comunicamos cos outros as denomina Habermas unha "situación ideal de Fala". Colocarnos nesta situación ideal quere dicir que estamos dispostos a Conseguir un consenso cos outros mediante argumentos, e que, ademais, para Iso estamos dispostos a deixar atrás os nosos intereses particulares. Os requisitos para que se de esta situación pódense resumir en tres: - Estar libre de influxos contextuales e interes privados. - Atender aos universais, entre os cales o máis importante é a procura Da liberdade ou interese emancipatorio. - Non exercer ningunha forma de coacción. - Ten que haber unha distribución simétrica de oportunidades de Realizar actos de fala. Deste xeito establécese un proceso de formación democrática da vontade. Unha Vontade racional en cuxo seo, como na "vontade xeral" de Rousseau, Confluirán a vontade de todos e a de cada un.

Entradas relacionadas: