Organización e Xestión de Centros Educativos: Conceptos Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 9,33 KB
Definición de Conceptos
Organización e Xestión de Centros Educativos
- Estrutura organizativa: É a estrutura interna da organización escolar. Pode designarse como organización formal e abarca roles, unidades educativas ou mecanismos organizativos, entre outros.
- Infraestrutura: É a base da sociedade, neste caso da microsociedade do sistema escolar, que determina a estrutura social e o cambio social. Inflúe nas relacións que se establecen e dela depende a estrutura xeral.
- Relacións formais: Dise das relacións propias dun sistema técnico cuxo fin é minimizar esforzos e maximizar os resultados.
- Relacións informais: Dise das relacións propias dos sistemas sociais cuxo fin é o bo axuste entre as organizacións e as persoas para garantir a satisfacción dos mesmos.
- Micropolítica: A faceta micropolítica desenvólvese, xeralmente, no plano do informal e con frecuencia implícito. A través dela ponse en xogo diferentes intereses e capacidade de poder e influencia nos acontecementos organizativos. A presenza de conflitos, pactos máis ou menos explícitos, dinámicas de control, negociacións, loitas, utilización de estratexias por parte de individuos ou grupos no centro escolar para lograr que os seus intereses pasen a formar parte da vida organizativa, son algunhas das manifestacións da vida micropolítica dos centros escolares.
- Clima relacional: Aquele que se deriva das relacións entre individuos e grupos que pode ser formal (estruturado e propio do traballo), informal (como a amizade), micropolítico (grupos unidos segundo os intereses) ou profesional (para abordar cuestións profesionais) que inflúen no clima da organización das aulas e dos centros.
- Contorno mediato: É o contexto que inflúe na vida e funcionamento das organizacións. Distinguimos diversos factores como: organización, cuestións económicas ou cultura de carácter xeral.
- Contorno inmediato: Todas aquelas entidades que poden tomar decisións que afectan ao contorno máis próximo á organización, como é o caso das asociacións.
- Xerarquización: É a orde entre os elementos que conforman a organización escolar en orde ascendente ou descendente e que os clasifica normalmente segundo o seu poder, pero tamén pode establecerse segundo o poder, a clase, a categoría ou a autoridade.
- Balcanización: Dise da actuación individualista (celularismo).
- Celularismo: O celuralismo referido á actuación docente define as relacións illadas dos mestres que se limitan a centrarse en cuestións burocráticas e anecdóticas sobre o currículo e o ensino.
- Rutinización: Defínese como unha actuación levada a cabo unicamente seguindo rutinas establecidas no pasado sen preguntarse pola súa adecuación e utilidade actual.
- Desarticulación: Dise da coordinación de contidos, metodoloxías e avaliación entre o profesorado que presenta un carácter feble e deficiente.
- Burocratización: Dícese da esixencia de elaboración de documentos educativos como resposta ás demandas ou internos sen preguntarse polo sentido da elaboración dos mesmos.
- Centralización: Coñécese así a falta de autonomía dos centros para adoptar o prescrito ao contexto particular do centro.
- Descentralización: Pode entenderse como o proceso ou a forma de funcionamento das organizacións escolares. Supón a transferencia de poder desde un goberno central cara a autoridades que non están xerarquicamente subordinadas.
- Cultura escolar: Coñécense así os valores, normas e demais elementos que definen a cultura e que configuran a cultura e coñecemento que se transmite nunha determinada institución escolar e que veñen condicionados por diversos factores como as ideoloxías dominantes ou os grupos de interese.
- Cultura organizativa: Coñécese como cultura organizativa a todos os factores que inflúen e condicionan o funcionamento da organización escolar. Esta cultura organizativa vén definida por factores como o contorno mediato e inmediato ou a xerarquización da organización.
- Consenso: Denomínase consenso a un acordo entre dúas ou máis persoas en torno a un tema. A falta do mesmo denomínase disenso. Unha decisión por consenso non implica un consentimento activo de cada membro senón a aceptación dos termos.
- Ambigüidade: Este termo dáse cando un feito ou acordo é susceptible de dous ou máis significados ou interpretacións.
- Intereses: É un tema ou obxectivo arredor do cal se establecen os grupos de interese que se centran nun obxectivo ou tema determinado que pretenden lograr (fin ou meta).
- Poder: É a capacidade de influír nas condutas de cambios ou cursos dos acontecementos, de vencer resistencias. Diferénciase da autoridade (recoñecemento lexitimado: aquela capacidade que ten unha persoa de influír porque a norma llo outorga; ou baseado no coñecemento e capacidade para actuar). O poder pode ser: lexitimado (de cargo ou rol), de experto (coñecemento), carismático (características persoais), compensador/premiador (con posibilidade de compensar) e coercitivo (con posibilidade de castigar). É mellor realizar cambios a través da autoridade e do poder que son máis razoábeis.
- Conflito: É unha situación na que dous ou máis individuos con intereses contrapostos entran en confrontación, oposición ou emprenden accións antagonistas co obxectivo de neutralizar o seu rival.
- Negociación: É un esforzo de interacción que se realiza para que dúas ou máis partes interesadas acorden liñas de conduta, actuación e procuren obter resultados que sirvan para os seus intereses mutuos. Considérase como unha forma de resolución alternativa a conflitos.
- Participación: É a acción dos cidadáns e todas as persoas destinada a influír no proceso de toma de decisións e no establecemento de normas.
- Autonomía: A autonomía é un concepto que explica a capacidade para se dar normas a un mesmo sen influencia de presións externas ou internas.
- Universalización da educación: Significa a oportunidade de crear facilidades para que todos os individuos estuden sen limitacións durante toda a vida, co que se propicia o disfrute persoal e a utilización culta do tempo libre.
- Equidade: Este termo fai referencia á igualdade. Utilízase para dar nocións de xustiza e igualdade social, de participación e de valoración das persoas.
- Proxecto educativo: É un documento que hai que redactar e que debe promover a argumentación, o diálogo, o entusiasmo, o compromiso e tratar de chegar ao consenso cando é necesario. Remite á idea de escola como unidade funcional de planificación, intervención, avaliación e cambio que require, entre outras cousas, un cadro persoal cohesionado ou un alto grao de coordinación.
- Proxecto lector: É un documento que ten por obxectivo principal animar e orientar aos centros nos procesos de ensinanza e aprendizaxe para que promovan o desenvolvemento e mellora da competencia lectora e o fomento do hábito lector e así mellorar as expectativas de éxito educativo do alumnado.
- Regulamento de réxime interno: Conxunto de regras, normas e procedementos que posibilita que a estrutura organizativa funcione e que determina como se realizarán as funcións das diferentes unidades organizativas e, por tanto, este regulamento será a concreción da normativa vixente adaptada a unha filosofía organizativa e valores que o centro quere desenvolver e que determinarán o estilo do funcionamento.
- Proxecto curricular de centro: É un conxunto de actuacións articuladas entre si e que son compartidas polo equipo docente dun centro educativo, mediante o cal se concretan e desenvolven as intencións e prescricións xerais contidas nos decretos de ensinanza para as diversas etapas educativas. Constitúe o instrumento que fai explícito o proxecto educativo dun centro docente nunha realidade concreta, dándolle coherencia e continuidade. O PCC debe ser o instrumento pedagóxico-didáctico que permita alcanzar as finalidades educativas do centro e debe ser coherente cos principios e plantexamentos contidos nel. Trátase pois de concretar que se ha de ensinar, como, cando e por que.
- Plan/programación xeral anual: É un instrumento de planificación a curto prazo dos centros educativos que ten como finalidades concretar e desenvolver para un ano os documentos de regulación a longo prazo, establecer un plan de seguimento e avaliación dos PEC e PCE e recoller as decisións de carácter anual que afecten á xestión dos centros. Ten como función garantir a actuación coordinada das estruturas organizativas e dos equipos de coordinación docente. Permite introducir medidas na organización e funcionamento dos centros e procesos de ensinanza coa finalidade de mellorar os resultados educativos.