O nacemento da nosa literarura

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 15,47 KB

 
ROSALIA DE CASTRO(a plenitude da poesía)CANTARES GALEGOS(1863): a publicación de "Cantares galegos" supón o inicio do Rexurdimento pleno,unh século despois, a data do 17 de maio dese ano, que figura na dedicatoria do libro será a elixida para conmemorar o "Día das letras Galegas" en recoñecemento ao gran valor simbólica desta obra.INTENCIÓN E COMPOSICIÓN: Rosalía compón o libro en forma de glosas de cantares ou ditos populares poñendo "o maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo", mediante unha poesía sinxela,popular, en simbiose coa cosmovisión dos labregos, q constituían a inmensa maioría da poboación de Galicia do século 19.Rosalía consegue expresar de forma auténtica e coherente a voz colectiva do país, creando unha especie de epopea popular.Pero a actitude q ateiga o libro é a reivindicativa.ESTRUCTURA E VOCES:o libro está constituído por 36 poemas, presenta unha estructura enmarcante,e comeza cunha composición na que toma a voz unha moza a q invitan a cantar e remata coa mesma voz da "meniña" q se escusa pola súa falta de habilidade para cantar as belezas da nosa terra.En ocasións cédelles a súa voz a distintos tipos populares ou mesmo permite q en 2 poemas fala a propia Rosalía,empregando un eu lírico q se pode interpretar como a pretensión da autora por aparecer como un personaxe máis,afirmando deste xeito a pertenza á comunidade rural expresada no libro.OS TEMAS:en cantares galegos atopamos catro núcleos temáticos fundamentais:-temática costumista:nun nº elevado de composicións predomina a descripción e a narración para presentar crenzas,romarías, devocións,personaxes...da cultura popular galega que Rosalía defendía fronte aos estereotipos colonizadores.-temática amorosa:as coitas amorosas funcionan como eixe semánticodunha serie de poemas.Poden aparecer en forma de diálogo coma de monólogo,en boca de muller ou de home.-Temática intimista:fala directamente,mediante un eu lírico,para expresar as súas vivencias e recordos persoais,motivos que prevalecerán posteriormente en "Follas Novas".Son fundamentalmente 2 os poemas q seguen esta liña :os q glosan os cantares "Campanas de Bastabales" e "Como chove miudiño".-Temática socio-patriótica:serie de composicións nas cales a emigración,o abandono a q Galicia está condenada e a explotación e aldraxes dos galegos en terra allea son os motivos aos q recorre para criticar a situación dun pobo galego asoballado e reivindicar uns valores universais de xustiza social.A este grupo corresponden as glosas dos cantares"adiós,ríos,adiós fontes","airios,airiños,aires","castellana de Castilla","castellanos de Castilla" e "A gaita galega".FOLLAS NOVAS(1880):Rosalía xa comezara a escribir este libro a finais da década de 1860,época durante a cal residiu en Simancas.ESTRUTURA E NÚCLEOS TEMÁTICOS:os núcleos temáticosbásicos en Follas Novas son: -Por unha banda diferénciase un tipo de poesía subxectivo,q corresponde aos dous primeiros apartados en q se estructura o libro("Vaguidades" e "Do íntimo") (trátase dunha reflexión indutiva).-Por outra banda hai unha poesía obxectiva,colectiva,correspondente aso apartados 4 ("Da terra) e 5 ("As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos") q insiste no aspecto reivindicativo do popular e do home galego, e onde se tratan temas q xa aparecen en Cantares galegos, como a emigración e a inxustiza social.*O apartado 3 ("Varia") participa do obxectivo e do subxectivo mostrando o complexo crácter q ofrece a realidade en toda a súa extensión para servir de ponte entre a subxectividade de "Do íntimo" e a obxectividade de "Da terra".A CONCEPCIÓN DA VIDA EN FOLLAS NOVAS:En Follas novas,Rosalía ofrécenos unha visión desolada do mundo e da vida.O sentimento predominante é o da saudade.Co termo soidade refírese ao sentimento derivado da privación dalgún ben concreto.Pero, profundando no eu,descobre a saudade ontolóxica,sentimento misterioso e inefable de soidade sen relación con algo concreto ,q ten q ver coa radical orfandade do ser humano.Toda esta visión desolada da vida intensíficase coa angustia existencial derivada da omnipresencia sunha pantasma q atenaza a súa vida e q se manifesta de forma especial no símbolo escuro,vago e polisémico da "negra sombra".A PROSA DE ROSALÍA:a obra en prosa galega de Rosalía redúcese a tres textos:o Conto galego,, e os prólogos de Cantares e Follas novas.-O conto galego apareceu en 1864.Ata o descubrimento desta edición só se coñecia outra de 1923, polo q se consideraba unha obra de edición póstuma.O trazo característico é a economía narrativa:a trama descansa fundamentalmente no diálogo dos personaxes, e a voz narradora limita as súas intervencións ao imprescindible.-Os dous prólogos son inestimables mostras de prosa galega, neles pódense advertir as razóns ideolóxicas,os principios estéticos e as motivacións q a levaron a escribir en galego.A LINGUA:Na lingua rosaliana son usuaisalgúns vulgarismos,hiperxebrismos, e castelanismos.son frecuentes tamén as vacilacións léxicas e morfolóxicas.No nivel fonético,o máis salientable é o emprego do seseo, propio da zona dialectal da autora.SIGNIFICADO DA OBRA DE ROSALÍA:a publicación de cantares galegos en 1863 marca un punto de inflexión na historia da lingua galega en xeral e da literatura en particular.Nese momento é o <> das nosas letras.Rosalía,prestixa o galego como lingua literaria e reivindica o seu uso.A obra acad un evidente caracter sociopolítico.Procura,a defensa e redescuberta da nosa propia cultura e identidade,aldraxadas e case anuladas pola ideoloxía centralista estatal.O éxito do libro débese á extraordinaria comuñón de Rosalía coas xentes do seu país .Ata tal punto se produciu esa identificación q moitos poemas e estrofas foron asumidos polo pobo como versos comunitarios.En follas novas creou un universo novo no q o puro lirismo intimista acada a máis alta realización artística,máis alá das vivencias estéticas,nunha continua e angustiada pregunta sobre o sentido da existencia humana.Trátase dunha poesía q revela a conflitividade dun mundo no cal non parecen existir valores eternos e verdades absolutas,e onde o ser humano esta radicalmente só.Esta cosmovisión pesimista e angustiada trasloce a crise de valores da sociedade capitalista fronte á seguridade da sociedade patriarcal.A visión da existencia amosa un mundo onde a agresividade,insolidariedade e moral egocéntrica conducen á frustración individual e colectiva.



EDUARDO PONDAL.O MUNDO POÉTICO DE PONDAL:é preciso dividir a súa producción en dúas vertentes temáticas:-por un lado,anto á poesía de carácter político destacan o celtismo,o helenismo,e o bardismo. -Polo outro, no q antixe á poesía lírica,podemos salientar a presenza de dous elementos recorrentes:a paisaxe e a muller.POESÍA CÍVICA.O CELTISMO:na busca dese pasado q xustificase o espírito galeguista,Pondal cantará ós nosos devanceiros creando un mundo mitolóxicos poboado de hipotéticosheroes celtas.O único heroe documentado co q contaba Pondal era Breogán.O HELENISMO:hai frecuentes referencias a valores guerreiros gregos,e mesmo alusións a poetas heroicos da Grecia clásica.Han ter unha virilidade rexa e forte,q o poeta lles imbúe a partir do seu código de valores,da súa ética fundamentalmente dórica,espartana.Deste modo,os heroes celtas de Pondal avanzan polo camiño do heroísmo clásico.O BARDISMO:a idea de si mesmo q ten Pondal é a de vate q instrúe e dirixe o seu pobo,ao xeito dos bardos celtas.Pondal soña con ser o liberador dun pobo escravizado.O poeta crea unha orixe mítica celta para lle devolver ao pobo galego a conciencia da propia identidade e mobilizar nel a forza colectiva creadora da historia,fuxindo dunha historia q lle foi impost e q o aliena.POESÍA LÍRICA:xunto con esta poesía cívicapatriótica,tamén cultiva unha poesía desvencellada da ideoloxía política,unha poesía lírica na cal observamos unha dobre presenza:a natureza e a muller. A NATUREZA:A paisaxe pondaliana está representada por unha natureza áspera e esquiva q poderiamos situar na terra de Bergantiños .O home é un personaxe libre.Esta égloga pondaliana está plenamente sentida polo poeta.Son estampas rexas,fortes,de acordo coa súa ética,q case sempre serven de enfeite ao seu canto moral.A MULLER:a concepción da muller q ten Pondal manifestase de dous xeitos contrapostos:-Idealización e culto a muller:composicións nas cales o amor é tenrura,os sentimentos son puramente platónicos e a postura do poeta é a dun cabaleiro galante.-muller considerada como simple obxeto sexual:poética naturalista,evidentemente popular.O temperamento e a paixón exprésanse sen ningún tipo de preocupación moral.POÉTICA E ESTILO DE PONDAL:o bardo é unsimple receptor e emisor da mensaxe do cosmos,o universo é linguaxe e o poeta un simple descifrador.Os elementos q traducen a voz do cosmos son aéreos,terrestres ou arbóreos.As arbores aparecen ligadas ás revelacións hitórico-proféticas e tamén ás manifestacións intimistas e amorosas.Supoñen un eixe simbólico q pon en conexión o mundo terrestre co mundo aéreo,celeste,e tamén constitúen unha ponte entre o pasado e o futuro.Os recursos estilísticos están en función da súa concepción da poesía e da súa moral sobria e viril.Usa as oracións aseverativas,reflexo do seu mundo de afirmacións,ateigado de certezas; e desbota o emprego de diminutivos por non cadrar o seu matiz afectivo co espírito enérxico e nobre do bardo.Procedementos como o símil ou a lítote,revela a pegada da literatura clásica.Da épica toma o recurso de substituír sempre o substantivo por un mesmo epíteto con capacidade de referencia.En canto á adxetivación ,establécese unha frecuente oposición doce/férreo.O doce aparece representado cmo brando,mórbido,feminino,e leva á escravitude.O férreo,duro,forte,son elementos virís,conducentes á liberdade e q configuran un espírito nobre:a única morte digna é morrer loitando.Os recursos estilísticos máis propio da poesía pondaliana son o hipérbato,a lítote e o símil.A LINGUA:Pondal utiliza a lingua de Bergantiños,pero eleva literariamente mediante os moitos cultismos q nela introduce.Os trazos morfolóxicos máis de destacar serán:o predominio do dintongo ui, a terminación da 3ª persoa do singulardo pretérito perfecto dos verbos da 2ª e 3ª conxugación en -ío;o remate da 3ª persoa do plural dese mesmo tempo en -no, e a forma constante pondaliana de miñán por mañá.Selecciona o seu léxico evitando os vulgarismos e introducindo abundantes cultismos(os máis de procedencia grega).Na escolla do vocabulario,atende principalmente á sonoridade,á eufonía.Para dar idea de rotundidade e xentileza emprega os solenes esdrúxulos;cando quere mostrar claridade e resolución acode aos oxítonos en -al.SIGNIFICADO DE PONDAL:Pondal perseguía coa súa obra dous obxectivos q van intimamente unidos:-no aspecto lingüístico tenta converter o galego nun idioma literario moi traballado e culto.-no aspecto literario pretende crear unha literatura verdadeira.a súa poesía popularizante é unha realización erudita sobre temas populares.Pondal tomará un camiño intelectual,contraposto á comuñón entre a literartura galega e o pobo,característica do século 19.

CURROS ENRRÍQUEZ:ASPECTOS DA POESÍA DE CURROS
:Curos concibe a poesía como un instrumento,unha ferramenta através da q se poden defender os dereitos do pobo e q serve ao mesmo tempo para concienciar ás propias xentes de q están sendo víctimas de inxustizas sociais.Cría q a ignorancia e o atraso eran a principal causa da opresión e confiaba nun futuro de liberdade e democracia q había chegar da man do progreso técnico e da cultura.Na súa poesía aparece reflictida tanto a denuncia de problemas xenéricos,universais como problemas q atinxen exclusivamente á sociedade galega.A TEMÁTICA COSTUMISTA:Na súa poesía non é moi frecuente o costumismo.As composicións máis representativas deste tipo de poesía son:"unha boda en Enibó","A VIrxe do Cristal" e "O gueiteiro".A temática estaba condicionada polas circunstancias en q foron escritas:nas propias bases do certame de Ourense de 1877 aclarábase q serían premiados os poemas q mellor tratasen "un costume","unha lenda tradicional" e "un tipo popular"Segue o modelo proposto por Rosalía en "Cantares galegos", e non só se limita ao enxalcemento do elemento folclórico,senón q deixa tamén enxergar o seu compromiso cívico.A referencia a un motivo folclórico é accidental,e serve para introducir un ambiente q ogo é tratado desde unha perspectiva diferente.Cobra máis relevancia o problema social ca o motivo tradicional de q se parte. A TEMÁTICA LÍRICO-INTIMISTA:este tema limítase en Curros fundamentalmente a unha serie de composicións de carácter familiar.O ANTICLERICALISMO:é o tema máis característico da obra poética de Curros e tamén o máis escandaloso para os seus contemporáneos.Era un trazo común do progresismo do 19 q está presente noutros poetas galegos da época e mesmo no cancioneiro popular.Nos poemas de Curros,preséntase esta actitude anticlerial debido á súa postura ideolóxica.A Igrexa,conservaba a doutrina social q viña mantendo desde a Idade Media e pechábase ao progreso q Curros defendía como propicio para a liberdade.No caso de Galicia,esta institución relixiosa era unha privilexiada beneficiaria do sistema foral,e mantiña unha actitude contraria a todo tipo de reforma q minguase os seus beneficios e o seu poder,coa opresión q isto supoñía para os labregos."O divino Sainete" é unha parodia de "A divina comedia".Curros Enrríquez sérvese desta romaría para poñer de relevo as condicións da vida galega do seu tempo,facer a crítica de institucións e ridiculizar os seus inimigos persoais e literarios.Utiliza con gran mestría a caracterización caricaturesca dos personaxes e a forza expresiva da linguaxe.E todo salferido cun humor sarcástico e acedo ,de indubidable raigaña galega aínda q tamén froitodas suas fortes conviccións.ESTILO E LINGUA:Os recursos estilísticos máis empregados por Curros son:as anáforas e os paralelismos,figuras de repetición de raíz popular coas q consegue unha maior comunicabilidade.No nivel semántico a ironía, o apóstrofe e máis a imazxe deformante e caricaturesca aumentan a eficacia da súa intención satírica.Estilo sinxelo co q pretende q a mensaxe poética sexa entendida por todos.Adxectivación esperable para os substantivos q se cualificasn.Curros vai construír o seu galego sobre a lingua oral ,neste caso de Celanova.De alí a riqueza léxice o enxebre da sua sintaxe e dos xiros populares,q constitúen unha característica fundamental da súa obra.Os trazos máis salientables son a transformación do e copulativo en i diante de vogal:a presenza dfe seseo ao final da palabra mosnosilábica,plurais do tipo corazós,e terminación-au para as palabras procedentes de -anum.Un galego enxebre,enteiramente popular no q a dicción expresiva e a busca de máxima pureza se alían dándolle unha forza q constitúe un factor decisivo na aceptación popular do poeta.

Entradas relacionadas: