Nova narrativa galega xose Luis mendez ferrin percival e outras historias

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,67 KB

NNG:


Conxunto de obras editadas entre finais dos 50 e principios dos 70, inauguran un novo xeito de narrar. Recreación do conto da tradición oral e popular. Pode distinguirse catro etapas; a de aparición, a de consolidación, a de predominio da técnica obxectualista e o de liquidación. Caracterizase:-Fuxida da localización dos espazos, fusión desacougante e inquietante da realidade e fantasía.-Contestación da idea de argumento e negación da acción, conflitos filosóficos e simbólicos.-Pluralidade de voces narrativas, abundante monólogo.-Tema do absurdo existencial, personaxes antiheroicos e problemáticos.-Tema da violencia, agresividade e da tensión, ideas abusivas.-Intertextualidade.

Autores:


Camilo González Suárez-Llanos



alias Camilo Gonsar. Escribe sobre a emigración dende un punto de vista complexo “Lonxe de nós e dentro”, “Como calquer outro días”, “Desfeita”. Caracterizase pola reflexión sobre a identidade, o recurso a ambientes contemporáneos, etc.

-Xosé Luís Méndez Ferrín

Gusto pola violencia, a morte, abundan as comparación cos insectos.

“Percival e outras historias”,

14 contos de misterio que desemboca en terror. “O crepúsculo e as formigas”, libro de relatos naturalistas, temas como a violencia, ambiente urbano con personaxes marxistas.
“Retorno a Tagen Ata”, obra de política-ficción.-

Gonzalo Rodriguez Mourullo:

publica pouco en galego. A súa obra máis importante é “Memorias de Tains”, 8 relatos en forma de carta, con emisores e destinatarios diferentes.-

María Xosé Queizán:


“A orella no buraco”, esta novela está formada por tres capítulos, centrase na biografía dun emigrante fracasado que regresa a Galiza e morre.

-Xohana Torres:


“Adiós, María”, técnica innovadora, problemática da integración dunha familia rural no mundo urbano de Vigo. A novela presenta dous planos: o mundo interior da protagonista e o mundo exterior que a rodea

.-Carlos Casares:


“Cambio de tres” e “Vento ferido”

TEATRO POSGUERRA:


Teatro da Xeración dos 50:

teatro rexionalista, renovador e existencialista, teatro para leer ou inédito.

-Manuel María:

é un autor dunha copiosa obra teatral composta por textos infantís, autos, farsas e dramas épicos. “Auto doTaberneiro"Auto do labrego”, “Auto do mariñero”.
Entende o teatro como instrumento de educación e concienciación. Crea un teatro popular, pasado histórico con temas polémicos “Barriga verde”

-Franco Grande:

“Veiro choído”, diálogos metafísicos e personaxes simbólicos.

-Xohana Torres:

fala de política, “Un hotel de primeira sobre o rio”, “A outra bando do Iberr”

-Bernandino Graña:

visión crítica sobre o poder do diñeiro e sobre a vida alienada do ser humano no mundo moderno, teatro popular con gran importancia das elemento escénicos. “Vinte mil pesos crime”, “Os burros que comen ouro”

-Daniel Cortezón:

“Prisciliano”, “Os irmandiños”, céntrase na historia de Galiza.

Teatro independente e a Mostra de Ribadavia:

Aparecen os primeiros grupos nos anos 60, convértese nun fenómeno de vitalidade. O obxectivo é: -Rescatar o teatro das salas convencionais e comerciais, para achegalo ao pobo.-Romper co concepto de compañía estábel.-Encontrar novos métodos para a creación e representación teatrais.-Crear unha rede teatral no país que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida.

XERACIÓN ABRENTE:

está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia. Exploran novas estéticas, serves como guías para xeracións posteriores.-

Francisco Taxes Prego:

autor de “O velorio”

-Euloxio Rodríguez Ruibal:

é un dos dramaturgos galegos máis prestixiosos e renovadores..
“A sombra do bon cabaleiro”. Edita varios volumes “Teatro infantil”, trata con ironía as clases dirixentes da nova orde política autonómica. “Laberinto da memoria”-

Roberto Vidal Balaño:

innovador “Laudamuco, señor de ningures”, obra que desvela os mecanismos psicolóxicos que explican a submisión ao poder.
“Memoria de mortos e ausentes”, reconstrúe a historia comunal chea de inxustizas. “Bailadela da morte ditosa”, a morte como camiño a liberdade

-Manuel Lourenzo Lourenzo:

a súa obra dramática orixinal esta composta por 150 títulos que se agrupan en varios ciclos: ciclo mítico, das mulleres apaxionadas, mitolóxico galego, de teatro por dentro, experimental, das corruptelas sociais.

Entradas relacionadas: