A Nova Narrativa Galega e a Planificación Lingüística: Unha Visión Completa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,13 KB

A Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Contexto

A Nova Narrativa Galega foi un movemento renovador da narrativa que se produciu entre 1954 e 1970. Caracterizouse por:

  • Estar protagonizado por autores novos e con formación universitaria.
  • Rachar coas formas tradicionais de narrar e optar por múltiples formas narrativas.
  • Renunciar á linearidade temporal e á localización espacial concreta.
  • Empregar espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
  • Rexeitar argumentos convencionais e lóxicos.
  • Concibir o ser humano como un obxecto máis, moi degradado.
  • Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.
  • Renegar o enxebrismo.
  • Recibir influencias de fóra.

Principais Autores da Nova Narrativa Galega

Os principais autores deste movemento son:

  • Gonzalo Rodríguez (Memorias de Tains)
  • Xosé Luís Méndez Ferrín (Arrabaldo do Norte)
  • Xohán Casal (O Camiño de Abaixo)
  • María Xosé Queizán (A Orella no Buraco)
  • Camilo Gonsar (Como Calquera Outro Día)
  • Xohana Torres (Adeus, María)
  • Carlos Casares (Cambio en Tres)

Factores que Condicionaron o Desenvolvemento da Narrativa Galega

Diversos factores influíron no desenvolvemento da narrativa galega:

  • Coincidencia de varias xeracións de autores: os que xa publicaran na época Nós, os membros da Nova Narrativa Galega e os da Xeración dos 80.
  • Introdución na narrativa de autores que comezaron na literatura no xénero poético.
  • A creación de novas editoriais, que se centraron na publicación de obras narrativas.
  • A proliferación de premios para a narrativa.
  • Aumento de lectores.
  • O crecemento de traducións de obras á nosa lingua.
  • Creación de medios para a crítica, a recepción e a publicidade das obras.

Factores Xerais do Contexto Literario

Ademais dos específicos, houbo factores xerais que impulsaron o panorama literario:

  • Aumento de editoriais e maior produción nas que xa existían.
  • Ofertas nas editoriais.
  • Uso de medios como internet e as redes sociais para manter a altura e para comezar no mundo literario.
  • Morte de Franco, novo marco legal, o ensino.

Procesos de Normalización e Normativización Lingüística

Son dous procesos estreitamente relacionados que se inclúen no concepto máis xenérico de planificación lingüística. Cando poñemos en marcha a normalización dunha lingua marxinada, pretendemos que esta pase a desempeñar funcións de prestixio que lle foran prohibidas até o momento.

A Variedade Estándar dunha Lingua

A elaboración dunha variedade estándar forma parte do proceso de normativización. Na selección do estándar pódense seguir dúas opcións:

  1. Escoller unha variedade dialectal concreta, no seu rexistro formal, e outorgarlle o status de estándar.
  2. Elaborar a variedade estándar a partir de trazos das diferentes variedades dialectais.

Entradas relacionadas: