Nova narrativa galega
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en español con un tamaño de 19,38 KB
1.- CARACTERÍSTICAS FORMAIS E TEMÁTICAS.
QUE É A NOVA NARRATIVA GALEGA?
É un conxunto de obras editadas entre fins dos 50 e comezos dos 70 (ou 1980) que inauguran un novo xeito de narrar encontraposición ás fórmulas tradicionais da Xeración Nós, ó contotradicional e popular (Ánxel Fole), á narración fantasiosa e evasiva(Álvaro Cunqueiro), á novela realista (Blanco Amor), ou a Neira Vilas.
INFLUENCIAS:
Asimilación de técnicas, temas e procesos renovadores utilizados na narrativa do XX.
· Monólogo interior de James Joyce.
· Mundo sen fronteira clara entre o real e o soñado, A metamorfose de Kafka.
· Técnicas da linguaxe cinematográfica, Manhattan Transfer de Jonh Dos Passos.
· Influencias do noveau roman francés.
CARACTERÍSTICAS:
a) RENOVACIÓN TEMÁTICA:
· Reflicten nas súas obras a sociedade alienante e insegura da ditadura franquista.
· Transmiten unha visión desacougante da realidade, mediante o subconsciente, e recreando lendas e mitos.
· Testemuñan problemáticas sociais.
· Predominio de espazos urbanos e da perspectiva psicolóxica (lugares claustrofóbicos, sórdidos,..) Apelación a mundosabsurdos, irracionais,...
· Esixencia dun lector activo (pouco éxito comercial)
· Contidos filosóficos e simbólicos (influencia da psicoanálise, do existencialismo, do marxismo), plasman angurias, frustración da sociedade contemporánea.
b) RENOVACIÓN TÉCNICA:
· Punto de vista: desaparece o narrador tradicional, contan a historia os personaxes. O narrador non é omnisciente, conta o que observa, escóndese detrás dos personaxes ou convértese nun (autobiográfico, usa a 1ª persoa, fala para si mesmo das súas vivencias, nun ir e vir de lembranzas)
· Enfoque múltiple: os personaxes dan outras perspectivas da realidade que o narrador non invade.
· Tempo: non lineal (prolepses e analepses) , é subxectivo. Dáse entrada á cronoloxía vital en que todos os planos temporais están fundidos.
· Espazo: impreciso, atafegante.
· Influencias do cine, a pintura e o cómic.
· Protagonistas: antiheroes, insignificantes, conflitivos, desarraigados, traumatizados por circunstancias que non se
explican ó lector. Obxectualizados, cousificados (desprovistos de humanidade e sentimentos)
· Monólogo interior: presentan os contidos psíquicos tal como flúen na conciencia do individuo, sen que sexan pronunciados e sen unha orde lóxica.
· Redúcese o tempo que vai ser narrado (horas).
RESUMO DE TRAZOS DAS NOVELAS DA NNG:
· Fúxida da localización concreta dos espazos (preferencia ambientes urbanos), redución temporal, non argumento e
negación da acción.
· Pluralidade de voces narrativas. Focalización obxectualista. Uso de monólogo interior.
· Creación de mundos literarios artificiais e enigmáticos, e fusión de realidade e fantasía.
· Tema do absurdo existencial (angustia no lector). Personaxes problemáticas.
· Presenza reiterada da violencia, a agresividade e a tensión nas relacións humanas. Sexo e morte son ideas obsesivas.
· Intertextualidade: referencias literarias e culturais, textos e fragmentos doutros autores, repetición de temas e motivos,..
2.- ETAPAS.
Dificultades para marcar as fronteiras cronolóxicas e delimitar o catálogo de autores e obras:
- Data fundacional (1956), Memorias de Tains de Gonzalo Rodríguez Mourullo, aínda que a súa obra anterior xa apuntaba trazos da NNGNasce unha árbore (1954).
- Data límite: 1969, Cambio en tres de Carlos Casares 1972, Adios, María de Xohana Torres
1980, Cara a Times Square de Camilo Gonsar Para algús estudosos distínguense catro instantes:
a) APARICIÓN, representado por Memorias de Tains de G. Rodríguez Mourullo (oito relatos en forma de carta, que
representan fragmentos dunha cidade, Tains, arruinada e destruída); e Percival e outras historias de Méndez Ferrín (contos caracterizados polo clima de misterio que chega a desembocar en terror, polo emprego de topónimos e antropónimos de resonancias nórdicas e orientais, pola mistura de elementos míticos e cotiás...)
b) CONSOLIDACIÓN, con O crepúsculo e as formigas de Méndez Ferrín (libro de relatos de ambientación urbana, poboado porpersonaxes marxinais; trata temas como a violencia, a morte, omedo,... cun realismo cru); e Lonxe de nós e dentro de Suárez- Llanos (cinco relatos).
c) PREDOMINIO DA TÉCNICA OBXECTUALISTA, tomada do nouveau román francés. Representado nas obras: Como calqueroutro día de Suárez-Llanos, Arrabaldo do norte, de Ferrín (primeira novela; un personaxe anónimo á procura dun obxectivo impreciso nunha cidade innominada; descricións demoradas da xeografía urbana desolada e despoboada); e A orella no buraco de Mª Xosé Queizán (céntrase na biografía dun emigrante fracasado que regresa a Galiza e finalmente morre). Outras obras que se poden incluír con matices son: de Casares,Vento ferido (relatos de
protagonista adolescente, uso do monólogo interior e mestura de planos temporais) e Cambio en tres (novela; o narrador repasa a vida dun amigo morto, obreiro e emigrante en Francia); A torre deBabel de Lois Diéguez, e As ponlas baixas de Vicente VázquezDiéguez (céntrase na peripecia dun grupo de mozos galegos emigrados a Madrid).
d) MOMENTO DE PECHE, está representado por Adiós, María de Xohana Torres (novela que aborda desde a perspectiva dunha adolescente, filla de pais emigrados a problemática da integración dunha familia do mundo rural no mundo da cidade –Vigo- , na Galiza dos 60; técnica innovadora, uso do monólogo interior e tempo subxectivo); Retorno a Tagen Ata de Méndez Ferrín (obra alegórica de política-ficción onde se explica a aparición do nacionalismo revolucionario galego dos 70 e a súa ruptura co culturalismo piñeirista); e Seis personaxes e un fado de XavierAlcalá.
Outros falan de tres períodos:
a) FASE DE FORMACIÓN: predominio da temática existencialista, influxo de Kafka e afán experimentalista.
b) FASE DE AUXE: prioridade á experimentación formal e influencia obxectualista.
c) FASE DE LIQUIDACIÓN: abandono paulatino do afán experimentalista, e entrada nas novelas da preocupación política en forma de alegoría. Algúns estudosos non inclúen a Carlos Casares e Lois Diéguez na NNG (“Xeración dos 50”) porque a súa etapa de madurez creativa está nos 70 e 80 baixo outros influxos estéticos.
3. Nómina de autores e obras:
· Xohán Casal
· Gonzalo Rodríguez Mourullo
· Camilo González Suárez-Llanos (Camilo Gonsar)
· María Xosé Queizán
· Vicente Vázquez Diéguez
· Xohana Torres
· Xosé Luís Méndez Ferrín
· Carlos Casares
· Xavier Alcalá
· Lois Diéguez