O mundo das ideas Platón

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,22 KB

 

1) A TEORÍA PLATÓNICA DAS IDEAS: DIFERENZA ENTRE MUNDO SENSIBLE E MUNDO INTELIXIBLE E OS GRAOS DE COÑECEMENTO

Platón retoma toda a tradición filosófica anterior e trata De resolver os principais problemas que foron xurdindo: tanto os cosmolóxicos, Coma os antropolóxicos, éticos e políticos.

Para Platón existe a verdade e existe o ben e podían ser Coñecidos. Seguindo nisto a Sócrates, el tiña a pretensión de poder definir Para cada cousa cal era a súa esencia. E en ética e política afirmaba que non Todo era válido nin relativo. Existían a verdade e o ben e podían ser coñecidos E ensinados, pero non sen esforzo. Ese esforzo por coñecer constituirá a dialéctica, o método filosófico de Platón: un método de filosofar mediante o diálogo. Trátase de chegar ó ser, ás ideas, a través das palabras. O lógos Platónico adopta a forma de “diá-lógos” E é asi como expón a súa filosofía.

Pero as súas reflexións non abarcan só a antropoloxía, a ética e a política, senón tamén a metafísica, O ámbito do ser (a ontoloxía)
. E esa Reflexión constitúe o soporte de todo o seu sistema.

Platón elabora unha teoría do ser, da realidade, que servirá De fundamento para explicar o mundo físico e o mundo humano e social.

A teoría das Ideas consiste nunha interpretación da Realidade segundo a cal existen dous ámbitos do real radicalmente separados:

O mundo sensible, Das cousas finitas, mutables, inintelixibles, Particulares, continxentes. A realidade material e física que percibimos a Través dos sentidos. Estas realidades ou cousas finitas teñen as Características que Heráclito predicaba da physis (natureza).

O mundo das Ideas ou mundo intelixible, constituído por Outro tipo de realidades, as Ideas (palabra grega que significa “forma, modelo, arquetipo” da mesma raíz que eidos, que significa “o que se ve”, “o Que se mostra”).

As Ideas non son Simples conceptos presentes na mente humana, senón auténticas realidades, que Posúen as mesmas características do Ser de Parménides: son únicas, inmutables, Inxeradas, imperecedeiras, universais, intelixibles, necesarias, transcendentes (non inmanentes), esencias e modelos das cousas sensibles, son substancias (existen Por si mesmas, independentes do pensamento).

Están ordeadas xerarquicamente: no cumio está a Idea de Ben, Debaixo as Ideas de Beleza, Xustiza, Unidade e Ser. Por debaixo as Ideas de Opostos (movemento/repouso, igualdade/desigualdade). Debaixo as Ideas Matemáticas (números e figuras xeométricas) e debaixo as Ideas de cousas Sensibles (home, cabalo, mesa). Todo o cosmos, o mundo sensible, ten como fin último a Idea de Ben (concepción teleolóxica, finalista).

As Ideas son modelos e esencias das cousas sensibles. Isto Significa que as cousas participan o Seu ser e a súa forma das Ideas, é dicir, toman delas o seu ser e a súa forma. A causa diso  as cousas sensibles imitan ás Ideas. O mundo intelixible é O modelo e arquetipo que imita o mundo sensible.

A mellor exemplificación desta teoría atopámola no fragmento Do libro VII da República, no famoso mito da caverna.

No diálogo Timeo, Que recolle a súa cosmoloxía, explica Platón como é o mundo sensible e Como se constitúe. A súa formación, á imaxe do mundo intelixible, débese a un artífice Que modela o cosmos tomando como modelo as Ideas que pode contemplar Directamente. Este artífice é o Demiurgo (palabra grega que significa “artesán”). É unha figura inspirada no Nous de Anaxágoras, unha Intelixencia ordenadora (aínda que non creadora, pois o concepto de “creación” é alleo ó mundo grego). A súa función é ordenar a materia preexistente e Caótica, a realidade sensible, tomando como modelo a orde e xerarquía do mundo Das Ideas que El contempla (tanto o Demiurgo como as Ideas son transcendentes, Están máis alá do mundo sensible).

O Demiurgo é intelixente, bo e feliz. Por iso construiu o Cosmos á imaxe das Ideas. Ademais obra cun fin: ordenar o mellor e máis belo Dos mundos posibles, a imitación das Ideas. Todo ser no cosmos tende a un fin: O Ben. Esta é pois unha explicación teleolóxica (telos: fin).

Se para os presocráticos O coñecemento das cousas pódenos mostrar o que as cousas realmente son (realistas), porque están convencidos de que a realidade está aí, Independentemente de que sexa ou non coñecida  E as cousas son tal e como se perciben; os sofistas, en cambio, afiman que só hai opinión, non hai verdades Dogmáticas (escépticos). Pero, fronte a eles, Sócrates afirma que sí é posible o coñecemento das cousas, que sí é Posible definir a esencia dunha cousa. Así se manifesta tamén Platón: é posible Coñecer a verdade, o que as cousas son. Deste modo establece unha distinción Entre coñecemento sensible e coñecemento intelixible Ou racional. O primeiro ofrécenos o mundo cambiante que nos amosan os sentidos E o segundo é capaz de captar o permanente, as esencias. O problema está en Como podemos acceder ó coñecemento do mundo intelixible e Platón propón Diferentes camiños:


A)A TRAVÉS DA DIALÉCTICA:


No libro VI da República Platón Exemplifica esta teoría a través da alegoría Ou símil da liña.
Segundo o que ali nos di, os dous mundos se Dividen en diferentes grados de ser que , á súa vez, se corresponden cuns graos de coñecemento.
É dicir, establece un paralelismo entre ontoloxía E epistemoloxía.

O mundo sensible divídese en imaxes, que poden ser aprehendidas ou Captadas coa eikasía (imaxinación, un Grao de coñecemento que consiste nunha situación de confusión perceptiva na que Tomamos a realidade pola súa imaxe) e cousas, Que son captadas a través da pistis (crenza). Platón chama ó coñecemento xeral deste mundo sensible (que abarca Imaxes e cousas) doxa (opinión). A doxa é sempre un coñecemento Sensible, relativo e variable, posto que o seu obxecto son as realidades Sensibles e materiais. Destas realidades non pode haber coñecemento científico Porque son particulares e cambiantes e só pode haber ciencia do universal e Inmutable, isto é, do mundo das Ideas, que se capta a través da episteme, A verdadeira ciencia (a diferencia entre doxa e episteme ten a súa orixe En Parménides).

O mundo intelixible Ou das Ideas subdivídese en obxectos matemáticos, estudiados pola dianoia ( a razón discursiva do Matemático) e as Ideas, que son Captadas pola noesis (intelixencia). Unha vez que o filósofo alcanzou o mundo das Ideas vai ascendendo ata a Idea Suprema, a Idea de Ben, que fai intelixibles ó resto das Ideas e que Platón Compara co Sol do mundo sensible que coa súa luz fai visibles os obxectos e as Sombras.

Este camiño ascensional  Dende o múltiple ata o Un, dende as cousas ata as Ideas, é a dialéctica.
É a ciencia que coñece as Ideas e a súas relacións xerárquicas, mentres que a matemática é unha ciencia preparatoria ou propedéutica, que vai da Unidade dos principios cara ó múltiple.

A diferencia entre noesis e dianoia é que a primeira é un tipo superior de coñecemento, consiste na captación racional e inmediata Das Ideas, o máis absoluto e obxectivo que se pode alcanzar. Da lugar á ciencia dialéctica e, en xeral, á filosofía. A dianoia é un coñecemento racional Que vai “por pasos”, dun concepto a outro.

B)A TRAVÉS DA REMINISCENCIA:


Antes cá alma estivese encarnada nun corpo, permanecía no mundo das Ideas,  adicándose ali á contemplación. Cando Se encarnou nun corpo, unha especie de veo fixo que non recordase con claridade A súa vida ali. Pero cando, a través dos sentidos, percibe obxectos sensibles, Acórdase das Ideas das que eses obxectos son copias. Os fenómenos sensibles non Fan senón espertar en nós o que xa coñeciamos, traer á conciencia o que estaba Velado. Por iso, para Platón coñecer é Recordar (anamnesis) o xa aprendido. Esta teoría aparece nos diálogos Menón, Fedón e Fedro. En Menón realiza Un curioso experimento, demostrando que con hábiles preguntas (maiéutica Socrática) pódense entender e describir complexos teoremas e extraer a verdade Que estaba dormida no noso interior. Este experimento proba a  preexistencia  (tivemos outra vida e nela adquirimos Coñecemento do que agora, ó recordar, sabemos).


C)A TRAVÉS DO AMOR (EROS)


:  Existe tamén unha especie de dialéctica emocional, é o famoso amor Platônico, que consiste tamén nun proceso ascendente promovido polo pulo Erótico. No diálogo Banquete expón Este método partindo da premisa de que o obxecto de amor é a beleza. A Filosofia é o amor que busca a captación da beleza absoluta.  Afirma Platón que o amor é unha tensión, un Impulso, unha forza que todo ser sente cara aquilo do que carece. E todo Ser carece de beleza, de ben, de perfección. Por  iso todo ser se sente impulsado cara ó Ben e ó amor. Este impulso leva ós seres do exterior ó interior e do interior ó Superior .

Entradas relacionadas: