Movementos relativos a las placas oceanicas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,03 KB
Tweet |
MOTOR INTERNO DA TERRA:
-Transporte de calor na xeosfera:
·Fluxo térmico: cantidade de enerxía calorífica que chega á superficie terrestre desde o interior do planeta. Pode transmitirse por condución pero pola baixa condutividade das rochas vai máis lenta.
·Correntes de convección: o material quente, menos denso e máis lixeiro ascende á superficie. Cando enfría o material aumenta a súa densidade e volve a fundirse. Creado polo forte cambio de temperatura entre a litosfera e a capa D.
·Corrente ascendente: formada polos penachos térmicos ou plumas de magma, que veñen da capa D.
·Corrente descendente: débese a gravidade que actúa sobre as placas litosféricas.
MOVEMENTOS VERTICAIS DA LITOSFERA:
-Isostase: a litosfera ríxida flota sobre o manto sublitosférico mantendo un equilibrio de flotación.
-Subsidencia: aumento de peso sobre a litosfera que pode provocar o seu afundimento.
MOVEMENTOS HORIZONTAIS DA LITOSFERA:
-Wegener e a hipótese da deriva continental: relacionaba moitos fenónemos observados no campo da paleontoloxía, petroloxía, paleoclimotoloxía, xeodesia e xeografía.
·Afirmaba que os continentes podían desprazarse e que fai 300 millóns de anos estiveran unidos formando unha masa continental (Panxea). Para demostrar a súa teoría presentou probas pero non se podía explicar cal era a forza que os empuxaba polo que suxeriu que podería ser a rotación terrestre.
-Hipótese da expansión do fondo oceánico: despois da 2ª Guerra Mundial houbo moitas exploracións e novos métodos baseados na radioactividade e do magnetismo remanente das rochas. O conxunto deste descubrimentos acabou con esta hipótese de Harry Hess que dicía que a expansión dos fondos oceánicos ocorre nas dorsais.
TECTÓNICA DE PLACAS:
-Probas:
·Cartografía de fondos oceánicos: mostra dorsais, foxas e grandes fallas submarinas.
·Medicións directas: demostraron o desprazamento e dirección que seguen as placas actuais.
·Espesor de sedimentos: diminúe desde os bordos continentais a ta volverse case inexistentes nas dorsais.
·Idade das rochas: aumenta desde o centro das dorsais cara os continentes.
-Movementos relativos das placas:
·Bordos: lugares de contactos entre as placas. O tipo de bordo depende dos movementos relativos que realicen as placas e de como actúan entre elas.
*Converxente: produce a colisión dos continentes e a destrución de litosfera oceánica; e xenera fenómenos oroxénicos (montañas, cordilleiras…).
*Diverxente: creación de litosfera oceánica e forma dorsais oceánicas.
*De cizalla: produce bordos consevadores ou pasivos e xenera fallas transformantes.
BORDOS CONVERXENTES:
-Zonas de subdución:
·Destrúese a litosfera oceánica.
·Faise unha intensa actividade sísmica e volcánica.
·Prodúcese magmatismo pola fusión do basalto da placa subducente.
·Prodúcese metamorfismo e deformación polo incremento da presión e da tª.
-Bordos converxentes de colisión continental:
·O grosor da litosfera continental aumenta e chega a duplicarse, debido ao encabalgamento dunha placa sobre outra.
·Fórmase unha cordilleira.
·Prodúcese un ascenso isostático do oróxeno polo pulo que exerce o manto sobre a litosfera