Movemento agrario

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,77 KB

 

A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.


O século XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento agrario que iniciouse en 1912 cando Basilio Álvarez ponse a fronte da Acción Gallega, levou adiante unha denuncia contra o caciquismo, os foros e todos os males do agro pero o acoso das autoridades e a actitude negativa da Igrexa fixeron que a Acción Gallega fracasase.

En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala configurando un paso decisivo na proxección do galeguismo cultural e político. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura.

En novembro de 1918 tivo lugar a
Asemblea Nacionalista Galega. O manifesto redactado e a base do conxunto do nacionalismo alego deica 1936.

A necesidade de acceder ao poder político motivou que se deseñasen dúas estratexias no movemento das Irmandades, a liña liberal democrática e a dirección neotradicionalista liderada por Vicente Risco.

En 1922 tivo lugar a IV Asemblea Nacionalista onde Risco conseguiu levar adiante as súas teses e un ano despois o nacionalismo galego centrouse case exclusivamente na actividade cultural.

O 14 de Abril de 1931 proclamase a II República. En febreiro de 1936 tiveron lugar eleccións en España onde resultou vencedora a Fronte Popular que incluía o Partido Galeguista.

o Novo goberno convocou o referendo estatutario. O 15 de xullo unha comisión entrega nas Cortes o texto aprobado polo pobo galego. Tres dias mais tarde comezou a Guerra Civil e en plena contenda o Estatuto tomou estado parlamentario.


Antonio Noriega Varela, o máis destacado representante dunha xeración de transición: acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero tamén podemos ver nel certos influxos do Modernismo e da literatura portuguesa.

Escribiu unha soa obra ampliada durante toda a súa vida: en 1904 o título é Montañesas; desde 1915, denominase Do ermo. Dúas etapas:

  • Poesía costumista
    : descrición da vida rural, desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia enxebre. Escribiu poesía cívica, relacionada co agrarismo e suprimida na última edición.

  • Poesía lírica da montaña
    .Poética franciscana: tenrura e amor pola paisaxe montañesa, polos compoñentes máis humildes desa paisaxe e non polos máis grandilocuentes ou vistosos. Neste apartado encádranse 21 sonetos literariamente moito máis traballados.

O poeta máis destacado da época é Ramón Cabanillas
: O Poeta da Raza. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros introducindo elementos renovadores modernistas. Etapas:

  • Etapa pregaleguista (1910/15)
    :No Desterro e Vento Mareiro (1915). Altérnanse poemas intimistas, costumistas e agraristas. Estes últimos, rabiosos e incendiarios, que mostran a súa solidariedade cos labregos na súa loita pola redención dos foros, son os máis coñecidos. Poemas como Acción gallega ou A Basilio Álvarez chegan a ser verdadeiros símbolos populares e converten a Cabanillas en herdeiro natural de Curros.

  • Etapa galeguista (ata 1920). O libro representativo é Da Terra Asoballada (1917). Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición é Galicia/Castela.

  • Etapa mítica (1921-30). No 1926 escribe tres poemas narrativos: A espada Escalibor, O  cabaleiro do Sant-Grial e O sono do rei Artur, que compoñen o libro Na Noite estrelecida. Cabanillas emprende unha actualización da materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista.

  • Etapa de posguerra (1950-59 ). Os seus últimos libros son Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), cheos de desenganos e morriña. Neste último, Cabanillas recupera a súa maior altura poética.

Entradas relacionadas: