Movemento agrario

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,67 KB

 
Pondal: celtismo (a través do que Pondal presenta a Galicia herdeira dun pasado glorioso Liderado por heroes celtas, como Breogán), bardismo (o autor atribúese o papel De bardo celta, guía espiritual que coa súa voz instrúe e conduce o pobo Galego, lembrándolleo seu pasado e animándoo a loitar para recuperar a súa Antiga grandeza), helenismo (aparece na mención de personaxes históricos e Míticos da Grecia clásica), natureza mística (aparece personificada e cargada De simbolismo).

Agrarismo

: importante movemento Agrario que reclama a supresión dos foros e melloras xerais nas condicións de Vida do campo. Está representado por sociedades e sindicatos agrícolas de Carácter republicano e rexionalista. 

1ª Irmandade da Fala:

o seu Fundadorfoi Antón Villar Ponte, esa institución tiña como Obxectivo a defensa, exaltación e fomento do idioma galego, pero moi pronto as Reivindicacións económicas, sociais e políticas únense ás lingüísticas.A NosaTerra
este boletín Que publicaban as Irmandades da Fala naceu no ano 1916 e deixou de publicarse No 1936 pola presión política. 

Grupo Nós:

 grupo De intelectuais galegos fundado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Castelao como director artístico. Chamouse así porque Tiñan unha revista chamada Nós. 

Seminario de Estudos Galegos:

fúndase no ano 1923, os Seus obxectivos eran divulgar a lingua galega ao campo da divulgación Científica; os seus traballos publicábanos na revista Nós, os seus membros eran Figueira Valverde, Lois Tobío, Fermín Bouza-Brey e Ricardo Carballo Calero. 

Irmandades Da Fala:

divídense a partir de 1922 porque o 1º grupo quería abandonar a faceta política e centrarse na Cultural e o 2º defendía a intervención política, tiña relación co partido Galeguista porque o 2º grupo creouse recollendo todo o nacionalismo dese Partido. 

Partido Galeguista:

o seu Principal logro foi impidir a execución da Guerra Civil. 

Características Da literatura galega de comezos do século XX:

o gran Pulo que reciben a narrativa e o teatro, ademáis da procura de novas formas de Expresión para a poesía. 

Poesía 1ª metade século XX:

dividiuse En 3 etapas, os seus principais representantes foron Noriega Varela e Ramón Cabanillas.

Noriega Varela:

a única Obra que escribiu foi do ermo, a súa poesía caracterízase Na inspiración de paisaxes montañesas, a súa actitude franciscana, humilde E relixiosa

Ramón Cabanillas:

a súa Obra poética podémola dividir en dous grandes grupos a poesía lírica e a Poesía narrativa, as súas obras máis representativas foron no desterro, vento Mareiro, da terra asoballada , a rosa de cen follas, o bendito de san Amaro,  a noite estrelecida, os seus principais eixos temáticos son (costumista: Describe tipos e costumes rurais, cívico: expresa protestas de caracter Anticaciqul e galeguista, intimista: ala dos propios sentimentos; en especial Do amor). 

Correntes vangardistas:

(hilozoísmo: Importante presenza da natureza a través de constantes personificacións e Descricións con imaxes moi plásticas, Surrealismo: considera a arte como unha Vía de coñecemento para acceder ao interior do ser humano e caracterízase por Empregar os soños como material literario e servirse da escritura irreflexiva e Automática para permitir que o subconsciente do artista se exprese sen Limitacións, creacionismo: concibe o poema como unha realidade autónoma e Independente, creada pola xustaposición de imaxes, neotrobadorismo: corrente Que xorde tras a difusión dos cancioneiro medievais galego-portugueses en 1928, A influencia da lírica medieval aparece na utilización de numerosos elementos Temáticos, formais e estilísticos propios dos trobadores). 

Obxectivos Irmandades Da Fala e Xeración Nós respecto narrativa galega:

a Promoción e modernización dos xéneros literarios que non acadaran o Desenvolvemento da lírica no século anterior, para conseguilo poñen en Funcionamento diversas iniciativas, entre as que destacan a creación de Coleccións de novela curta. 
Novos temas narrativa Galega: 
humor e macabro, aparecen unidos o folclore e a Mitoloxía popular e ahistoria de Galicia. 

Xéneros Narrativos máis cultivados:

(conto: Pola súa brevidade permite a súa inclusión en xornais e revistas, ademais de Continuar coa tradición do conto popular de ambiente rural ensáianse novas Técnicas propias do conto literario, novela curta: as facilidades que presenta Para a súa edición e venda como para a súa lectura covértena axiña nun xénero De grande éxito, novela: coa creación da editorial Nós, fundada por Ánxel Casal , comezan a aparecer as primeiras novelas modernas da nosa literatura. 

Autores narrativa:

Vicente Risco: introduce o humor macabro, a maxia e o esoterismo na literatura galega (do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, o lobo da xente, a trabe de ouro E a trabe de alquitrán), castelao: continúa na liña do humor macabro (un ollo De vidro, memorias dun esquelete), otero pedrayo (escrito na néboa, en Pantelas; home libre, o purgatorio de don Ramiro. 

Teatro:

as Irmandades da Fala déronlle importancia porque considerbano o medio ´máis Axeitado para espallar o seu ideario a un público moito máis amplo ca o que Pode acceder aos textos esritos, para espallalo crearon unha serie de compañías Teatrais e adaptacións de obras clásicas universais. 

Principais Dramaturgos:

(Antón Villar Ponte: un dos personaxes máis importantes para a cultura galega da Primeira metade do século XX. En 1916 funda, xunto co seu irmán e outros Intelectuais galeguistas, a 1º das IIrmandades da Fala; A patria do labrego, Entre dous abismos, almas mortas, Ramón Cabanillas: ademais de poeta é autor de Dúas obras de teatro que tiveron unha gran repercusión na súa época; a man da Santiña, o mariscal).

Polisemia

:Unha Palabra é polisémica cando posúe varios significados parcialmente 

coincidentes ou relacionados entre si dalgunha maneira.Algunhas das razóns De que se orixinen palabras polisémicas son: A linguaxe figurada: unha Palabra adquire co paso do tempo novos significados produto dunha Interpretación metafórica ou metonímica da mesma. A aplicación do Significado xeral dunha palabra a un campo específico da vida social: unha Mesma palabra pode variar o seu significado en función do campo Semántico no que se integre. O préstamo semántico: unha palabra pode Ampliar tamén o seu significado adoptando o que ten noutro idioma.

Homonimía:

 Existe hominimia Cando hai dúas palabras idénticas fonolóxica ou graficamente pero non Significan o mesmo. Existen dous tipos: Homonimia absoluta. Dúas ou Máis palabras son idénticas na forma e na súa realización fonética e Ademais non teñen significados propios. Homonimia Parcial. Poden Ser:: Palabras que se pronuncian igual pero que se escriben Diferente. Palabras que se escriben igual pero que se pronuncian Diferente. 

Entradas relacionadas: