Movemento agrario

Enviado por Nuria y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,57 KB

 

Galicia inicia o s.XX cunha sociedade marcada por un forte atraso económico.As forzas hexemónicas eran a fidalguía e a Igrexa,que tiñan a propiedade da terra.O campesiñado continuaba emigrando de xeito masivo.Durante o primeiro terzo do século producíronse unha serie de cambios que modificaron esta situación: A caída da fidalguía producida pola desaparición do sistema foral; A burguesía industrial e comercial comeza a ter un certo peso na sociedade Galega; Dase un transvasamento de poboación,que vivía da agricultura e da pesca cara á industria,o comerzo e os servizos.

O agrarismo xurdiu a principios do século como un amplo movemento reivindicativo do compasiñado que se agrupou en sociedades e sindicatos agrarios.Naceu como reacción á inxusta institución dos foros,que,unida ao caciquismo e aos impostos,condenaba aos labregos á miseria ou á emigración.Unha das asociacións agrarias máis salientables foi Acción Galega,fundada en 1910 por Basilio Álvarez,cura de Beiro,que promulgaba a desaparición dos foros e a transformación da agricultura.A redención dos foros vai ser a reivindicación máis relevante do movemento: un obxectivo que se conseguíu oficialmente no 1926 durante a ditadura de Primo de Rivera.

O movemento das Irmandades da Fala xurdiu no ano 1916 promovido por Antón Villar Ponte.O seu obxectivo principal era reivindicar a lingua e a cultura de Galicia.En 1918 agrupáronse nunha federación e celebraron en Lugo a I Asamblea Nacionalista Galega

.Os principais obxectivos das Irmandades eran

A cooficialidade lingüística entre galego e castelán; Unha ampla economía que permitíse resolver os problemas económicos e sociais do país; Fomentar a cultura propia de Galicia e o Ingreso das nacionalidades na Liga das Nacións e federalismo con Portugal. Nas Irmandades había dúas tendencias,unha era partidaria de participar activamente na vida política; outra defendía centrarse na actividade cultural.

O traballo cultural das Irmandades da Fala orientouse en varias direccións e,as principais,foron estas: Traballo a prol do emprego da lingua galega nos diferentes ámbitos da vida pública; Potenciación da actividade editorial mediante o xornal A Nosa Terra ou a fundación de editoriais; Promover o desenvolvemento do teatro,fúndase o Conservatorio Nacional de Arte.; Creación en 1923 do Seminario de Estudor Galegos,institución científica constituída por universitarios que realizou un valioso traballo de investigación e interpretación da realidade de Galicia nos eidos da etnografía,a xeografía e a historia.

O Seminario de Estudos Galegos foi un dos froitos das Irmandades da Fala,fundado en 1923 por un grupo de estudantes e algún profesor da Universidade de Santiago,foi unha institución de caracter científicio que promoveu a investigación sobre diferentes aspectos da realidade galega.

Ramón Cabanillas naceu en Cambados o 3 de xuño de 1876.Entre 1889 e 1893 estuda no seminario de Compostela,onde adquire unha formación clásica que vai estar na base da súa obra.Aos 34 anos marchou para a Habana,onde entra en contacto coa intelectualidade galeguista da illa e comeza a colaborar na prensa galega.En 1913 publica a súa primeira obra No desterro e pouco despois Vento mareiro.En 1915 retorna a Galicia,colabora coas Irmandades da Fala e escribe no periódico A Nosa Terra.Convertese na principal voz lírica do agrarismo e do galeguismo e en 1917 publica Da terra asoballada.Cinco anos despois ingresa na Real Academia Galega.Tamén publica O Mariscal,Na noite estrelecida,a rosa de cen follas e Samos.En 1959 morre no seu Cambados natal.

A obra literaria de


Ramón Cabanillas pasa por diferentes etapas e posúe múltiples facetas,o que impide clasificalo dentro dunha única corrente literaria.O poeta caracterízase por harmonizar a tradición literaria do s.XIX,asimilando a estética dos autores do Rexurdimento,coas grandes correntes anovadoras do seu tempo

A poesía lírica de Cabanillas está contida No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada e A rosa de cen follas.Na súa obra lírica maniféstanse tres direccións temáticas:

~Poesía cívica


Que se manifesta máis nitidamente nos tres primeiros libros,nesta poesía recolle o facho prendido por Curros aínda que Cabanillas ve a solución dos problemas de Galicia no nacionalismo concienciador.Éunha poesía influída polo compromismo co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala.

~Poesía intimista


Que lembra a Rosalía nalgúns aspectos.O sentimento amoroso é o protagonista destas pezas,así como a conmoción ante a paisaxe.

~Poesía costumista


Que presenta matices humorísticos ou irónicos así como novidades formais de carácter modernista que a arredan da poesía costumista do s.XIX.

A poesía narrativa:


Cabanillas realizará un poemario orientado cara á recuperación das raíces e a creación de mitos como un xeito de mobilizar a conciencia colectiva.Así nacerá Na noite estrelecida obra na cal o poeta recupera os temas da materia de Bretaña situando a acción en Galicia e dotando á historia dun forte sentido cristián,elemento este que Cabanillas considera como definidor de Galicia.A obra desenvolve a temática artúrica consonte cos postulados das Irmandades da Fala e coa visión de Vicente Rico en defensa dos valores espirituais e materiais do atlantismo galeguista.

O teatro:


Cabanillas era consciente da importancia do teatro como medio de popularización da nosa historia e da nosa cultura.

O poema Accion Galega é un himno de loita no que se alenta aos labregos de Galicia a revelarse contra as estructuras sociais inxustas como os foros e o caciquismo que os mantiñan nunha situación de explotación e pobreza.

Pronomes átonos -> me,te,se,nos,os,se,che,o,a,os,as,no,na,nos,nas,lo,la,los,las,lle.

Pronomes tónimos -> eu,ti,ela,nós,vós,eles,elas,comigo,contigo,convosco,connosco,vostede/s.

Siempre va pegado al verbo después.Sólo se pone antes cuando: es negativa,es interrogativa/part.Interrogativa, aínda,acaso,igual..; algo,alguén,ambos,bastante.

TE (se non hay CD na oración..Antes) CHE (se hay CD na oración ..Despois)

Entradas relacionadas: