Modelaxe cárstica
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geología
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,26 KB
O vento.Modelaxe eólica
o vento é o principal axente modelador da paisaxe nos desertos cálidos.Nestes lugares o vento pode pode realizar dous procesos erosivos:
Deflación
:o vento leva os materiais máis pequenos e deixa os de maior tamaño,orixinando un deserto pedregoso,chamado reg.
Abrasión eólica
:o vento cargado de area produce produce unha lixadura sobre a superficie das rochas.
Transporte e sedimentación eólica
o vento transporta grandes volumes de materiais finos a enormes distancias,xa que a area máis fina e o po son levados a grande altitude na troposfera,onde pode permanecer en suspensión durante semanas ou meses.Tipos de sedimentación eólica:
Depósitos de loess
:son acumulacións de po transportado polo vento.Recobren grandes extensións nas zonas máis periféricas dos desertos.
Dunas
:son acumulacións de area que poden ter forma de media lúa,presentar a crista recta ou formarse paralelamente á dirección do vento e desenvolver unha crista sinuosa.
As augas mariñas.Modelaxe litoral
realízanse dous procesos erosivos:
Retroceso do acantilado
:as ondas socavan a parte baixa dos acantilados,que provoca a caída de bloques.O retroceso do acantilado produce unha superficie que pode quedar parcialmente ao descuberto durante a marea baixa.Esta superficie denomínase plataforma de abrasión.
Trituración e lavado dos materiais
:os bloques e os fragmentos de rochas son esmiuzados.
Transporte e sedimentación litoral
a area é transportada ao longo da costa polas corrientes litorais deica as zonas máis abrigadas,onde se sedimenta orixinando:
Praias
:acumulacións de area ou de grava en zonas onde o litoral ten unha pendente suave.
Tómbolos e frechas
:cordóns areentos perpendiculares ou paralelos á costa,que adoitan illar pequenas lagoas e marismas costeiras.
os glaciares
o axente xeolóxico glaciario está formado por grandes masas de xeo,os glaciares,que flúen lentamente baixo o seu propio peso.Nos vales das zonas montañosas fórmanse linguas glaciarias que producen formas erosivas características:
Vales en U
:son vales amplos e profundos,de perfil redondeado zonas de sobreescavación
:son concavidades producidas polo fluxo do xeo.Ao retirarse o xeo fórmanse nelas lagos ou lagoas.
Transporte e sedimentación glaciarias
a sedimentación no medio glaciario produce tilitas,que son as acumulacións de clastos producidas polos glaciares.As máis frecuentes son as morenas asociadas ao movemento das linguas glaciarias.
A modelaxe cárstica
o axente xeolóxico cárstico está constituído polas augas superficiais e subterráneas con capacidade para disolver as rochas,tipos:
Formas erosivas superficiais
:pódense crear por:
Disolución
:a auga da chuvia ao correr sobre as rochas solubles produce uns regos chamados lapiás.
Colapso
:cando se derruba o teito dunha cavidade subterránea aparecen na superficie depresións chamadas torcas ou dolinas.
Formas erosivas subterráneas
:clasifícanse segundo a forma en:
Galerías
:túneles máis ou menos horizontais.Cando son moi estreitos chámanse gateiras.
Simas
:condutos verticais que ás veces chegan á superficie.
Salas
:grandes cavidades de forma irregular.
Sedimentación cárstica
prodúcese de dous xeitos:
Acumulación da arxila de descalcificación
:ao disolverse o carbonato de calcio das calcarias queda un residuo de arxila,que se pode acumular en cavidades subterráneas.
Precipitación de sales solubles
:o carbonato de calcio disolto pode precipitar formando tobas calcarias,estalagmitas,estalactitas e outras formacións,que en xeral reciben o nome de travertinos.