Metodo de wilson

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,73 KB

 


Bloque 1


1. Por segmentación de mercados enténdese a división
do mercado en distintos grupos homoxéneos co
obxectivo de adaptarse mellor ás características dos
distintos tipos de clientes potenciais.
2. Factoring.
3. Entre os requisitos pódense destacar os seguintes.
Polo menos o 51% do capital pertence aos traballadores
que prestan os seus servizos nelas, cunha relación de
carácter indefinido e a xornada completa. O capital
mínimo é de 60.101,21 €, ten que estar totalmente
subscrito e desembolsado nun 25% no momento da
súa fundación. As accións dos socios traballadores son
sempre nominativas e a súa transmisión aos socios
non traballadores require unha oferta previa aos
demais socios traballadores e á propia sociedade.
4. O organigrama.
1. A mercadotecnia mix é a análise conxunta das
variables das que depende a demanda dun produto:
produto, distribución, promoción e prezo.
O obxectivo
é exercer certo control sobre a demanda mediante a
diferenciación do produto.
As variables nas que se centra a análise son o produto,
a distribución, a promoción e o prezo.

Produto: en mercadotecnia, un produto é todo
aquilo tanxible ou intanxible (ben ou servizo) que
se ofrece a un mercado para a súa adquisición, uso
ou consumo, e que pode satisfacer unha necesidade
ou un desexo. Pode chamarse produto a obxectos
materiais ou bens, servizos, persoas, lugares,
organizacións ou ideas. As decisións respecto a
este punto inclúen a formulación e presentación do
produto, o desenvolvemento específico de marca, e as
características do empaquetado, etiquetaxe e envase,
entre outras.

Praza ou distribución: trátase de definir onde
comercializar o produto (ben ou servizo) que se
ofrece. Considerase o manexo efectivo das canles
loxísticas e de venda, para lograr que o produto
chegue ao lugar, momento e condicións axeitadas.
As canles de distribución fan chegar o produto ata o
comprador potencial. Por exemplo, é importante tratar
de que un produto no punto de venda sexa atractivo
e o comprador potencial se decida a compralo
realmente.

Prezo: é o importe de intercambio asociado á
transacción. O prezo non só se fixa polos custos de
fabricación ou produción do ben, senón que debe ter
a súa orixe na cuantificación dos beneficios que o
produto significa para o mercado e o que este estea
disposto a pagar por eses beneficios. Sen prexuízo do
anterior, para a fixación do prezo tamén se consideran:
os prezos da competencia, a posición desexada e os
requirimentos da empresa.


Promoción: inclúe todas as funcións realizadas para
que o mercado coñeza a existencia do produto/marca:
publicidade, relacións públicas, promoción de vendas
(por exemplo 2 X 1, compre un e o segundo a metade
de prezo etc.), venda directa e axudas á venda, oferta
do produto por teléfono, Internet...

2. Cando no almacén dunha empresa entran
mercadorías a distintos prezos, é necesario empregar
un método de valoración de existencias.
Segundo o
sistema que se empregue para determinar o valor
de saída de almacén podemos distinguir o método
FIFO, LIFO e o prezo medio ponderado. Dado
que, de acordo co Novo Plan Xeral Contable, non é
posible aplicar o LIFO, centraremos a explicación
nos métodos FIFO e do prezo medio ponderado.
O FIFO é un método que presupón a venda en primeira
instancia daquelas existencias que levan máis tempo
no almacén da empresa, é dicir, comeza vendendo
as primeiras entradas e van quedando no almacén
as últimas que entraron nos almacéns da empresa.
De acordo con este método, o custo de venda será o
máis antigo dos prezos de adquisición existentes en
tock. Este método en épocas inflacionistas valora a
un maior custo as existencias porque representa no
balance as últimas entradas, que son as máis caras.
Deste modo, incrementa o resultado da empresa en
maior medida que outros métodos e valora os activos
ao seu prezo ou valor de mercado actual, xa que se
presupón que as primeiras mercadorías que saian
levan asociado o custo das existencias máis antigas
do almacén.
O método do prezo medio ponderado valora as saídas
de almacén de acordo coa media ponderada dos prezos
de entrada en función das unidades adquiridas a cada
prezo. Cando se valora con este método, faise unha
valoración homoxénea de todas as existencias. É dicir,
este sistema permite ter unha visión actualizada do
valor do almacén, dependendo dos distintos prezos
aos que foron entrando os produtos.
Os métodos de valoración de existencias non son
neutrais no que respecta ao custo das vendas e á
valoración das existencias finais; así, estes valores
terán repercusión no balance da empresa e na conta
de perdas e ganancias. Isto quere dicir que calquera
cifra que obteñamos será relativa porque dependerá
do criterio escollido para a valoración de existencias.
Precisamente por esta razón, o criterio de valoración
de existencias que escolla a empresa debe ser uniforme
no tempo e debe ser aplicado de forma sistemática ao
conxunto das existencias da empresa.

Entradas relacionadas: