Maquiavelo lecturas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,29 KB

 
    As lecturas de Maquiavelo.
As duas obras fundamentais de Maquiavelo son “O príncipe” e os “Discursos sobor da primeira década de Tito Livio”. Esta dúas obras, escritas pola mesma época, amosan posturas políticas aparentemente contraditorias. A primeira fai unha defensa da monarquía mentras que a segunda o fai do réxime republicano. Esta situación xenerou diversas leturas da obra de Maquiavelo.
A imaxe corrente que temos de Maquiavelo asóciao ao termino “Maquiavélico”; ao uso de estratexias inmorais e pouco escrupulosas para conseguir intereses políticos ou persoais. Esta lectura demonizadora da obra de Maquiavelo é a dominante ata os albores da ilustración e consiste nunha crítica ao pensamento plasmado na súa obra “O Príncipe” e na total ignorancia acerca dos “Discursos sobre a primeira década de Tito Livio”. Ata a obra de Spinoza (”Tratado político”) do XVII e os ilustrados, non se recuperará a ensinanza dos “Discursos”. Serán Montesquieu e Rousseau (Este fai unha homenaxe explícita aos Discursos no “Contrato Social”) quenes recuperen o enfoque republicano da obra de Maquiavelo.
A finais do XVIII, cos movementos unificadores en Italia e Alemaña faise unha relectura en clave positiva do “Principe” como unha obra precursora do realismo político.
No século XIX empezase a ver a necesidade de buscar a relación entre ambos textos. As posibles solucións que se plantexan á aparente contradición entre as dúas obras son:
a/ A paixón republicana dos Discursos é contrarrestada polo realismo político do “Príncipe”.
b/ Ao fundar unha ciencia política independizada da moral dáse unha indiferenza polo tipo de réxime político.
c/ A contardicción entre as dúas obras reflexa simplemente un cambio de opinión.
A tendencia a partir dos anos 70 (Sobre todo a partir da publicación da obra “O traballo e a obra de Maquiavelo” de Claude Lefort) é a de ler o “Príncipe” a partir das ensinanzas dos “Discursos”.

Entradas relacionadas: