Literatura galega no exilio

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,51 KB

 

T.9 A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA PROSA E TEATRO


A Guerra Civil e a ditadura franquista supuxo un desmantelamento  do sistema literario galego. Practicamente ata os anos 50  Arxentina, México, Venezuela e Cuba Acollen aos nosos exiliados que  continuarán a produción cultural galega . A cidade de Bos Aires  convértese Na capital da cultura galega.

1.A POESÍA

Foi o  xénero máis cultivado. Os temas máis Recorrentes son a denuncia social, a reflexión sobre o drama dos Emigrantes e dos exiliados galegos e a reivindicación da dignidade e do pasado Histórico de Galicia. Destacan:

Luís Seoane (


1910- 1979). Cultivou a Pintura, o gravado, a ilustración, a edición... Déixanos títulos  como(Fardel De eisilado, 1952;  Na brétema, Sant-Iago, 1956; As cicatrices, 1959... ) cuxos temas son a recreación Histórica de Galicia e a temática social.  Acostuma a  empregar o verso libre E o ritmo do poema recae na repetición de palabras chave.

Lorenzo Varela


. Escribiu  dous libros ( Catro poemas para catro gravados, Onde fai unha reivindicación do pasado histórico e lendario de Galicia, e Lonxe, poemario marcado pola Saudade da terra e a Guerra Civil.).

Emilio Pita, tamén publicou no exilia(Cantigas De nenos, 1944; O ronsel verdegal,  1964, e Serán, 1974. A denuncia Da situación dos emigrantes, o testemuño da traxedia da Guerra Civil e a Lembranza emocionada da paisaxe galega, son os temas  principais.

2.A NARRATIVA

Destacan as obras realistas, Temas da Guerra Civil e as súas consecuencias, cun ton de denuncia testemuñal Duns feitos vividos polos propios escritores. O mundo dos fuxidos, a guerrilla, A represión son argumentos frecuentes. Destacan:

Ramón Valenzuela


(1912-1980) Vai ser o primeiro en testemuñar a Guerra Civil. Non agardei por ninguén (1957) centrada na loita Guerrilleira nos montes galegos.  Temática que continuará en Era Tempo de apandar (1980).

Silvio Santiago (1903-1974) Escribe no exilio Vilardevós (196l), novela sobre a súa infancia na aldea natal, de intención realista e Crítica. No ano 1976, publica O Silencio redimidode corte autobiográfico, recrea as súas vivencias Durante a guerra, a detención e posterior fuxida ao exilio.

Antón Alonso Ríos (1887-1980) No 1979 publica  O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da Morte, novela autobiográfica, narra as súas experiencias de fuxido ata Chegar a Bos Aires, vía Portugal.

Outras Obras clave da nosa literatura como A Esmorga (1957)de Blanco Amor ou Memorias Dun neno labrego (1961) de Neira Vilas. 

Cómpre Salientar o ensaio.
O autor máis destacado é  Castelao que publicou Sempre en Galiza (1944), Referente para o pensamento político galeguista, e Cruces de pedra na Galiza (1950).

3.TEATRO

O Traballo dos escritores exiliados uniuse  Aos dos emigrados, pois xa existía unha actividade teatral en América, Polo que conviven dúas propostas diferentes:

Teatro Popular, pretendía  manter A unión da colectividade, achegar aos emigrantes a terra natal  recreando costumes e ambientes,  dignificar o idioma apelando ao Sentimentalismo, …  Destaca neste grupo Manuel Varela Buxán ( A xustiza do Muiñeiro e O ferreiro de Santán). Obras de corte rural-costumista e Humorístico, e de crítica social.

Teatro culto


Segue os Camiños da renovación formal con técnicas, temas e enfoques dramáticos máis Innovadores. Destaca Castelao coa obra Os vellos non deben de namorarse de espectacularidade Visual, cunha profunda crítica aos esquemas e valores dominantes da sociedade: O amor e a morte, o poder do diñeiro, hipocrisía social ou a ríxida moral ... Tamén se inclue nesta tendencia o teatro de Luís Seoane que escribiu A soldadeira e O irlandés astrólogo e O teatro non realista de Blanco Amor, Farsas para títeres.

Entradas relacionadas: