A literatura do exilio

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,88 KB

 

   

T9  A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976


1)INTRODUCCIÓN


          O centro De actividade literaria trasládase ao exilio (México e Bos Aires). Os exiliados Entran en contacto cos escritores emigrados antes do inicio da ditadura e Comezan a publicar libros e revistas, e a facer reedicións de obras anteriores Para perpetuar a cultura ameazada.

          O labor Feito por Castelao converteuse nun Mito, símbolo e guieiro da liberdade de Galicia: Os vellos non deben namorarse, Sempre en Galiza, As Cruces de pedra na Galiza.

2)CARACTERÍSTICAS DA LITERATURA DO EXILIO


          No exilio potenciáronse moitas facetas da Nosa cultura, non só a literatura. O xénero máis cultivado foi a poesía, pero Tamén o teatro, que gozou de numerosas compañías.

         

Temática:


contidos reivindicativos Censurados en Galicia, emigración, literatura intimista. A saudade como tema Central, amores, amigos, infancia, mocidade e baleiro interior.

         

Forma:


influencias da literatura de Preguerra (imaxinismo, vangardismo). Prosaísmo (verso longo, estilo realista e Coloquial) para a temática máis comprometida.

          Este Ambiente cultural (editoriais, revistas, libros, centros galegos, programas Radiofónicos e tertulias) evitou que a nosa lingua desaparecese dos rexistros Cultos e facilitou en Galicia a posterior reconstrución do sistema literario a Partir dos anos 50.

3)POESÍA


·
Emilio Pita (A Coruña, 1909-1981) :  Precursor da poesía comprometida (Jacobusland). Cántigas de nenos, Os relembros, O ronsel verdegal, Serán.

·
Luís Seoane (Bos Aires, 1910-1979) :  Avogado, pintor, ilustrador, guionista, locutor e poeta. Gran Coñecemento cultural, histórico e artístico. Fardel de exiliado, Na Brétema, Santiago, As Cicatrices, A maior Abondamento.

·
Lorenzo Varela (La Habana, 1916-1978) :  Inicia a súa produción poética en Bos Aires nos anos 40 (Catro poemas para catro gravados). Lonxe (ilustrada por Seoane e Centrada na saudade pola Galicia que deixou atrás).

4)PROSA


          Centrada Na Guerra Civil e as súas consecuencias.

Ramón de Valenzuela

:   Non agardei por ninguén, Era tempo de apandar.

Silvio Santiago

Vilardevós, O silencio redimido.

          O ensaio Foi un labor iniciado polo Grupo Nós. O tema esencial é o nacionalismo galego : 
Castelao (Sempre en Galiza), Luís Seoane, Antón Alonso Ríos, Xose Núñez Búa, Lois Tobío...

5)TEATRO


          O teatro Do exilio do exilio tivo especial relevancia e dúas tendencias: culto e Popular. Son autores que incorporan as técnicas dramáticas máis innovadoras Intentando modernizalo e promover a concienciación galeguista: 
Castelao (Os vellos non deben namorarse), Seoane (A soldadeira), Blanco-Amor (Farsas para títeres).

          O teatro Popular foi escrito por emigrantes sen vocación de modernidade, e seguía as Pautas do teatro tradicional, exaltando os costumes e as tradicións, e Dignificando a lingua.

Manuel Varela Buxán

:  liña cómica e Sentimental nun ambiente rural (Se o Sei... Non volvo a casa).

·Tamén pezas de Isaac Díaz
Pardo ou de Blanco-Amor.



Entradas relacionadas: