Liberalismo.Un novo sistema politico

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,09 KB

A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL (PRINCIPIOS DO LIBERALISMO E DIFERENZAS ENTRE AS DISTINTAS FAMILIAS POLÍTICAS)


O liberalismo foi a expresión ideolóxica dos intereses da Burguesía, grupo hexemónico da sociedade no século XIX debido ao Desenvolvemento do comercio e a Revolución Industrial. O seu dominio Social vai parello ao triunfo das revolucións políticas liberais. Defende un novo concepto do poder e da sociedade baseado na Liberdade, igualdade xurídica, limitación da autoridade, división Tripartita do poder: executivo (Goberno), lexislativo (Cortes) e Xudicial (Tribunais). Defende a participación política dos cidadáns Para a elección de representantes nas Cortes ou Parlamento, (depósito da soberanía nacional).

O liberalismo non só é filosofía política; na economía Defende a propiedade privada individual, considerada como un valor Absoluto, a liberdade económica e de empresa baseada na libre Iniciativa individual sen intervención do Estado nos asuntos Económicos e o libre xogo da oferta e da demanda como mecanismo Xerador da riqueza e regulador das actividades económicas.

O liberalismo foi unha ideoloxía revolucionaria que se divideu en Dúas correntes en función do criterio de participación política Da poboación: o liberalismo doutrinario e o liberalismo democrático.

O liberalismo doutrinario e conservador foi a corrente Maioritaria en España e Europa ata mediados do século XIX. Xurdiu Como reacción ante os excesos revolucionarios e o temor dos grupos Económicos poderosos de perder a súa posición hexemónica na Sociedade. Definese segundo estes trazos: monarquía constitucional, Soberanía compartida entre o rei e as Cortes, restrición da Participación política (o dereito ao sufraxio restrinxido, Unicamente a aqueles que posúan un determinado poder económico, Sufraxio censatario), limitación dos dereitos individuais e Catolicismo de Estado.

En España o afán de control das elites políticas permitiu e Potenciou a existencia de graves vicios no sistema, como o fraude Electoral e o caciquismo. A época liberal en España abrangue a Rexencia de María Cristina e a de Espartero, o reinado de Isabel II, O Sexenio democrático e a Restauración borbónica, un período no Que se promulgarán unha carta outorgada, o Estatuto Real (1834) e Catro constitucións (1837, 1845, 1869 e 1876) que responden aos Intereses das ideoloxías no poder e refliten as tensións políticas Características da época. A monarquía constitucional foi o modelo Político dominante na España liberal pero tamén houbo momentos de Liberalismo democrático e de ditaduras, ademáis da primeira Experiencia republicana.

A posta en práctica do liberalismo doutrinario en España, Provocou unha escisión entre os moderados e os progresistas.
Os moderados asumiron plenamente os principios do liberalismo Doutrinario, exerceron máis tempo o poder e contaron coa Predilección dos monarcas españois e o apoio dos grupos poderosos Da sociedade. Son partidarios do control do poder municipal por parte Do goberno, limitan as liberdades civís e eliminan a Milicia Nacional. Os progresistas, reclamaban a primacía das Cortes Sobre o rei, un maior grao de descentralización municipal, unha Interpretación máis ampla das liberdades, en especial a de prensa, E unha maior liberdade de culto dentro do estado confesional.

A Crecente moderación dos progresistas provocou unha disidencia, Xurdiron así os demócratas en 1840. Eran unha minoría radical, Dividida a súa vez entre os partidarios da monarquía e os Partidarios da república.

O liberalismo democrático defendía a soberanía popular como Principio básico sobre o que debían asentarse todas as institucións Políticas, a participación popular mediante sufraxio universal Masculino para maiores de 25 anos, separación de poderes, unha ampla Carta de dereitos e liberdades inalienables e inherentes á Naturaleza humana, un goberno como froito da vontade popular, Liberdade de cultos e separación da Igrexa e Estado. Principios nos Cales se inspirou a Constitución de 1869, a cal inaugura en España A monarquía parlamentaria, na cal o rei reina, pero non goberna. O Republicanismo aproveitou o curto reinado de Amadeo de Saboya para Proclamar a I República, plantexar a discusión do modelo Territorial e reivindicarse como o sistema verdadeiramente Democrático.

No enfrontamento político xogaron un papel clave a Coroa e os Militares. A división e debilidade dos grupos políticos, permitiu Que numerosos xefes militares se converteran no recurso para Conquistar o poder. Cada grupo tiña os seus propios "Espadóns” Espartero, Narváez, O'Donnell... Que se van converter nos principais Protagonistas da política española do XIX.

A Coroa, conservou unha gran capacidade de decision á hora de nomear Ao goberno, amosando unha predilección, por parte de María Cristina E de Isabel Il polos moderados, que terán o poder durante a Década Moderada (1844-54) na cal o xeneral Narváez foi a figura máis Destacada. Isto empurrou ás restantes forzas políticas a rexeitar o Xogo político e recorrer as pronunciamentos, rebelións Militares contra o goberno, e aos motíns populares. Grazas a isto os Progresistas acadaron o poder en breves períodos:
Rexencia de Espartero (1840-43) que sucede a María Cristina tras a súa Vitoria na I Guerra Carlista e a paz conseguida co "Convenio de Vergara" e o Bienio Progresista (1854-56) nacido polo Pronunciamento do Xeneral O'Donnell, "Vicalvarada", co Pretexto da inestabilidade política e que acaba implicando á Sociedade civil ata convertelo nunha revolución que conseguirá Obxectivos non previstos polo propio O'Donnell líder da Unión Liberal, agrupación política formada por moderados e progresistas Que podemos considerar centrista, afastada dos extremos políticos.

O propio O'Donnell pon fin ao Bienio Progresista cando rodea con Tropas o Congreso e disolve o Parlamento dando lugar á volta do Moderantismo ao poder, e o período moderado-unionista xa que son Estas dúas forzas as que se alternan no goberno.

As prácticas ditatoriais do xeneral Narváez e de González Bravo nos últimos gobernos moderados, estenderon a impopularidade do Réxime, entregado ao servizo dunha oligarquía sen escrúpulos, e da Raíña Isabel II, firme apoio do moderantismo. Así, no ano 1868, a Revolución coñecida como Gloriosa ou Setembrina, protagonizada por Todas as forzas opositoras a Isabel II, expulsou os Borbóns do trono De España e abriu a posibilidade de configurar un novo sistema Político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos Intereses das clases medias.





Entradas relacionadas: