O lecer de Roma

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,9 KB

 

3-

A sociedade romana

A-

As clases sociais

Homes libres

-Patricios: pertencentes a alguna das primeiras cen familias que se instalaron en Roma. Estaban agrupadas en tres tribus, que, xuntas, formaban o populus. Tódolos patricios descendentes dun antepasado común pertencían a una gens ou linaxe, que á sua vez estaban divididas en familiae.

-Clientes: cidadáns pobres de orixe estranxeira que estaban baixo a protección das familias patricias.

-Plebeos: estranxeiros de orixe italiana vencidos por Roma, en principio sen dereitos políticos, aínda que os irían adquirindo có tempo.

-Libertos: escravosliberados.

Escravos

Homes non libres (fillos de escravos ou prisioeiros de guerra), sen dereito algún e considerados obxectos ante a lei, aínda que có tempo foise limitando o poder absoluto do amo sobre os escravos.

B-

Familia e educación

A familia romana estaba formada polo paterfamilias, a nai, os fillos, os escravos e os animais de tiro e carga.

Durante moito tempo, o matrimonio foi considerado una obriga relixiosa. A idade legal para contráelo era de 12 anos para as mulleres e 14 para os homes. Había tres tipos de unión legal:

Matrimonio cum manu

A muller integrábase na familia do marido e quedaba sometida á sua autoridade

Os bens da esposa pasaban a pertencer ó marido e so él podía pedir o divorcio.

Matrimonio sine manu

A muller segue dependendo da autoridade do pai e podía dispor dos seus propios bens. Calquera dos dous podía solicitar o divorcio.

Concubinato

Convivencia, na que a muller estaba baixo a figura legal de filla. En caso de separación, os fillos quedaban coa nai.

O marido podía recoñece-los fillos do matrimonio, deixalos expostos ou mesmo vendelos. Os nenos recibían o praenomen (nome de pia), o nomen (apelido) e o cognomen (alcume) e as nenas só o nomen.

A educación en Roma, de influencia grega, estaba dividida en tres etapas:

-
Ensinanza elemental (7-12 anos): o ludi magister) ou mestre ensinaba a ler, escribir e contar. Tamén aprendían a Lei das XII Táboas e aciudían de cotío ó campo de Marte a prepararense para servir como soldados. Os nenos ían á escola acompañados polo paedagogus.

-
Ensinanza media (12-17 anos): o grammaticus ou profesor de lingua e literatura ensinaba literatura grega e latina, xeografía, física e astronomía. Os alumnos debían memorizar e saber comentar os textos dictados polo profesor.

-
Ensinanza superior (a partir dos 17 anos): tiña lugar có rhetor ou mestre de retórica, có que profundaban no estudo dos autores gregos e latinos e aprendían a construir e pronunciar discursos.

Ó remata-la devandita etapa, quedaba a posibilidade de ampliar estudos de retórica e filosofía en Grecia.

C-

A economía en Grecia

Agricultura

A maior  parte de Italia estaba dividida en grandes extensións de terreo propiedade de ricos terratenentes e traballadas por escravos baixo as ordes dun capataz.

Aínda que a vida en Roma estaba centrada nas cidades, eran moitas as familias que vivían da agricultura e gandería no campo e os agricultores producían os alimentos dos que dependían as cidades.

Comercio e industria

O comercio nace do paso da producción agrícola familiar á elaboración e distribución colectivas. Nacen así as primeiras tabernae ou comercios e tamén as primeiras profesións (orfebres, ceramistas. Panadeiros, tecedores, etc), ó poder adicarse os habitantes das ciudades a tarefas especializadas.

O sistema monetario

Unidade monetaria

as (bronce).

Múltiplos

-Sextercio (HS=2 ases e medio).

-Quinario (5 ases).

-Denario (X= 10 ases. Prata).

-Aureo (25 denarios. Ouro).

D-

O lecer en Roma

A organización dos ludi ou xogos correspondía ós edís, aínda que os había tamén organizados por particulares Estaban adicados a alguna divinidade e eran de dous tipos:

Ludi circenses

Xogos de anfiteatro e circo. Destacan os seguintes:

-

Carreiras de carros

: tiñan lugar no circo. Os carros ían conducidos por un auriga e podían ir tirados por dous cabalos (biga) ou por catro (cuadriga). Había que dar sete voltas á pista. Os xinetes pertencían a catro equipos que en realidade eran poderosas sociedades financieiras.


-

Combates de gladiadores

: tiñan lugar no anfiteatro. Os gladiadores eran, en principio, condenados a morte, aínda que posteriormente houbo escolas para formalos. Había distintos tipos de gladiadores segundo o armamento co que combatían. Antes da loita desfilaban ante o maxistrado ou Emperador e saudábano. A loita era por parellas ou grupos. Se un caía, o maxistrado ou Emperador decidía se se mataba ou non, case sempre seguindo as indicacións do público.

-

Outros espectáculos

: venationes (cacerías entre bestas salvaxes entre sí ou entre bestas e homes) e naumachiae (combates navais para os que se inundaba a area do anfiteatro e se enchía de pequeñas embarcacións).

-
Ludi scaenici (representacións teatrais). Os edís encargados da organización contrataban un dominus gregis ou director de escea, que mercaba una obra aun dramaturgo e a representaba. Os actores eran sempre homes, normalmente escravos ou libertos. Usaban personae ou máscaras, perrucas, traxes e cothurni ou calzado alto. A maior parte das obras era de temática grega e o xénero de máis aceptación era a comedia e en época imperial o mimo (sen máscara e con participación de mulleres).

UNIDADE III: LITERATURA

I-

A ÉPICA

Narración en verso centrada nas fazañas de héroes pertencentes a un pasado lexendario. A transmisión é oral, sobre todo polo canto ou recitado do aedo e acompañado por un instrumento musical.

1-

Épica popular e épica culta

Na épica popular ou heroica o poeta preséntase como un mero transmisor e a súa finalidade é transmitir as fazañas dos grandes héroes. Nace nunha sociedade aristocrática e de valores guerreiros.

Cando o poema épico cae en mans de poetas cultos, que o someten a reflexións e teñen como obxectivo producir un deleite artístico falamos de épica culta.

2-

Rasgos do xénero épico

A-Participàción dos deuses nas accións humanas

B-Papel dos héroes como representantes do xénero humano

C-Papel do Destino, que somete a deuses e homes

D-Uso dunha linguaxe formularia, con frases feitas e espresións fixas

E-Emprego de comparacións como recurso estilístico


3-

A épica en Grecia e Roma

A-Grecia:

A poesía épica xurdiú como xénero literario no S VIII A de Xto da man de Homero, autor da “Ilíada” (recolle o último ano da guerra de Troia) e a “Odisea” (narra a volta á casa de Odiseo/Ulises).

B-

Roma

O autor máis representativo  do xénero foi Virxilio (70-19 A de Xto), autor da “Eneida”, que reproduce o mito do héroe troiano Eneas. Imita a Homero na forma de escribir. A obra ensalzaba a Roma e Augusto.

LÉXICO


2º Exame

                                                     

Terapia: curar                                              

Pathos: padecemento                                  

Dermos: pel                                                 

Cefale: cabeza                                             

Cromo: cor                                                 

Tecne: arte                                                  

Entradas relacionadas: