Latinizacion dos pobos prerromanos en Galicia

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,52 KB

 

A lingua galega é unha lingua ROMánica xa que deriva principalmente do latín. Sen embargo, ten influencias anteriores do latín, polos pobos que habitaban nela antes dos romanos;
E posteriores, polas invasións ocorridas despois da caída do Imperio Romano. Polo tanto, pódense distinguir tres etapas: substrato, estrato e superestrato.

O substrato son as aportacións lingüísticas anteriores aos romanos. Dentro dela, distínguense dous estratos: os pobos preindoeuropeos e os indoeuropeos.

Os pobos preindoeuropeos influíron principalmente no léxico, cuxa maioría de termos fan referencia a elementos da natureza. Algúns exemplos poden ser palabras con raíz car(r)- (carballo) ou raíz mor- (amorodo), e léxico común, como beira.

Os pobos indoeuropeos, nos que destacaban os celtas,  deixan a súa pegada na fonética, no léxico e na toponimia. Exemplos de procedencia celta son topónimos coa terminación –(o)bre, como cobre, a simplificación –LL- e –NN- (de gallu a galo), o paso de –P-/-T-/-K- a b-/d-/g- (de rota a roda) o so de –CT- a –it- (de nocte a noite) e diferentes termos, como buraco. De procedencia non celta son palabras comúns (páramo), o nome actual de Galicia e xentilicios de sufixo –ego (galego).

O estrato é o compoñente básico da lingua, é dicir, a aportación romana. Iniciouse a latinización, que é o proceso de implantación da lingua latina en todos aqueles pobos que non se falaba. Como os romanos consideraban “bárbaras” todas as linguas que non fosen o latín, os cidadáns tiveron que aprendela, especialmente como requisito para acceder á cidadanía romana. Empezaron os grupos de elite, xa que eran os que tiñan máis contacto cos romanos. Finalmente, toda a poboación tivo que aceptar o latín como a lingua cotiá; como consecuencia disto, as linguas autóctonas (con algunha contada excepción) extinguíronse. Una parte fundamental do proceso de romanización foi a relixión. O latín era empregado para expandir os dogmas da fe cristiá, tanto nos habitantes urbanos como rurais. Casos de evolución do latín ao galego poden ser  PL-, CL-, FLàch (de plorare a chorar), MN- à N-(de personam a persoa), AU- àou- (de aurum a ouro), -MN à n- (de damnare a danar) ou –LT à t (de saltu a souto).

O superestrato é o legado dos pobos posteriores aos romanos. Tras a caída do Imperio Romano (S. V), Galiciafoi invadida polos suevos. Despois, foi anexionado ao reino visigodo; sen embargo, seguía contando con moita autonomía. Esta autonomía durante os tres séculos seguintes favoreceu á creación dunha identidade lingüística, posto que favoreceu tendencias particulares de fala. A pesar desta invasión, os pobos xermánicos non tiveron gran repercusión porque enseguida foron latinizados e integrados ás costumes que deixaron os romanos, e construíron os seus reinos en base ao latín. A influencia xermánica ten tres focos. O primeiro é a toponimia, con terminacións como –ar (Baltar), -mil (Samil), -riz/rís (Ariz), -monde/munde (Rocamonde), -rei/rei (Forcarei), -áns, -ás, -án (Goián) e –ulfe/-ufe/-oufe (Mañufe). O segundo é a antroponimia (Elvira) e o último é o léxico común (branco).

Posteriormente, no 711 chegaron os árabes á Península Ibérica, mais o seu legado no territorio galego chegou de forma indirecta, é dicir, polo latín ou o castelán, dado que os árabes apenas chegaron ao norte da Península. O seu influxo foi no léxico de guerra e da administración (alcalde), construción (almacén),  actividades artesanais e oficios (alfareiro), agricultura (aceite), léxico común (alcume) e na toponimia (Almuíña).


O contexto literario medieval

Esta etapa sitúase no século XIII e a primeira metade do XIV (1200-1350), ocorre o auxe da lírica galego-portuguesa. Este período non é só importante para a cultura galega ou española, senón que é decisivo para toda a cultura medieval europea.

Nesta época Galicia atopábase nunha situación privilexiada, primeiramente a pesar de que dende o ano 711 ate o 1492 os musulmáns ocupan a Península Ibérica, deixan algunhas zonas sen conquistar como é o caso de Galicia. Ademais no reinado de Alfonso II descóbrese o sartego do Apóstolo Santiago, isto da comezo á expansión da cidade de Santiago de Compostela á que sumándolle as peregrinacións e a catedral convértese nun dos núcleos da cristiandade.

En canto ó día a día nos nobres medievais, estes gozaban de moito tempo libre mentres que non ían ás guerras, intentaban encher eses ocos con caza, xustas e torneos, pero cando as condicións climatolóxicas non o permitían, celebraban festas e reunións en pazos e castelos, estas xuntanzas estaban acompañada de espectáculos, aí está o comezo da lírica medieval, comeza o mundo trobadoresco.

Nesas festas cantábanse cantigas acompañadas por instrumentos e danzas, os protagonistas eran o trobador, o segrel, o xograr, o menestrel e as soldadeiras: o trobador era un nobre que compoñía as cantigas no seu tempo libre pero non as cantaba, o segreis apareceron despois e eran poetas que non pertencían á nobreza pero compoñían e os xograres interpretaban o que compoñían os trobadores (só os deixaban entrar en palacio polos seus dons musicais), posteriormente comezaron a compoñer as súas propias cantigas reclamando a calidade de trobadores, o menestrel tocaba instrumentos de acompañamento e as soldadeiras bailaban.

Hoxe en día chegaron a nós 1679 cantigas compostas por 161 trobadores e xograres, coñecémolas gracias aos cancioneiros, manuscritos que recollen as cantigas transmitidas daquela oralmente, os máis destacados son os seguintes: O Cancioneiro da Ajuda (está en Lisboa, é do século XIII ou comezos do XIV e contén 310 cantigas de 38 poetas), o Cancioneiro da Vaticana (tamén en Lisboa, copiado en Italia dun orixinal perdido, é o mais grande: contén 1700 composicións), o Cancioneiro da Vaticana (atópase en Italia, é outra copia e contén 1200 cantigas), o Pergamiño Vindel (está en Nova York e contén sete cantigas de Martín Códax, seis delas coa súa transcrición musical) e o Pergamiño Sharrer (tamén contén a letra de sete e a musica de seis cantigas, estas do rei D.Dinís de Portugal).

Entradas relacionadas: