k
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 9,86 KB
En 1700 o rei
Filipe V de Borbón recibiu a coroa de España. Naqueles momentos estaba formada por un conglomerado
De reinos, cada un dos cales tiña leis, foros e institucións diferentes. Na península o poder do rei era forte na Coroa de
Castela, pero estaba suxeito a fortes limitacións na Coroa de Aragón.
Os Decretos de Nova Planta* forman parte do programa de reformas políticas e administrativas, inspiradas no
Modelo político francés, que o rei Filipe V introduciu desde o inicio do seu reinado co obxectivo de establecer maior
Grao de centralización do poder político e a unificación lexislativa e institucional no reino de España. Trátase dun
Conxunto de decretos asinados polo monarca durante a Guerra de Sucesión mediante os que quedaban abolidos os
Privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón, considerados como rebeldes por tomar partido por Carlos de Austria
Na Guerra. Filipe V, apoiado na forza militar das súas tropas e a medida que ía recuperando territorios, aboliu os
Privilexios de Aragón e Valencia (1707), Mallorca (1715), e Cataluña (1716), impoñendo as leis de Castela.
Os efectos dos Decretos de Nova Planta. Pola aplicación dos Decretos, os reinos da Coroa de Aragón perderon a súa
Autonomía política e institucional, sendo sometidos aos modelos casteláns. As súas institucións particulares (Cortes,
Deputacións, Consellos, Generalitat) foron suprimidas, os vicerreis foron substituídos por capitáns xenerais,
Rebaixando así as súas atribucións, os concellos foron sometidos á autoridade dos corrixidores e introducíronse os
Intendentes. Os seus tribunais xudiciais foron modificados mediante a creación de Audiencias en Zaragoza, Valencia,
Mallorca e Barcelona a imitación das de Castela; e o dereito público que se vai a aplicar sería o de Castela (aínda que
Permanece o civil catalán). Ademais, o castelán substituíu ao catalán como lingua na Administración. Ao perder a
Súas Cortes e institucións perden tamén a capacidade que tiñan de limitar as exixencias do rei para cobrar novos
Tributos, quedando sometidos á lexislación tributaria castelá; así mesmo impónselles as quintas para o recrutamento
De soldados, servizo do que estaban exentos.
No terreo económico en cambio saen favorecidos pois as aduanas interiores que existían entre os distintos reinos da
Coroa de Aragón e Castela foron suprimidas; deste xeito os comerciantes cataláns poderán iniciar no século XVIII a
Súa expansión pola península contribuíndo ao despegue económico de Cataluña.
Con estas medidas incrementouse o centralismo borbónico, cunha maior uniformización dos territorios, aínda que
Subsistiron numerosos particularismos políticos e xurisdicionais, caso de Navarra e as provincias vascas que
Mantiveron os seus privilexios forais e os seus réximes especiais en gran parte polo apoio prestado á causa borbónica
Durante a Guerra de Sucesión
- Bandos en conflito. En 1701, formouse unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que Logo se uniron Prusia, Portugal, Savoia e a maioría dos príncipes alemáns e italianos. Uns trataban de evitar a Hexemonía borbónica e defender a candidatura ao trono de España do arquiduque Carlos de Austria; outros Buscaban a división das posesións españolas e obter vantaxes no seu comercio colonial. A guerra foi tanto un conflito internacional como un conflito interno dentro da monarquía española. Os territorios da Coroa de Castela (incluídas as provincias vascas e o reino de Navarra) apoiaron a Filipe V. En cambio, os territorios da Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares), despois de recoñecer a Filipe V, apostaron polo arquiduque Carlos de Austria, temerosos ante a política centralizadora que representaba a monarquía borbónica e partidarios da Antiga monarquía pactista dos Habsburgo. O enfrontamento estendeuse por toda Europa con vitorias e derrotas para os dous bandos, pero o inicio das Conversacións para lograr a paz foi o cambio de posición das potencias europeas aliadas cando, pola morte do Emperador austríaco en 1711, o arquiduque Carlos convertíase no herdeiro do Imperio. O perigo dunha hexemonía de Austria se Carlos obtiña, ademais, a Coroa española, era tan perigoso como a unión entre Francia e España. Paz de Utrecht*. Asinouse nos Tratados de Utrecht (1713) e de Rastadt (1714) nos que, co obxectivo de manter o Equilibrio europeo, estableceuse: o recoñecemento de Filipe V de Borbón como rei de España, pero a cambio tivo que Renunciar á Coroa de Francia e entregar os Países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña ao emperador de Austria, Sicilia ao rei de Piemonte, a colonia de Sacramento a Portugal, e Xibraltar e Menorca a Gran Bretaña que ademais Obtiña importantes concesións comerciais (un navío de permiso para comerciar coa América hispánica e o asento de Negros). A pesar de asinarse a paz internacional, a guerra continuou en España; as tropas de Filipe V conquistaron Barcelona o 11 de setembro de 1714 e Mallorca e Eivisa en 1715, concluíndo así o conflito.