Introduccion a nova narrativa galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,31 KB

 

A NARRATIVA DOS ANOS SESENTA

Nos anos sesenta a narrativa galega tivo un gran desenvolvemento mediante a aparición de tres grandes grupos de escritores:

  • Escritores xa consolidados da época anterior, que continúan publicando una importante produción narrativa: Cunqueiro, Blanco Amor e Fole.

  • Escritores que elaboran unha narrativa de tema realista, centrada na situación de Galicia e na emigración, como
    Xosé Neira Vilas.

  • Escritores que intentan renovar o panorama narrativo do deu tempo, formando a Nova Narrativa Galega.

XOSÉ NEIRA VILAS

Naceu no 1929 nunha familia labrega e pasa a súa infancia e adolescencia no mundo rural, que recreará nas súas obras.
En 1949 emigra a Arxentina, onde participa nos centro de colectivización galega e na creación das Mocidades Galeguistas. Xuntoa súa muller, Anasia Miranda (escritora cubana) funda a editorial Follas Novas. No 1961 transládase a Cuba onde remata a súa formación tras estudar Filosofía e Letras e desenvolve unha gran actividade no mundo cultural. Desde 1972 viaxa con frecuencia a Galicia, onde se instala definitivamente en 1999, continuando un intenso labor cultural.

Obra

  • Narrativa: podémola clasificar dende dous puntos de vista: o espazo no que se sitúan as historias (Galicia/América), segundo os seus protagonistas (Infantil/Adulto). Os temas principais son:

  • Galicia rural: nuns casos cun protagonista infantil ou adolescente (“Cartas dun neno labrego”, “Cartas a Lelo”…) e noutros cun protagonista adulto (“A muller de ferro”, “Querido Tomás”). En todas elas fai un retrato da Galicia campesiña da posguerra, dominada pola miseria, a opresión…

  • Galicia emigrante (“Camiño bretemoso”, “Historias de emigrantes”…). Nestas obras representa a vida dos emigrantes galegos en América, os problemas da adaptación ó mundo urbano, o illamento…

“Memorias dun neno labrego” conta desde a óptica dun neno protagonista, Balbino, a vida dun rapaz nunha ladea do interior de Galicia, as súas inquedanzas e frustracións. É un dos libros máis lidos da literatura galega e un dos máis traducidos.

NOVA NARRATIVA GALEGA:

Baixo a denominación de Nova Narrativa Galega (NNG), reúnense un grupo de escritores que publicaron as súas obras a finais da década dos 50 e na década dos 60 e que mediante a introdución de novas técnicas e temáticas revitalizaron e renovaron o xénero narrativo. Inspiráronse nas obras de escritores americanos e europeos que revolucionaron a literatura do século XX como Kafka, Joyce…incorporando nas súas obras as innovacións presentes nas obras destes. As principais novidades son:

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinados, desorientados, violentos…normalmente sumidos nun estado patolóxico.

  • O mundo do subconsciente tomado pola psicanálise de Freud.

  • Ambientes urbanos, claustrófobos e sórdidos.

  • Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos.

  • Alteración dos planos temporais.

  • Pluralidade de voces narrativas.

  • Predominio do monólogo interior, que intenta reproducir os pensamentos tal e como brotarían na mente do personaxe.

XOSÉ Luis MÉNDEZ FERRÍN

Naceu en Ourense no 1938. Estudou Filosofía e Letras e Filoloxía ROMánica en Santiago e Madrid. Reside en Vigo e compaxina o seu labor literario co docente e coa súa actividade política e sindical.Foi un dos fundadores da Unión do Pobo Galego en 1965 xunto con Celso Emilio.Posteriormente, participou na creación da organización independentista Galicia Ceibe.

Obra

Dende o punto de vista literario, Méndez Ferrín é un dos escritores fundamentais da literatura galega.

  • Narrativa: a súa obra narrativa inclúe contos e novelas. As súas primeiras obras encádranse dentro na NNG e nelas aprécianse a influencia da literatura americana e europea. Están protagonizadas por personaxes antihéroes que se moven nun ambiente sórdido. A narrativa de Ferrín xira en torno a tres eixes temáticos:

  • Temática fantástica: recreación de personaxes e ambientes da materia de Bretaña e das lendas artúricas

  • A exploración do absurdo da existencia humana, a angustia, a violencia…

  • O mundo mítico creado polo escritor: Tagen Ata.

  • É autor dunha peza teatral: “Celtas sen filtro” (1983). Tamén escribiu un estudo sobre a nosa literatura medieval: “O cancionaiero de Pero Meogo (1966) e un ensaio sobre a poesía galega da posguerra: “De Pondal a Novoneyra”

CARLOS CASARES:

Naceu en Ourense no 1941. Tivo unha intensa relación co grupo de Vicente Risco. Transladouse posteriormente a Santiago onde estuda Filosofía e Letras. Nesta cidade entra en contacto co ambiente galeguista. Foi profesor nun instituto de Vigo, actividade que compaxinou coa dirección da editorial Galaxia. No 1995 abandonou a docencia e foi nomeado presidente do Consello da Cultura Galega.

Obra

  • Obra narrativa: é autor de contos e novelas. As súas dúas primeiras obras encádranse dentro da NNG. As tres primeiras son de carácter autobiográfico e sitúanse en distintas etapas da súa vida: infancia, adolescencia, mocidade. As obras restantes ambiéntase nun pasado histórico, como por exemplo “Os mortos daquel verán”, que trata da investigación dunha morte nos inicios da Guerra Civil. A súa última obra “O sol do verán” é unha historia de amor e morte na que Helena, tras p suicidio de Carlos, rememora os veráns compartidos na nenez.

  • Tamén escribiu literatura infantil (“A galiña azul”, “Un polbo xigante”…) e unha peza teatral: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”.

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

A súa obra literaria abrangue todos os xéneros. Destaca a súa implicación no movemento feminista, presente en moitos nos seus ,libros e na revista “Festa da palabra silenciada”, que ela creou co propósito de sacar da escuridade a escritura feminina.

Cultivou o xénero narrativo en obras como “A orella no buraco”(1965), “Amantia”(1984), “Amor de tango”(1992)... A súa obra poética consta de títulos como “Metáfora da metáfora”, “Fóra de min”… Tamén publicou ensaio “Muller en Galicia”, “Recuperemos as mans”… Escribiu, tamén, un guión de cine: “Prisciliano”.





Entradas relacionadas: