Intervención Educativa en Dificultades e Conflitos na Infancia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,66 KB

Intervención educativa ante dificultades e conflitos

Ao longo do desenvolvemento afectivo, o neno ou nena pasa por diferentes etapas e debe adaptarse a unha serie de cambios que vai superando a través de crises e conflitos. Desta forma, vai modelando a súa forma de ser e de relacionarse, forxando a súa personalidade.

Estes cambios poden comportar certas dificultades e sufrimento, pero forman parte do proceso evolutivo polo que teñen que pasar os nenos e nenas. Aínda que en ocasións, cando estes conflitos poidan superar ao neno/a ou á súa familia, é recomendable acudir a unha intervención especializada.

1 Regresión de conduta: Os celos

O tipo de condutas que corresponden a etapas evolutivas anteriores xa superadas constitúen o que se denomina regresión de conduta.

Frecuentemente, estes cambios asócianse aos celos, aínda que poden ter outras causas, como a perda dun familiar, o cambio das relacións familiares, etc.

Os celos prodúcense por algunha circunstancia que comporte unha vivencia de perda da afectividade e a atención recibida naquel momento. Pode ser causa do nacemento dun novo irmán ou dunha enfermidade importante dalgún membro da familia.

Hai que saber que cando un neno ou nena está celoso, é unha criatura que sofre e que está angustiada.

Os celos ante o nacemento dun irmán

É a situación máis frecuente. O pequeno séntese como un neno destronado e, para volver a recuperar a atención dos pais, compórtase como o irmán pequeno, con condutas de nenos máis pequenos. A conduta de celos maniféstase de forma diferente segundo o lugar que ocupe o fillo/a entre os irmáns, se son do mesmo sexo, etc.

As diferentes formas de comportamento que exteriorizan os celos son:

  • A desobediencia.
  • Cambios na alimentación ou no sono.

Estas formas de conduta fano porque así chaman a atención dos coidadores e séntense como se recuperaran a súa identidade e espazo. Os celos encubertos preséntanse cando están moi colaboradores no coidado do irmán e, en aparencia, nada celosos para así ter contentos aos pais; pero cando están sós con el, manifestan condutas celosas e rexeitamento.

O neno/a debe expresar os celos; se se ridiculizan ou son reprimidos, os celos poden chegar a ser patolóxicos. Os irmáns pequenos tamén poden sentilos cara ao irmán maior.

Que facer ante os celos e como previlos?

Cando un neno/a manifesta celos cara a un irmán, é importante que a nai ou o pai sexan capaces de repartir o tempo que dedican a cada un deles e non envorcarse en exceso no recén nado.

Algúns principios que deberíanse ter en conta son:

  • Ensinar a compartir.
  • Facer participar aos maiores nalgúns coidados do pequeno.
  • Non comparalos e educalos na diversidade.

O neno/a debe ir aprendendo que non todas as persoas necesitan os mesmos coidados e que a afectividade non é limitada. Para previr os celos, é importante a preparación da chegada do irmán, tanto desde o fogar como na escola.

Pautas a ter en conta:
  • Que os irmáns se leven entre 2 e 3 anos.
  • A partir do segundo trimestre de embarazo, explicarlle que vai ter un irmán.
  • Se hai que cambialo de habitación, facelo antes do nacemento do novo irmán.
  • Que non coincida a escolaridade co nacemento do novo bebé.
  • Mentres que a nai estea no hospital, non modificar as rutinas diarias do neno/a.
  • A primeira vez que o vexa no hospital, o bebé non debe estar nos brazos da nai.

2 A adaptación ás perdas e aos cambios

Unha perda relativamente trivial é a deshabituación do chupete, mentres que unha complexa é a perda dunha persoa significativa. Tamén a adopción ou a hospitalización prolongada afectan á afectividade dos nenos e nenas.

A deshabituación do chupete

A partir dos 2 anos aconséllase a súa retirada. Dependendo da dependencia que teñan, será máis doado ou complicado. A escola e a familia teñen que actuar de forma coordinada.

A perda de persoas importantes

É unha situación difícil de afrontar. Para os pais é un momento doloroso e ás veces non saben como contalo aos pequenos. Conchita Larrul explica nun conto como dar a noticia aos pequenos tras a morte dun ser querido. É importante que, sempre que sexa posible, se o ser querido está hospitalizado, o neno poida despedirse del.

As educadoras teñen que estar preparadas para as preguntas que lles poidan facer os nenos/as e apoiar á familia nos momentos de enfermidade grave ou duelo. Outro momento crítico pode ser a perda dun irmán por un aborto; o neno/a tamén precisará unha explicación adecuada para poder elaborar o duelo correspondente.

A adopción

Os nenos/as adoptados poden presentar carencias no plano afectivo. Poden mostrarse distantes, irritables, etc. Por este gran cambio, precisan un tempo longo de adaptación tanto para o neno/a como para a familia e a contorna.

As hospitalizacións

As hospitalizacións do neno/a, dun irmán ou dos pais tamén se poden manifestar en forma de cambios nas manifestacións afectivas. Cando o neno/a está hospitalizado pode pasar momentos de medo e angustia, e as familias poden adoptar actitudes sobreprotectoras.

Nestes casos, é moi beneficiosa a colaboración de entidades que se dedican a facer máis fácil a estancia nos hospitais tanto para os nenos como para as familias.

3 Problemas de comportamento cotiáns: As rabietas

As rabietas ou berrinches son moi frecuentes na primeira infancia. Aparecen arredor do ano e os 3 anos, e desaparecen cara aos 4. Son comportamentos coléricos nos que demostran a frustración por non conseguir algo que desexan.

Por que se producen as rabietas?

Cando os nenos/as queren unha cousa inmediatamente e non a conseguen (porque é imposible ou porque os pais non acceden), aparece a pataleta. A orixe da rabieta adoita estar nun conflito entre os desexos de autonomía do neno/a e as limitacións que se lle impoñen.

Tamén hai outros factores para a súa aparición: non durmiu o necesario, ten fame, etc. Este tipo de comportamentos aparecen na idade en que a linguaxe empeza a empregarse pero non é suficiente para expresar as necesidades e os sentimentos. Moitas veces os adultos ceden á chantaxe para acabar coas rabietas, sobre todo se teñen lugar en espazos públicos.

Que se pode facer para evitar as rabietas?

Pautas que nos axudan a evitar a súa aparición ou, polo menos, diminuír a frecuencia:

  • Evitar situacións que poden ser fonte de frustración (fame, sono, etc.).
  • Escola e familia deben compartir normas razonables, claras e coherentes.
  • Ofrecerlle, sempre que se poida, varias opcións.
  • Manter as normas para que o neno/a teña claro onde están os límites; non deben variar en función do humor dos educadores.
  • Non hai que reforzar os comportamentos disruptivos.
  • Hai que ensinarlles a verbalizar os seus sentimentos e expresar a súa frustración e o seu enfado dunha maneira educada.
  • Avisar ao neno/a con tempo cando se cambie unha actividade rutinaria para que se faga á idea.

Pautas de actuación ante as rabietas

Cando aparezan estes comportamentos:

  • Manter a calma: sen gritar nin zarandear á criatura, xa que se o facemos estamos dándolle un modelo incorrecto de resolución de conflitos.
  • Non se debe intentar razoar no mesmo momento, xa que non nos escoitará.
  • Non se debe conceder nese momento o que quería, xa que reforzariamos a súa conduta.
  • Non hai que darlle outra cousa que lle guste para que cale, xa que despois o pediría en cada rabieta.
  • Nas fases iniciais, intentar distraer ao pequeno desviando a súa atención cara a outra actividade resulta eficaz.
  • Se non se controla a rabieta e a situación o permite, pódese adoptar unha actitude de indiferenza e ignorar a súa conduta.
  • Empregar a técnica de tempo fóra, deixándoo só (nunha habitación segura). Calcúlase un minuto por ano de idade.
  • Se pasa nun sitio público, levalo a un sitio tranquilo; se se pon nunha actitude violenta, collelo pero sen falarlle nin mirarlle.
  • Finalizada a rabieta, non castigar nin gritar; darlle afecto e seguridade (sen exceso) e facelo pensar e razoar sobre o que pasou.

Entradas relacionadas: