Indicadores biolóxicos da calidade da auga

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,07 KB

 

A contaminación da auga é a acción e o efecto  de introducir materias ou formas de enerxía ou inducir conducións na auga que de modo directo ou indirecto impliquen unha alteración prexudicial da súa calidade en relación cos usos posteriores ou coa súa función ecolóxica.

Segundo sexa a contaminación distinguimos entre: Puntual, é producida por un foco emisor determinado e afecta a unha zona concreta. Difusa, a súa orixe non esta definida, aparece en zonas amplas e non ten foco emisor concreto.

A contaminación natural consiste na presenza de determinadas substancias na auga sen que interveña a acción humana: partículas sólidas e gases atmosféricos arrastrados polas gotas de chuvia e augas de desxeo.

A contaminación de orixe urbana é o resultado do uso da auga en vivendas, actividades comerciais e de servizos, o que xera augas residuais, que son devoltas ó receptor cunn contido de residuos fecais, refugallos e cun incremento de produtos químicos.

A contaminación de orixe industrial, é unha das que produce maior impacto, pola gran variedade de materias e fontes de enerxía que pode aportar á auga.

Outra fonte de contaminación de orixe antropoxénica son: os vertedoiros de residuos, urbanos, industriais e agrarios; contaminación por restos de combustibles derivados de infraestruturas e do uso do automóbil; fugas de construcións e depósitos de carácter industrial; as mareas negras por vertidos de petróleo.

Hai que ter en conta as características do receptor:
Tipo de receptor, se son augas superficiais ou subterráneas, son máis fáciles de limpar as primeiras xa que as subterráneas están moi protexidas.  Cantidade e calidade do receptor, se é maior o volume e maior a posibilidade de diluír a contaminación. Características dinámicas ou estáticas, danlle maior ou menor poder, de dispersión da contaminación e posibilidade de auto depuración. Características da biocenose, a maior ou menor cantidade de organismos capaces de degradar a materia contaminante.

Segundo ás características da zona onde se localiza o receptor, poden existir diferentes aportes de augas contaminadas que aumentan o grao de contaminación do receptor. En canto ós usos previos da auga do receptor, referidos ó tipo e á cantidade de verquidos que a auga tivo que soportar con anterioridade, así como sistemas de depuración que contribúen a aumentar ou diminuír o grao de contaminación.

       Lixiviado, é o líquido resultante do contacto co lixo, fertilizantes, pesticidas, con augas da chuvia, auga superficial ou subterránea.

       Autodepuración, conxunto de procesos que físicos, químicos e biolóxicos que de modo natural teñen lugar nunha masa de auga para conseguir a destrución de tódolos contaminantes incorporados a ela.

Contaminantes da auga, son todas as substancias químicas, seres vivos ou formas de enerxía que se encontran en proporcións superiores ás normais.

C. Físicos


A temperatura de actividades industriais ou encoros, cun aumento de 5 a 10ºC redúcese a cantidade de osíxeno, desaparición e variación nos ciclos de crecemento de especies e reprodución anormal; as partículas radiactivas de centrais nucleares e residuos radiactivos, acumúlanse nos lodos dos ríos, encoros e fondos oceánicos, e causar algún cancro; os materiais en suspensión, orgánicos e inorgánicos, de augas residuais, erosión do solo e infiltracións incontroladas, cun aumento da turbidez que impide o paso da luz, alteracións nas cadeas tróficas, dificultade na mobilidade e respiración de organismos e modificacións nas propiedades físicas da auga.

C. Químicos


Orgánicos como os carbohidratos e proteínas, graxas animais e aceites, pesticidas, fenois, PCBs procedentes de augas residuais doméstica e industriais, actividades agrícolas e verquidos industriais, provocando olores, variacións da cor e alteracións nas cadeas tróficas. Inorgánicos como alcalinos de augas domésticas e infiltración, augas de suministro, residuais  domesticas e intrusión mariña provocando variacións do pH, salinización, aumento da dureza da auga, os sales, metais pesados, nitróxeno  e compostos nitroxenados, fósforos e derivados, xofre, pH de verquidos industriais agrícolas e gandeiros, descomposición de animais e vexetais, augas residuais, deterxentes en augas domésticas que provocan envellecemento por Hg, bioacumulación nas cadeas tróficas, o Pb produce saturnismo, eutrofización, a inxestación de nitratos é tóxica para humanos, purgantes, acidificación do medio acuático. Gases como o sulfuro de hidroxeno e o metano, de descomposición de augas residuais domésticas e  infiltracións provocando variacións na cor e na sabor. 

C. Biolóxicos, como microorganismos na auga  que teñen como efecto máis importante a produción ou transmisión de enfermidades cando sobrepasan uns valores límites.

Entradas relacionadas: