Historia del sector terciario

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,61 KB

 

Sector Servizos

O sector servizos abrangue todas aquelas actividades que non se consideran agrícolas ou industriais. En España este sector ocupa o mirande número de traballadores. O sector servizos medrou tanto en importancia como en número de persoas que ocupa e como pola riqueza que xera. A distribución amosa grandes desigualdades e desequilibrios, tenden a se concentrar nas zonas con maiores niveles de renda.

Características do sector servizos

O sector terciario abrangue o conxunto de prestacións orientadas a satisfacer as necesidades e demandas da sociedade.
É un sector moi hereroxéneo formado por actividades moi diversas. As características son:

-Actividades intanxibles e inmateriais. O que se ofrece e se valora é a calidade da prestación que se realiza.

-Actividades imposibles de almacenar. Os servizos préstanse cando son necesarios ou requiridos.

-Actividades moi diversas.

-Téndese a diferenciar o terciario clásico do terciario superior ou Cuaternario, sector que reúne as actividades máis cualificadas.

-É un sector que abrangue dende grandes empresas con milleiros de traballadores a pequenos empresarios.

Causas da terciarización

España ten unha economía de servizos. En España vivimos un proceso de terciarización da economía. Características:

-É unha sociedade de consumo na que o aumento do nivel de renda elevou a capacidade de compra e o desenvolvemento do comercio e toda unha serie de servizos destinados á poboación.

-É unha sociedade de benestar na que aumentou a oferta de todo tipo de servizos sociais ofrecidos por institucións públicas ou privadas.

-É unha sociedade de ocio na que aumenta a importancia do turismo e de diversos servizos relacionafls co gozo do tempo libre.

-É unha sociedade capitalista avanzada na que o segtor financieiro e de seguros ocupa un lugar destacado no control dos cartos e o crédito.

-É unha sociedade do coñecemento, en que cobran protagonismo unha serie de servizos avanzados que melloran a calidade e competitividade das empresas, xunto a centros de investigación e centros tecnolóxicos.

-É unha sociedade rede, na que tanto as persoas coma os produtos ou a información, teñen cada vez maior mobilidade, xerando densas redes de fluxos ás que os territorios queren estar conectados o que aumenta a demanda de transportes e telecomunicacións.

-É unha sociedade regulada, a súa complexidade esixe unha administración pública eficaz que xestione o seu funcionamento.

Contrastes na localización dos servizos

A localización do emprego en actividades de servizos mostra importantes diferenzas se se considera o volume total de persoas ocupadas nas diferentes provincias.

Se se considera en cambio a proporción do emprego terciario sobre o total, as diferenzas diminúen, cos valores máis altos en Madrid, o litoral mediterráneo (agás Cataluña) e ámbolos arquipélagos.

Factores:

-Densidade de empresas no territorio

-Relaciónase cos repartición da poboación e o seu nivel de renda, aumentan en territorios con altas densidades e elevado nivel de ingresos.

-Inflúe a presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo.

-Por último, as administración central, autonómica e local distribúense por tódolo territorio.

En resumo, os servizos teñen hoxe unha gran importancia e dinamismo, ata converterse na principal fonte de emprego actual e para o futuro.

Entradas relacionadas: