Guerra de independencia, crise do antigo réxime e revolucuión liberal

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,21 KB

A CRISE DA MONARQ ABSOLUTA (ABDICACIÓNS, OCUPACIÓN NAPOLEÓNICA)


Os efectos da Revolución Francesa, cas súas influencias Ideolóxicas, e o conflito dinástico de 1808 en España abriron un Enfrontamento entre dous modelos políticos ben diferenciados, o Absolutismo e o liberalismo. A invasión napoleónica de 1808 marcou O inicio da revolución liberal española que tivo a súa máxima Expresión nas Cortes de Cádiz na Constitución de 1812.

Nos primeiros anos do século XIX a monarquía de Carlos IV estaba Moi desprestixiada; tanto a parella real como o seu valido, Godoy Foron obxecto de oposición por parte de dúas correntes que Pretendían cambiar o estilo de gobernar, unha nun sentido máis Conservador e outra liberal.

Godoy levara a cabo unha política que lle granxeou moitos e Poderosos inimigos. A desamortización, ca que pretendía Facer fronte á crise financeira ocasionada polas recentes guerras co Reino Unido e Francia, traduciuse na expropiación de bens da Igrexa E a súa venda en poxa pública. Esta medida non solucionou os Problemas financeiros da Coroa española, pero provocou desafecto Entre a institución eclesiástica e o valido.

Por outra banda, tras un período inicial de hostilidade cara á República francesa, manifestada na Guerra dos Pireneos, a política Exterior española queda supeditada aos intereses franceses trala Sinatura da Paz de Basilea e posteriormente do Tratado de San Ildefonso.
Esta alianza resultou prexudicial Para os españois que sufriron graves perdas navais ante os Británicos na batalla de Trafalgar. Un novo Tratado, o de Fontainebleau, permite a entrada de tropas francesas en España Para ocupar Portugal, (nación aliada de Inglaterra que se nega a Aceptar o bloqueo continental decretado polo emperador francés Napoleón). Godoy, secretario de Estado de Carlos IV, autorizou o Paso por España das tropas francesas acordando o mutuo reparto de Portugal, das súas colonias e a creación dun reinado dos Algarves Para o ministro español.

Esta política errática e o rexeitamento que en boa parte da Corte producía o seu rápido ascenso malia ser de orixe fidalga, Provocaron a creación dun partido antigodoyista ou fernandino, (integrado por partidarios do príncipe). A conspiración para Substituír a Carlos IV polo seu fillo Fernando fracasou nun primeiro Intento, A Conxura do Escorial, pero tivo éxito á segunda, o Motín de Aranxuez.

A partir de 1808 comezou o malestar popular debido á entrada e Presenza das tropas francesas. Cando Godoy comprende que a ocupación De Portugal implica tamén a de España decide trasladar á familia Real a América como xa o fixera a coroa portuguesa (en Brasil). Isto Provocou que, en Marzo de 1808, tivera lugar o Motín de Aranxuez Onde grupos de alborotadores co apoio de gardas e grupos de nobres Defensores de Fernando VII asaltaron o pazo real e obrigaron a Carlos IV a abdicar no nome do seu fillo, proclamandoo rei de España.

Tras estes sucesos, Carlos IV pediu axuda a Napoleón, que coa Excusa de mediar nas disputas familiares reuniu a Carlos IV e Fernando VII en Baiona (Francia), logrando que Fernando VII devolvera O trono ao seu pai quen a súa vez entrega os dereitos dinásticos a Napoleón o cal llos entrega ao seu irmán Xosé Bonaparte (Xose I), Nomeado polo tanto rei de España. Son as coñecidas como "Abdicacións de Baiona". Con esto as intencións de Napoleón quedan definitivamente claras, coloca no trono do país Veciño un monarca da súa familia para convertelo nun reino Satélite. Práctica habitual, nepotismo, en el nos Territorios que conquista. A cambio, ambos foron recompensados con Posesións, rendas e privilexios en Francia

A Tensión entre o pobo español e as tropas francesas medra coa saída Dos Borbons cara Francia. Os madrileños levántanse contra os Soldados o 2 de maio de 1808 dando comezo á Guerra da Independencia.
O xeneral Murat, ao mando do exército francés, Reprime con dureza o levantamento popular, producíndo centos de Mortes. Pero as medidas represivas non frearon a extensión da Sublevación por todo o territorio español.

A chegada da nova dinastía de Xosé I trae o intento de instaurar Un sistema de goberno baseado nos principios do liberalismo político, Cun marcado carácter autoritario. Redactase, por parte de ilustrados Españois, seguindo as directrices de Napoleón, o Estatuto de Baiona, unha carta outorgada na que se conxuga a tradición Española con reformas de carácter liberal. Os que apoian ao novo Monarca son minoría, (afrancesados) e a súa postura explicase ou Ben porque pensaban que o novo goberno era a única vía para acadar A renovación e o cambio en España ou por ver neste colaboracionismo Unha forma de ascender socialmente.

A actitude máis habitual foi a "patriótica”, (resistir ao Invasor). A resistencia organizouse dende as Xuntas. Para conseguir Unha maior coordinación, as xuntas provinciais formaron a Xunta Suprema Central de España e Indias que exerceu o goberno de España. Neste movemento participaron elementos de orixe popular como Cargos do Antigo Réxime. Dirixiron a defensa fronte aos franceses Sobre todo nas cidades. Nestas Xuntas percibese a dualidade entre os Liberais e os absolutistas. Ambos coinciden na necesidade de expulsar Aos franceses pero os liberais viron a oportunidade para reformar a Monarquía e derrubar o Antigo Réxime, e os absolutistas desexan a Volta dos Borbóns nun reino baixo os mesmos principios da vella Orde. A pugna entre estes aliados forzosos foi especialmente clara Nas Cortes de Cádiz, convocadas pola rexencia que substituira á Xunta Central. Artelláronse nunha única cámara que asumiu a Soberanía nacional e eleborou unha constitución.

Mentres os deputados deliberaban en Cádiz a guerra seguía o seu Curso. A chegada de Napoleón á España despois da derrota das súas Tropas na batalla de Bailén fai que sos franceses recuperen o Terreo perdido. Sen embargo malia ocupar case todo o territorio a Acción dos exércitos británicos, agora aliados dos españois, Desembarcados na Península ao mando do Duque de Wellington e a da guerrilla, resistencia popular xurdida espontaneamente e que Golpeaba ás tropas francesas mediante partidas de diferentes Tamaños, xunto aos problemas do emperador francés na súa campaña En Rusia, obrigano a retirar tropas de España para atender as outras Frontes, acaba inclinando a balanza do lado español e obriga a Napoleón a poñer fin á guerra de España asinando con Fernando VII O Tratado de Valençay a finais de 1813, polo cal lle devolve O trono e "O Desexado" pode volver o seu reino.

Os afrancesados, deben exiliarse tras a dura persecución á que Foron sometidos.


Entradas relacionadas: