O goberno de azña e as grandes reformas republicanas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 16,94 KB

 

A II REPÚBLICA

No 1930, Primo de Rivera foi sustituído por Berenguer, o cal Foi sustituído por Aznar, que convocou eleccións para o 12 de Abril de 1931. O 12, os republicanos gañan as eleccións mediante sufraxio universal masculino. O 14 proclámase en Eibar a II República, e ao longo do día fóronse sumando Consellos, o cal provocou que Afonso XIII renunciase ao trono, e os asinantes Do Pacto de San Sebastián formasen gobernó provisional. Este gobernó adoptou Medidas como a amnistía para os presos políticos, liberdade sindical e Política, protección aos campesiños sin terras, etc. Proclamáronse eleccións Xerais que foron gañadas polo Republicano Alcalá-Zamora. A constitución de 1931 Foi aprobada en decembro do 31, na cal se establecía ; un estado integral, que Posibilitaba os estatutos;unha separación de poderes na que o poder lexislativo Residía nas cortes; unha ampla declaración de dereitos e liberdades con Igualdade entre xéneros; sufraxio universal a partir dos 23 anos; a laicidade Do Estado e o non mantemento da Igrexa. Varios sectores estaban descontentos, a Igrexa perdía poder e aos terratenentes podíaselle expropiar. Estas reformas Produciron fendas nos republicanos e os moderados abandonaron o goberno, e Alcalá Zamora deixou a presidencia, que foi collida por Manuel Azaña

Partidos na república: Nas Esquerdas, destacaron a nivel nacional partidos republicanos coma Acción Republicana, que contaba con Manuel Azaña, e o Partido Radical-Socialista; Mentres que a nivel autonómico destacaban Esquerra Republicana de Catalunya, Encabezada por Francesc Macià, e a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA).No ámbito obreiro destacaron partidos coma o PSOE, o PCE stalinista e o POUM troskista; así coma os sindicatos UGT, no que tivo gran importancia Francisco Largo Caballero, e CNT.Nas dereitas destacaron partidos republicanos Coma o Partido Radical de Alejandro Lerroux e a CEDA de Gil Robles, os Autonomistas Lliga Regionalista de Francesc Cambó e o PNV vasco, e partidos Antirrepublicanos coma a Comunión Tradicionalista Carlista, as JONS e a Fanlange Española.

BIENIO DE ESQUERDAS OU REFORMISTA(1931-1933) O gobernó Encabezado por Manuel Azaña, iniciou unha serie de reformas para a Modernización e a democratización do país. No tocante a relixión xa se Establecia a separación Igrexa Estado. Tras esta constitución aprobase a Lei de Congregacións, que fixa un máximo de posesións relixiosas, e búscase afastar a Igrexa da educación. Todo esto provocou graves enfrontamentos, que derivou a Expulsión dos xesuítas, e xurdiron grupos anticlericais. No referente ao Exército sabíase que había antirepublicanos, e Manuel Azaña para solucionar Esto impulsou a Lei de Retiro de Oficialidade, prohibiuse a prensa militar, Pechouse a academia militar de Zaragoza, buscouse a modernización dos bens do Exército e creouse a Garda de Asalto.

No campo, había moitos xornaleiros en situación de Precariedade. Na constit.De 1931 permitese expropiar bens se eran considerados De utilidade pública, eo goberno utilizou esto para repartir terras. Esta Reforma supuxo un problema doble; os propietarios opuxéronse radicalmente, e os Campesinos querían un proceso rápido, e como esto non podía ser decidiron Movilizarse, liderados pola CNT, as cales non eran legais e a Republica botou Man das forzas públicas. No referente a política autonómica, tívose que facer Un encaixe das reivindicacións territoriais de rexións como Cataluña e País Vasco, pois o mesmo día que se proclama a república, proclamase tamen a Republica catalá. En 1932 aprobase o estatuto de autonomía de Cataluña, o cal a Pesar de ter sofrido recortes con respecto ao Estatuto de Nuria de 1931, tivo Certa vantaxe á hora de ser aprobado pola coincidencia ideolóxica de Goberno e Generalitat. Isto non aconteceu no caso vasco, xa que o PNV, elaborou un Proxecto de estatuto que o gobernó considerou moi conservador e Tradicionalista, e as negociacións paralizáronse ata 1936.

No plano educativo, buscouse unha educación laica, publica Gratuita e mixta. Así, creáronse numerosas escolas, sobretodo no ámbito rural, E moitas prazas para profesores. Tamén se fomentaron as misions pedagoxicas, Que eran grupos de voluntarios que buscaban achegar a cultura as zonas máis Atrasadas.

Esto orixinou problemas do bienio de esquerdas. Por unha Banda, a dereita mostrou unha forte resistenca ao proceso reformista, e a Esquerda obreira parecíalle lentas as reformas e insuficientes. A república Orixinou desconfianza entre o empresariado industral e os grandes propietarios Agrícolas e o investimento privado tivo un gran afundimento.  A deteriorización da economía fixo aumentar os Conflictos sociais e as folgas. O conflicto alcanzou o seu punto alxido a Partir de 1933, cando a CNT se sumou os sectores radicais da UGT, a través da Federación de Trabajadores de la Tierra, o que significou un incremento da Violencia política e as forzas policiais asañáronse na represión. En setembro, Alcalá Zamora nomea presidente a Diego Martínez, presidente dun novo gabinete Ca finalidade de disolver o parlamento.

BIENIO CONSERVADOR

As eleccións de 1933 convocadas Por Alcalá Zamora, as primeiras da historia de España nas que puideron votar as Mulleres, foron gañadas polas dereitas, pois as esquerdas non lograron acadar Ningún acordo e presentáronse separadas, e ademais a CNT promovera a Abstención, que fora secundada polas clases populares.

         Os Dous partidos máis votados foron a CEDA de Gil Robles e o Partido Radical de Alejandro Lerroux, ao cal Alcalá Zamora pediulle que formase goberno, posto que Consideraba á CEDA como demasiado conservadora. Lerroux aceptou tal petición e, Inda que estaba en minoría, conseguiu o apoio da CEDA e puido formar un novo Goberno, no que só había ministros do seu partido.Este novo goberno paralizou Case todas as reformas, enfrontándose ás clases populares e aos partidos de Esquerdas, o que provocou a súa radicalización.Un dos maiores enfrontamentos Produciuse coa Generalitat. Esta aprobara a Lei de Contratos de Cultivos, que Permitía aos arrendatarios acceder á propiedade das terras pagando aos Propietarios un prezo taxado. Ante isto, os propietarios buscaron a axuda do Goberno a través da Lliga Regionalista, e este actuou enviando a lei ao Tribunal de Garantías Constitucionais, que a declarou coma inconstitucional e Anulou os seus efectos. Porén, isto non foi aceptado pola Generalitat, que creo Unha nova lei practicamente idéntica, deixando o conflito nun punto crítico.Ademais, O Goberno concedeu a amnistía aos presos do Golpe de Estado dado 32, o cal Agravou aínda máis a radicalización das esquerdas. Ante tal radicalización, a CEDA pediulle a Lerroux entrar no Goberno, e este tivo que ceder, dándolles Tres ministerios; e os partidos de esquerdas interpretaron isto coma a entrada Do fascismo no Goberno.

REVOLUCION1934

En outubro do 34 convocouse unha Folga xeral por parte da UXT, a cal non foi grandemente apoiada pola CNT, máis A sección asturiana deste sindicato si a secundou con gran forza, e grazas a Isto os obreiros (principalmente mineiros) deron controlado gran parte de Asturias. Ante isto, o goberno mandou á Lexión, encabezada polo xeneral Francisco Franco, e tras tomar o control da situación realizouse unha forte Represión, que rematou con máis de mil mortos.En Cataluña isto tivo unha Vertente máis política: Lluís Companys, Presidente da Generalitat, proclamou a República Catalá; e en consecuencia o exército tamén actuou en Cataluña. Coma Resultado, todo o Goberno catalá foi encarcerado no Castelo de Monjuit, Aboliuse o Estatuto de Autonomía Catalá e tamén foi abolida a Lei de Cultivos.En 1935 o Goberno realizou un proxecto de Constitución para eliminar os avances Establecidos nela, coma os Estatutos e o divorcio. Porén, apareceu un caso de Corrupción que salpicou a importantes cargos do Partido Radical, o caso do Estraperlo, o cal ilexitimaba a este partido para gobernar. Gil Robles intentou Que fose a CEDA a que tomase o control do goberno, máis Alcalá Zamora negouse e Convocou eleccións para febreiro do 36.

O FRENTE POPULAR E O GOLPE DE ESTADO

Para as eleccións de febreiro , as Esquerdas presentáronse baixo o denominado FRENTE POPULAR. Nestas eleccións a CNT non chamou a ábstención como fixera nas anteriores, e as dereitas non Lograron formar un bloque tan homoxéneo como o FRENTE POPULAR, e polo tanto as Eleccións forn gañadas polo frente. Tras esta victoria, os partidos formaron un Novo goberno, con Santiago Casares á cabeza ,e Manuel Azaña como presidente da República. O goberno empezou a aplicar o programa; amnistía para os detidos en Folgas, obrigando aos empresarios a readmitir aos obreiros que despediran por secundar A folga, restablecendo o goberno de Cataluña, negociando con Galicia e País Vasco os seus estatutos. A UXT e a CNT movilizaron aos obreiros para aumentar As reformas e aceleralas, e na outra banda, Igrexa, dereitas e empresarios Realizaron unha forte oposición. Todo isto derivou nun clima social de gran Violencia, por parte da Falange e da JONS, que eran contestadas por forzas Obreiras, e novamente por dereitas, e créabase unha espiral de violencia.

Plantexouse un Golpe de Estado que Foi aplazado, e a república coñeceu estas intencións, e mandou ao líder dos Golpistas Mola, a Navarra e a Franco ás Canarias. Os golpistas foron gañando Apoios tanto no exterior como no interior. E en resposta ao asesinato do Teniente Castillo, da Garda de Asalto republicana, as esquerdas asasinaron a Calvo Sotelo, e tres días despois deuse o Golpe de Estado. A intención era que A sublevación triunfase, máis non foi así e comezou a Guerra Civil que duraría Tres anos.

A Guerra Civil

O pronunciamiento iniciouse en Melilla, polo coronel Yagüe. A súa vez Franco fixo o mesmo en Canarias o 18, E  tomou o mando do exército en áfrica. Os levantamentos triunfaron en zonas como Castela e León, Galicia.. Pero Fracasaron en Cataluña, C.Valensiana, no cantábrico,etc pero sobre todo no capital.

O pronunciamiento militar non Triunfou,aínda que non foi totalmente sofocado. O goberno da república tardou En reaccionar e perderon un tempo vital. Porén Quiroga dimite a Azaña e nomeou A Giral presidente do goberno, o cal tomou a súa primeira medida que era a Entrega de armas aos sindicatos e partidos do frente popular. Deste xeito, a República mantiña o seu dominio sobre os principais centros industriais, Dominaba as zonas de agricultura e de exportacion,dispoñia da maioría da frota E da aviación e das reservas do banco de España. Pero os sublevados conseguiron Establecer nos ultimos días de Xullo e primeiros de Agosto unha ponte aérea Entre Tetuan e Sevilla. Tratábanse de avións italianos e alemáns, os dous Estados fascistas máis importantes de Europa.

O BANDO REPUBLICANO

A zona que permaneceu sendo fiel a República continuou sendo dirixida polo goberno republicano. O goberno decretou A disolución do exército tradicional e a creación de batallons de voluntarios. No verán de 1936, o poder do estado sufriu unha caida case total e foi Substituido por organismos dispostos a impoñer unha nova orde revolucionaria. Nestos primeiros meses realizouse unha colectivización de industrias, medios de Transporte e outros sectores de importancia. Ademáis levouse a cabo unha forte Represion contra a Igrexa, propietarios agrícolas, burguesía industrial, Politicos de dereita, etc. Debido ao avance dos sublevados, Giral foi Sustituido por Largo Caballero, que propuxo un goberno de unidade formado por Partidos republicanos. Con isto pretendiase plantar cara aos sublevados, pero Había diferenzas e enfrontamentos dentro do mismo goberno. O caso máis grave desta División foi cando a CNT e o POUM, se negaron a entregarlle o edificio de Telefonica á Generalitat, o que produciu un enfrontamento. Ante esta situación Caballero dimite e Negrín pasou a ser presidente.Entre as primeiras medidas, Salienta que ilegalizou ao POUM, o cal foi ordenado desde Moscú, eo seu lider Foi asesinado por soviéticos. En maio de 1937 a república translada o goberno a Valencia, onde intenta negociar con Franco, pero este só quería a rendición Incondicional. A esperanza da república era que empezara a II Guerra, posto que A internacionalización do conflicto traería a desaparición do Comité de Non Intervención. Pero faltaban moitos alimentos e productos básicos, e entre a Poboación extendíase o cansazo da guerra. A perda de Cataluña e o exilio dos gobernos Da República, demostraron que a República chegara ao seu fin.

ZONA SUBLEVADA

Quenes mandaban dende o primeiro Momento foron os militares . Nun comenzo o líder iba ser o general Sanjurjo, Pero este morreu. Catro días despois da súa morte formouse a Xunta de Defensa Nacional, que estaba dirixido por Cabanellas. As primeiras medidas foron a Prohibición de partidos políticos, a abolición da Constitución de 1931 e das Reformas da República. Para dirixir a guerra foi gañando máis adeptos o nome de Franco, posto que tiña experiencia e traxectoria, e era interlocutor con Italia E Alemaña. O 1 Octubre do 1936 foi nomeado Xeneralísimo dos tres exércitos e Presidente da Xunta de Defensa Nacional, que pasou a ser Xunta Técnica. En Abril de 1937, aprobou o decreto de unificación, unindo aos partidos e creando Falange Española y de la JONS. En definitiva, Franco acumulaba todos os poderes Na súa persoa. Como resultado desto, xurdiu nos sublevados o franquismo, rexime Ultracatólico con tintes fascistas. En Marzo do 1938 aprobouse a primeira Lei Fundamentla, o Foro de Traballo, inspirada no fascismo italiano.Ademáis deuse Unha institucionalización da represión en forma de penas de morte.

DESENVOLVEMENTO DA GUERRA

Despois de cruzar o estreito, as Tropas sublevadas provintes de África avanzaron ata Madrid para tomar a Capital, símbolo do poder republicano. En Agosto, coa toma de Badaxoz, lograron Establecer unha franxa coa zona do norte, e ao mes seguinte Franco tomou Toledo; co que en outubro xa estaba ás portas de Madrid. Ante tal situación, o Goberno republicano trasladouse a Valencia, mais os sublevados non lograron Conquistar Madrid debido á acción das milicias, que crearon consignas como o “Non pasarán”. Fracasado o intento de entrar na capital, os sublevados Decidiron realizar varias maniobras envolventes para illar á capital, mais as derrotas Nas batallas do Xarama e de Guadalaxara impediron que acadasen o seu obxectivo.Ante As dificultades para tomar Madrid, Franco decidiu centrar os seus esforzos na Zona norte, posto que Asturias, Cantabria e País Vasco quedaran en mans republicanas, E estas eran zonas de gran importancia económica. Esta invasión comezou co Ataque do xeneral Mola a Biscaia, e tivo gran importancia o bombardeo de Gernika por parte a aviación nazi, no que foi o primeiro bombardeo aéreo da Historia. En xullo caeu Bilbao e, pese aos intentos da República, realizando Ataques pola zona de Madrid para aliviar a presión, a finais de outubro a zona Norte xa estaba en mans dos sublevados.A final do 37, os republicanos aínda Confiaban na vitoria, e para iso realizaron unha reforma do exército e diversas Ofensivas, destacando a que lles permitiu controlar Teruel. Porén, o exército Sublevado, encabezado por Franco, levou a cabo a campaña de Aragón, Reconquistando Teruel e avanzando ata o Mediterráneo. Deste xeito, a zona Republicana quedara dividida en dúas partes. Para contrarrestar isto, Aproveitando que Franco continuara cara o sur en vez de conquistar Cataluña, os Republicanos reorganizaron as súas forzas e realizaron un gran ataque sobre o Río Ebro, buscando volver a unir a zona republicana; e deste xeito deu comezo a Batalla do Ebro. Os sublevados responderon a este ataque con gran forza, e Conseguiron deter o avance das tropas republicanas. A continuación Reconquistaron todo o terreo, tomando prazas tan importantes coma Gandesa, ata Que a comezos do 38 entraron na cidade de Barcelona, provocando unha gran marea De exiliados cara a Francia.A comezos do 39 á Republica só lle quedaba a zona Centro, e a comezos de Marzo produciuse en Madrid unha sublevación a mans do Coronel Segismundo Casado, responsable da defensa da cidade. Tras controlar a Cidade, buscou a negociación con Franco, pero este só admitiu unha rendición Incondicional; e o 28 de Marzo de 1939 Franco entrou na capital. Os días Seguintes as tropas sublevadas conquistaron o resto do territorio republicano, E o 1 de Abril Franco deu por rematada a guerra.


Entradas relacionadas: