Galicia en el primer tercio del século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,78 KB

 

TEMA 4 O GALEGO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX: CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA
No século
XX foise consolidando o proceso De normalización do galego, promovido desde certos sectores da sociedade con Sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de Uso que ata entón lle estaban vedados e a súa consideración pública foi Mellorando lentamente pero, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización Social, favorecido polos medios de comunicación e a escolarización case Exclusivamente en castelán ata datas moi recentes, que provocou un descenso Considerable no número de falantes, poñendo en perigo a supervivencia da nosa lingua.
Podemos distinguir tres etapas na evolución do galego ao longo do Século XX: a etapa de preguerra (1900-1936), a de posguerra (1936-1975) e a dos Anos finais do século XX (1975-2000). Neste tema, centrarémonos na primeira Delas. Durante os anos da preguerra o galego continúa a ser a lingua de Comunicación oral da grande maioría da poboación. A pesar disto, perde falantes Debido ao fenómeno de desprazamento poboacional cara ás vilas e cidades. O Desarraigo territorial trae consigo o abandono lingüístico. Medra tamén a difusión De estereotipos negativos. En ámbitos de uso formais, fundamentalmente na Igrexa e no ensino, o castelán era de uso exclusivo. Aínda así, continuou o Labor dignificador da noso idioma iniciado na época do Rexurdimento. Cómpre Destacar, neste sentido, o papel das Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que contribuíron a superar os atrancos cos que se Atopaba a cultura galega da época. A creación das Irmandades da Fala, que foron Aparecendo nas principais vilas e cidades do país, foi un acontecemento Decisivo, porque estas asociacións tiñan como obxectivo fundamental a defensa, Difusión e emprego do galego, que comeza a utilizarse de xeito sistemático en Todo tipo de escritos e a proliferar en actos públicos como mitins e conferencias. Tamén foi importante o traballo da Xeración Nós, porque os escritores deste Grupo conseguiron consolidar a nosa lingua en todos os xéneros literarios, e o Do Seminario de Estudos Galegos, que puxo de manifesto a preocupación dun Sector do mundo universitario por Galicia, que pasou a ser obxecto de Investigación como fenómeno histórico, social, cultural e político. En xeral, Podemos dicir que esta foi unha etapa positiva para o noso idioma. Entre os Feitos máis salientables deste período podemos destacar a creación da Real Academia Galega (1906), un vello soño dos intelectuais do século XIX, mais Tamén a aparición de numerosas publicacións, a creación de editoriais que Potenciaron o uso da nosa lingua e a elaboración de importantes estudos, Dicionarios e gramáticas. Pero, a pesar destes esforzos, seguía sen haber un Modelo de escrita culta consolidado e non había unha gramática normativa nin Tampouco un dicionario que resolvese de xeito definitivo as dúbidas Ortográficas, morfolóxicas e léxicas. A tendencia que prevalece nos escritos Desta época é a de depurar o galego e marcar as distancias con respecto ao Castelán. É o período do galego enxebrista ou diferencialista, que se estende Dende finais do século XIX ata 1936. Inténtase buscar un idioma supradialectal, Sen castelanismos e que toma o portugués como modelo literario, por iso Aparecen, con relativa frecuencia, lusismos, arcaísmos e hiperenxebrismos

TEMA 5 O GALEGO DE 1936 A 1975: CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS


CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA


No século XX foise consolidando o proceso de Normalización do galego, promovido desde certos sectores da sociedade con Sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de Uso pero, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización social,

Podemos distinguir tres etapas na evolución do galego ao Longo do século XX: a etapa de preguerra (1900-1936), a de posguerra (1936-1975) e a dos anos finais do século XX (1975-2000).

 A Guerra Civil Tivo consecuencias moi negativas para a lingua e a cultura galegas. O proceso Normalizador que comezara no Rexurdimento e continuara con brillantez no Primeiro terzo do século XX, viuse interrompido pola guerra e represión dos Primeiros anos da posguerra.


Favorecido pola ditadura, o castelán pasou a ser o único Vehículo de comunicación oficial para a Igrexa, a escola, a Administración e os Medios de comunicación, ainda que o galego seguía a ser a lingua máis falada en Galicia.

Buenos Aires converteuse na capital da cultura galega no Exilio. Alí apareceron editoriais e gran numero de actos que son de gran Importancia na Galicia daquel tempo, algunas foron: conferencias en galego, , Cursos de galego, publicacións periódicas... Pero en 1950 un grupo de Galeguistas do interior decidiron crear a editorial Galaxia, que se converteu Nun instrumento decisivo para a recuperación da nosa cultura, entón  comezaron a xurdir revistas, editoriais, Coleccións de poesía, premios literarios e suplementos.

En 1963, co centenario de Cantares gallegos, de Rosalía De Castro, a R.A.G puxo en marcha a creación do Día das Letras Galegas, ademáis No ano 1965 introducíronse a Lingua e a Literatura Galegas nos plans de estudo Da Facultade de Filosofía e Letras e, pouco despois, en 1968 fundouse o Instituto Da Lingua Galega, que contribuíu dun xeito decisivo á elaboración da norma Culta do galego moderno. En 1974 destaca o programa Panorama de Galicia na TVE, Media hora de emisión en galego.

Esta etapa da posguerra coñécese como o período Protoestándar, xa que se trata dun momento no que foi aumentando a preocupación Pola creación dun modelo culto, imprescindible para a normalización da nosa Lingua. As características son a simplificación ortográfica, dialectalismos e a Búsqueda de formas comúns e a tendencia a un léxico puro que foxe dos Castelanismos e, hiperenxebrismos, introducindo neoloxismos e cultismos.

TEMA 6 :  O GALEGO A FINAIS DO SÉCULO XX (SOCIOLINGÜÍSTICA)


No século XX foise consolidando o proceso de normalización do galego, promovido desde certos sectores Da sociedade con sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de uso, pero, ao mesmo Tempo, houbo un proceso de desgaleguización Social.

Podemos distinguir Tres etapas na evolución do galego Ao longo do século XX:
Preguerra (1900-1936).
Posguerra (1936-1975).
Finais do século XX (1975-2000).

A partir de 1975 iniciouse unha nova etapa na historia da lingua galega polo remate da ditadura.
A Aprobación da Constitución de 1978 Considerou o idioma como “un patrimonio cultural que será obxecto de Respecto e protección”.
Ademais, a Constitución E o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, outorgáronlle ao galego o Estatus de lingua oficial na nosa Comunidade Autónoma.

En 1982, logo dun acordo entre a R.A.G e o Instituto da Lingua Galega, publicáronse as Normas Ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, que serviron para asentar Definitivamente o seu modelo estándar. Logo saíu adiante a Lei de Normalización Lingüística (1983)
, que desenvolveu Polo miúdo os aspectos legais relacionados co uso e aprendizaxe do galego no Noso territorio. Como consecuencia incorporouse ao sistema educativo a materia de Lingua Galega e Literatura.

En 1985 creouse a Radiotelevisión De Galicia (RTVG)
, que se sumou a outros xa existentes no ámbito da prensa Escrita como semanario A Nosa Terra (1977)
, e ao diario integramente en galego, O correo galego (1994)
,despois Denominado Galicia Hoxe.
Nestes anos tamén se produciu unha grande Actividade editorial, un grande desenvolvemento dos estudos lingüísticos e Literarios sobre o noso idioma e a súa incorporación a Internet.

Malia esta mellora Da situación, e malia contar cunha literatura de grande prestixio e houbo unha importante diminución do número de falantes.
A falta de apoio institucional e o Cada vez máis escaso desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística favorecen o proceso de desgaleguización social.
Por iso Aparecen entidades e asociacións (A Mesa Pola Normalización Lingüística, Queremos Galego, Prolingua)
E iniciativas Privadas ( o semanario Sermos Galiza, Desde o 2012).

Na cuestión Normativa, foi unha etapa positiva pola consolidación da variedade estándar, Que se adaptou aos novos ámbitos sociais e aos novos contextos de uso, mentres Normalizaba a súa situación nas cidades, nos medios de comunicación e nas Universidades. 

Entradas relacionadas: