O galego de 1936 a 1975.

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,79 KB

Socio tema 1: AS FUNCIONS SOCIAI5S DA LINGUA:


O conflicto lingüístico aparecenunha sociedade cando Dúas linguas en Contacto sompite  por desempeñar todas as Función posibles, adoita producirse cando un idioma alleo a un  territorio comeza a dominar funcións propias Dese lugar.As causas do conflicto lingüístico poden ser: A)Procesos de Expansión e unificación política, B)Presión cultural e económica, C)Movementos Migratorios. A principal consecuencia das situacions de conflicto lingüístico e A diglosia, que é  a convivencia de dúas Linguas nun mesmo territorio en situación de  Desigualdade, e cada unha delas desempeñan función distintas.Na  situación de diglosia podemos distinguir unha Lingua A e unha lingua  B. Ao falarnos de Que as linguas desempeñan distintas función, estámonos  a dirixir as función sociais como: Función de Identidade,
F.Familiar, F.Laboral , F.Institucional,F.Cultural. Cando se Produce unha sitiacion de diglosia estas  Funcions son desenvolvidas por linguas diferentes, según teñas maior Ou  menor prestixio.Tamén colaboran no Desigual repartode funcions os prexuizos  Lingüísticos, que consisten en presentar trazos negativos sobre unha lingua ou  sobre os seus falantes, son Discriminatorios e basanse na idea falsa de que  Existen idiomas bos e importantes e oitros que non o son. 


TEMA 5 O GALEGO DE 1936 A 1975: CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS


CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

No século XX foise consolidando o proceso de Normalización do galego, promovido desde certos sectores da sociedade con Sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de Uso pero, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización social,

Podemos distinguir tres etapas na evolución do galego ao Longo do século XX: a etapa de preguerra (1900-1936), a de posguerra (1936-1975) e a dos anos finais do século XX (1
975-2000).

 A Guerra Civil Tivo consecuencias moi negativas para a lingua e a cultura galegas. O proceso Normalizador que comezara no Rexurdimento e continuara con brillantez no Primeiro terzo do século XX, viuse interrompido pola guerra e represión dos Primeiros anos da posguerra.

Favorecido pola ditadura, o castelán pasou a ser o único Vehículo de comunicación oficial para a Igrexa, a escola, a Administración e os Medios de comunicación, ainda que o galego seguía a ser a lingua máis falada en Galicia.

Buenos Aires converteuse na capital da cultura galega no Exilio. Alí apareceron editoriais e gran numero de actos que son de gran Importancia na Galicia daquel tempo, algunas foron: conferencias en galego, , Cursos de galego, publicacións periódicas... Pero en 1950 un grupo de Galeguistas do interior decidiron crear a editorial Galaxia, que se converteu Nun instrumento decisivo para a recuperación da nosa cultura, entón  comezaron a xurdir revistas, editoriais, Coleccións de poesía, premios literarios e suplementos.

En 1963, co centenario de Cantares gallegos, de Rosalía De Castro, a R.A.G puxo en marcha a creación do Día das Letras Galegas, ademáis No ano 1965 introducíronse a Lingua e a Literatura Galegas nos plans de estudo Da Facultade de Filosofía e Letras e, pouco despois, en 1968 fundouse o Instituto da Lingua Galega, que contribuíu dun xeito decisivo á elaboración da Norma culta do galego moderno. En 1974 destaca o programa Panorama de Galicia Na TVE, media hora de emisión en galego.

Esta etapa da posguerra coñécese como o período Protoestándar, xa que se trata dun momento no que foi aumentando a preocupación Pola creación dun modelo culto, imprescindible para a normalización da nosa Lingua. As características son a simplificación ortográfica, dialectalismos e a Búsqueda de formas comúns e a tendencia a un léxico puro que foxe dos Castelanismos e, hiperenxebrismos, introducindo neoloxismos e cultismos. 


TEMA 6 :  O GALEGO A FINAIS DO SÉCULO XX (SOCIOLINGÜÍSTICA)


No século XX foise consolidando o proceso de normalización do galego, Promovido desde certos sectores da sociedade con sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de uso, pero, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización social.

Podemos Distinguir tres etapas na evolución do Galego ao longo do século XX:
Preguerra (1900-1936).
Posguerra (1936-1975).
Finais do século XX (1975-2000).

A partir de 1975 iniciouse unha nova etapa na historia da lingua galega polo remate da ditadura.
A Aprobación da Constitución de 1978 Considerou o idioma como “un patrimonio cultural que será obxecto de Respecto e protección”.
Ademais, a Constitución E o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, outorgáronlle ao galego o Estatus de lingua oficial na nosa Comunidade Autónoma.

En 1982, logo dun acordo entre a R.A.G e o Instituto da Lingua Galega, Publicáronse as Normas ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego, que serviron para asentar definitivamente o Seu modelo estándar. Logo saíu adiante a Lei De Normalización Lingüística (1983)
, que desenvolveu polo miúdo os Aspectos legais relacionados co uso e aprendizaxe do galego no noso territorio. Como consecuencia incorporouse ao sistema educativo a materia de Lingua Galega e Literatura.

En 1985 creouse a Radiotelevisión de Galicia (RTVG)
, que se sumou a outros xa existentes no ámbito da prensa Escrita como semanario A Nosa Terra (1977)
, e ao diario integramente en galego, O correo galego (1994)
,despois Denominado Galicia Hoxe.
Nestes anos tamén se produciu unha grande Actividade editorial, un grande desenvolvemento dos estudos lingüísticos e Literarios sobre o noso idioma e a súa incorporación a Internet.

Malia esta Mellora da situación, e malia contar cunha literatura de grande prestixio e Houbo unha importante diminución do Número de falantes.
A falta de apoio Institucional e o cada vez máis escaso Desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística favorecen o proceso de desgaleguización social.
Por iso Aparecen entidades e asociacións (A Mesa Pola Normalización Lingüística, Queremos Galego, Prolingua)
E iniciativas Privadas ( o semanario Sermos Galiza, Desde o 2012).

Na cuestión Normativa, foi unha etapa positiva pola consolidación da variedade estándar, Que se adaptou aos novos ámbitos sociais e aos novos contextos de uso, mentres normalizaba A súa situación nas cidades, nos medios de comunicación e nas universidades.

Entradas relacionadas: