O galego de 1936 a 1975

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,68 KB

 

SOCIOLINGÜÍSTICA (Historia da Lingua) . Tema 5


O galego De 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais.

Contexto histórico e situación Sociolingüística



En xullo de 1936 prodúcese o golpe De estado franquista, iniciándose tres anos de Guerra Civil e case Corenta de ditadura. A ditadura franquista defende o emprego do Español como única lingua do estado. A pesar diso, non prohibe dun Xeito explícito a utilización do galego;
Ora ben, creou un ambiente Social e político en que o uso do galego era visto como algo Perigoso, antipatriótico e antiespañol. O novo réxime espalla con Todos os medios ao seu alcance unha filosofía baseada no ideal de Uniformización lingüística y cultural de España.


Por Todo iso, a sociedade castelanízase máis e máis pois no plano cultural O emprego Do galego desaparece ao desapareceren as institucións e colectivos Galeguistas que o defendían así como as persoas que emprenderan Estas empresas galeguizadoras (asasinados polos franquistas ou Exiliados). Deixan de publicarse a Revista Nós, o xornal A Nosa Terra, e desaparecen as editoriais Céltiga e Lar e tamén o Seminario de Estudos Galegos. De 1936 a 1946 a produción literaria En lingua galega é practicamente inexistente: publícanse media Ducia de libros (reedicións como a de Cantares Gallegos) De poesía de temas folclóricos, nada perigosos nos seus contidos Para o réxime franquista. Cómpre esperar a 1947 para que se Publique o primeiro poemario de interese, Cómaros Verdes, De Aquilino Iglesia Alvariño, e a 1951 para que apareza a primeira Novela deste período, A Xente da Barreira, De Ricardo Carvalho Calero.


Mentres Isto sucede en Galicia, os galeguistas do exilio americano(Luís Seoane, Castelao, Blanco Amor, R. Dieste,...) continúan neses países O labor de recuperación lingüística comezada en Galicia na fase Anterior. Co apoio de colectivos de emigrantes crean editoriais que Publican obras en galego, emiten programas de radio, organizan Actividades culturais e promoven iniciativas destinadas a manter o Interese por Galicia.

A partir dos anos 50 Obsérvase unha lenta recuperación do galego nos ámbitos culturais. En 1949 comézanse a editar obras en galego grazas á aparición en Pontevedra da colección de poesía “Benito Soto”, á editorial Bibliófilos Gallegos e ó xornal santiagués La Noche Que publicará algúns textos escritos en galego. E 1950 será clave Pola fundación en Vigo da Editorial Galaxia Que será primordial para a recuperación da lingua do país nos usos Escritos, para calquera xénero ou tema. A Xeración máis propiamente vinculada a ela fórmana autores como Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carvalho Calero ou Ramón Piñeiro (o seu Principal ideólogo). Pero ademais a editorial consegue recuperar a Autores silenciados ou exiliados a raíz de 1936 (R. Otero Pedrayo, Castelao ou Blanco Amor) e a o mesmo tempo dar cabida ás novas Xeracións, xurdidas nos anos 50 e 60, como Xohana Torres, X. L. Franco Grande, X. M. Beiras, X.L. Méndez Ferrín ou Carlos Casares. 

Entradas relacionadas: