As funcions sociais da lingua. Conflicto e diglosia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,35 KB

1- AS FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA. CONFLITO E DIGLOSIA. ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A SÚA REPERCUSIÓN

A función básica Dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha Comunidade.Dependendo do ámbito de uso dunha lingua, a función comunicativa Concrétase noutras funcións máis específicas: * Función de identidade: a lingua Non só serve para falar e escribir, senón tamén para pensar. 

* Función familiar: permite a Relación entre os individuos dunha familia.

* Función laboral: posibilita a Comunicación no mundo do traballo. En Galicia esta función repártese entre galego e castelán.

* Función local: Favorece os contactos entre persoas do mesmo contorno, como amigos. Esta Función está estreitamente vinculada a factores como o hábitat (mundo rural, Mundo urbano) clase social ou a idade.

* Función Institucional: propicia a comunicación entre o cidadán e os diferentes Estamentos políticos, administrativos, etc. O castelán é quen desempeña esta Función basicamente.

* Función Cultural: serve como medio para expresar e recibir os saberes das ciencias, das Artes e da cultura en xeral.

* Función Internacional: esta función maniféstase cando a usan falantes de varios países Con linguas diferentes para se entenderen entre si. Actualmente o inglés é a única lingua que cumpre esta función.

A diglosia Prodúcese cando existe un desigual reparto de usos entre linguas diferentes ou Variantes dunha mesma lingua, e cada unha cumpre unhas funcións distintas na Mesma sociedade e úsase en contextos diferentes.

Este fenómeno Dáse, pois, en comunidades en que conviven dúas linguas nunha situación de Desequilibrio que pode provocar o conflito lingüístico. En Galicia Caracterízase polo emprego dunha ou outra lingua segundo:

* Os ámbitos sociais de uso: o galego para as funcións de menor prestixio social e o Castelán para as funcións máis cultas e de maior prestixio.

* Os espazos Xeográficos: o galego úsase máis no rural e nos arrabaldes das cidades, e o Castelán nos núcleos máis céntricos das zonas urbanas.

* Os Interlocutores: dependendo da maior ou menor confianza entre os interlocutores, Da súa pertenza a un nivel social medio e alto ou non...Usarán galego ou Castelán.

Basicamente o Conflito lingüístico ten dúas saídas posibles:

* Unha primeira Saída na que se defende o uniformismo lingüístico, é dicir que se empregue un único idioma común, o de prestixio. O proceso diglósico remataría, polo tanto, Coa substitución lingüística da lingua desprestixiada.

* A segunda saída Defende que cada comunidade lingüística debe conservar e promover a súa propia Lingua. Para iso é necesario un proceso de normalización lingüística.

A primacía dunha Lingua sobre outra, dá lugar a actitudes cheas de prexuízos.
Podemos definir os Prexuízos lingüísticos como xuízos de valor emitidos sobre unha lingua ou sobre Os seus falantes co propósito de provocar o seu rexeitamento.

A lingua galega Vén arrastrando historicamente moitos prexuízos alimentados por un poder Centralista que tentaba persuadir os galegos das vantaxes dunha lingua común, Neste caso o

castelán. Esta Situación vén xerando actitudes de “autoodio” e desprezo do propio, coa Conseguinte perda da autoestima. Créanse así estereotipos ( os galegos son Ignorantes; os galegos son pechados; os galegos son brutos...) e prexuízos.

Podemos clasificar Os prexuízos lingüísticos da seguinte maneira:

* A falta de Utilidade do galego: “ o galego íllanos do exterior”, “ o galego non xera Riqueza”

* O galego Asociado á pobreza e ó atraso: “ o galego é unha lingua rural”

* O galego como Sinal de descortesía: “cómpre renunciar ó uso do galego por respecto ás persoas Foráneas”.

* A suposta Imposición desta lingua: “o galego é imposto por unha minoría”

* A Caracterización pexorativa do galego: “ o galego normativo é unha lingua Artificial”.

Vencer estes Prexuízos é tarefa indispensable para que o proceso de normalización da lingua Galega teña éxito.

Entradas relacionadas: