Fauvismo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,63 KB

 

Goya

Nesta Segunda metade do século XVIII, a España do reformismo borbónico Adopta a estética neoclasicista difundida pola Academia de Belas Artes de San Fernando como reacción contra do Barroco e da súa Derivación rococó. Pero pronto esta arte marcada pola racionalidade Da Ilustración resulta excesivamente uniforme. O Seu máximo expoñente foi o francés David. É Así como outra corrente nacida en Gran Bretaña comezou a Expandirse: o Romanticismo. Os Artistas ROMánticos da primeira metade do XIX indagan na Idade Media Non no pasado clásico. O Seu máximo representante é Delacroix. Neste Eixo entre o Neoclasicismo e o Romanticismo, sitúase Goya quen Comezou dentro do decorativismo Barroco, sobreviviu ó Neoclasicismo E creou un estilo persoal. No ámbito político a longa vida de Goya discorre desde o reinado de Carlos IV ata o de Fernando VII. Vive pois un momento de grande Inestabilidade que pasa pola Ilustración, a Revolución Francesa, a Guerra de Independencia, a Restauración absolutista e as revoltas Liberais. Artista Incansable, traballa con distintas técnicas (óleo, debuxo, gravado) E con distintos xéneros (retrato, paisaxe, mitoloxía, relixioso).


MANET E MONET


Cansados da estética ROMántica, a Mediados do século XIX abriuse paso unha tendencia interesada pola Realidade nas súas máis variadas facetas. Tratase do Realismo un Movemento heteroxéneo que procura a plasmación obxectiva da Realidade cotián, sen a subxectividade ROMántica, e contraria ós Principios academicistas da arte oficial que se amosa nos grandes Salóns. ouco A pouco as Academias van perdendo peso. Os Pintores investigan novas formulacións estéticas. culminará Con Van Gogh. O Impresionismo do derradeiro terzo do século é o primeiro dunha Serie de movementos estéticos que han de conformar, dende finais de Século, un período sumamente complexo, heteroxéneo e disperso: a época dos ismos ou vangardas. Como Corrente só durou unha década, pero significou un cambio radical. O Nome foi dado con sentido pexorativo a partir dunha crítica feita á Obra de Monet Impresión, sol nacente. Os Principais trazos (non todos presentes na obra de Manet) son: a Pintura ó aire libre, interese pola luz e os seus efectos -ciencia Da cor, captación das atmosferas-, desaparición da liña de Contorno e da perspectiva, carencia de argumento temático, pincelada Rápida en manchas de cor xustapostas .O Pintor prototipo dos principios do Impresionismo e que se mantivo Sempre nel, foi Monet.


CEZANNE E VAN GOGH E GAUGUIN

Se Os impresionistas pintaron a natureza tal e como a vían explorando Os reflexos da cor e creando unha ilusión máis perfecta que a Impresión visual, parecía pois que nada máis se podía conseguir Avanzando por ese mesmo camiño.

A Finais do XIX cando A corrente impresionista parecía esgotada, novas tendencias Comezaron a emerxer como reacción na súa contra: o Neoimpresionismo Ou Puntillismo cos Seus puntos de cor pura que se mesturan no ollo do espectador Reconstruíndo as formas;
O Simbolismo co Seu meticuloso debuxo e coidadas luces coas que crea atmosferas Inquietantes; o Post-impresionismo no que se engloban un grupo de Pintores (Cezanne, Van Gogh e Gauguin, ós que se debe engadir Toulouse-Lautrec), son artistas solitarios que partindo das premisas Do Impresionismo acaban por superalo. . Cada un na súa soidade iniciou o camiño da recuperación das Formas que priman sobre a luz, procuran o estable en oposición ó Fuxitivo e transitorio da linguaxe impresionista. O Que denominamos arte moderno naceu dos seus sentimentos de Insatisfacción e das distintas solucións por eles creadas. Cezanne Coa xeometrización das formas e os sólidos volumes obtidos a través De planos de cor, ha ter consecuencias no Cubismo xurdido en Francia (Picasso); Gauguin nunha volta ó primitivismo da linguaxe sinxela e Directa e co emprego de cores planas e arbitrarias estará na base do Fauvismo, tamén nacido en Francia (Matisse); as formas serpeantes e Apaixonadas de Van Gogh sustentan o movemento Expresionista (Munch) Que tivo en Alemaña os seus principais representantes.


MATISSE

As Novas xeracións artísticas traballaban nun proxecto de renovación Artística que os vai levar por camiños diferentes Comparten Só o seu carácter innovador que os coloca por diante do gusto Predominante a liberdade plena do artista, de aí que os resultados Sexan distintos e incluso contraditorios. Son as vangardas da arte no Seu eterno proceso de renovación. A Función da arte cambia: por riba de todo está a creatividade e a Experimentación, a arte xa non trata de imitar ou copiar, máis que Representar interpreta polo que supera conceptos tradicionais como Forma, luz, cor ou espazo.No Período que vai ata a Primeira Guerra Mundial, as Principais vangardas son: Fauvismo (Matisse), Expresionismo (Munch) e Cubismo (Picasso), xunto co Futurismo (Balla) e a Escola de París (Modigliani). Paralelamente xorden as variantes da Abstracción e un Pouco despois o Dadaísmo e o Surrealismo. Os Seus cadros caracterizábanse por unha violencia cromática extrema. Servíanse de cores planas xustapostas, aplicadas en grandes manchas Independentes das formas. O Seu precedente está na obra de Gauguin e de Van Gogh.

MUNCH:

Munch e o belga Ensor foron os pais desta corrente expresionista de Principios do século XX que se desenvolve na Europa Central. Realizaron unha obra atormentada, de cores violentas, rostros Esqueléticos e situacións angustiosas, por medio de amplas e crúas Pinceladas. 


Picasso

Se Ben nesta obra aínda non desenvolveu o Cubismo, Picasso é Clasificado como tal e pai do mesmo. O Cubismo é unha das primeiras vangardas nacida en Francia nos Primeiros anos do século XX. Reclaman Unha pintura plana, bidimensional, definida polas formas e non pola Cor, oposta ás técnicas tradicionais de perspectiva e claroscuro. Representa Unha verdadeira revolución plástica que destrúe os principios Tradicionais. O Cubismo parte de presentar ó mesmo tempo os diferentes aspectos dun Obxecto , conformando unha xustaposición de imaxes das súas formas Máis características. Continua A ser arte figurativa que non plasma o obxecto senón a imaxe resultante da análise de como Sabemos que son as cousas e non como as vemos. Con Esta visión absoluta e simultánea, ofrece ó mesmo tempo as formas Desde varios puntos de vista (o que na realidade é imposible), Incluíndo tamén a representación do movemento no espazo, a cuarta Dimensión (o tempo). Non Hai verdadeira temática, buscan o que permita ensaiar as súas Teorías, como todo tipo de obxectos. Sendo Estes os trazos básicos hai que diferenciar sen embargo dúas fases Cubistas: o Cubismo analítico e o Cubismo sintético.

O Primeiro descompón en planos, tomados desde distintos puntos de Vista, os volumes dun obxecto para que a mente capte a totalidade. O Segundo reconstrúe a forma de xeito lexible por medio de diferentes Materiais conformando colaxes de linóleo, papel, area,...

Entradas relacionadas: