A Evolución do Teatro Galego (1903-1936): De Irmandades a Vangardas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,28 KB

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Irmandades, Vangardas e Grupo Nós

Tema 4. Estudo da evolución e renovación do teatro galego desde o seu nacemento formal ata a Xeración do 25, destacando o papel das Irmandades da Fala, o Grupo Nós e as correntes vangardistas.

O Nacemento do Teatro Galego Moderno

O teatro galego nace formalmente en 1903 coa creación da Escola Rexional de Declamación que, presidida por Galo Salinas, representou A ponte de Lugrís Freire, considerado o primeiro drama galego en prosa.

As Irmandades da Fala e o Impulso Nacionalista

Coas Irmandades da Fala, o teatro recibiu un impulso fundamental, xa que crían que a difusión da literatura en galego, sobre todo do teatro, debía xogar un papel importante na difusión das ideas nacionalistas.

Institucións e Autores Clave

  • Conservatorio Nazonal de Arte Galega: Creado polas Irmandades.
  • Ramón Cabanillas: Puxo en escena A man da Santiña (1921), unha comedia de costumes na que por primeira vez o galego deixa os ambientes populares e aparece en boca das clases elevadas da sociedade, co obxectivo de dignificar o idioma. Cabanillas é tamén autor d'O Mariscal.
  • Escola Dramática Galega: Tras cambiar o nome polo de Escola Dramática Galega, representou obras de Vilar Ponte como A patria do galego.

Cotarelo Valledor: Teatro Rural e Mariñeiro

Outro autor a destacar é Cotarelo Valledor. A súa produción divídese en dous eixes temáticos:

  • Teatro Rural:
    • Trebón (comedia dramática)
    • Sinxebra (comedia sentimental)
    • Lubicá (comedia en verso)
  • Teatro Mariñeiro: Representado polas pezas Beiramar e Mourenza.

A Renovación Estética: O Grupo Nós

Unha das grandes preocupacións dos homes do Grupo Nós foi a renovación da literatura galega e, dentro deste proceso, non deixaron á marxe o xénero teatral. Nas súas pezas trataron de achegar á produción galega as innovacións que se estaban producindo no teatro europeo. Con eles aparecen os primeiros elementos simbolistas e surrealistas, superando o ruralismo do teatro anterior.

Otero Pedrayo e a Traxedia Rural

Destaca Ramón Otero Pedrayo con A lagarada (1928), unha traxedia rural de fondo dionisíaco na que se evoca o poder demoníaco do viño.

Castelao: O Espectáculo Global

Alfonso R. Castelao estreou en 1941 (no exilio, Bos Aires) Os vellos non deben de namorarse, comezada moitos anos antes. Castelao non concibía o teatro coma un simple texto, senón como un espectáculo global. Por iso, adquiren unha grande importancia os artificios escenográficos (iluminación, decorados...) e a utilización doutras artes, como a música. O motivo do vello namorado repítese tres veces, en tres versións diferentes, nos tres lances.

Teatro de Máscaras

Teatro de máscaras (escritas no 1934 e publicado no 1975) son dezaseis pezas a xeito de guións ou bosquexos esquemáticos para pezas teatrais. O seu carácter esquemático e incompleto é compatible cunha concepción dramática moi moderna.

A Xeración do 25 e as Vangardas

A Xeración do 25, tamén coñecida como os vangardistas, trouxo unha nova onda de experimentación ao teatro galego.

Rafael Dieste e a Identidade

Rafael Dieste é o autor teatral máis representativo desta xeración. Escribiu A fiestra baldeira (1927).

A obra narra a historia dun mariñeiro que volve rico da emigración e encarga un retrato diante dunha ventá. A muller e a filla opóñense. Entón aparece a "fiestra baldeira" como símbolo da anulación da identidade individual e colectiva. Ao final, o conflito resólvese coa aceptación da realidade e do pasado humilde.

Outros Representantes do Teatro de Vangarda

  • Álvaro de las Casas: Pancho de Rábade
  • Xosé Filgueira Valverde: Agromar

Entradas relacionadas: