Esplendor Barroco en Santiago de Compostela: Arquitectura e Mestres

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 4,17 KB

Barroco Compostelán: Un Esplendor Artístico en Galicia

En Galicia, o Barroco compostelán desenvólvese con gran esplendor ao longo dos séculos XVII e XVIII, sendo unha das propostas con máis personalidade do barroco hispano. A Igrexa será a protagonista e promotora de grandes empresas artísticas galegas. Durante estes séculos, en Galicia, o poder económico e político continuaba en mans da Igrexa, á cabeza da cal se atopaba o Arcebispo e o Cabido catedrático de Santiago. Ambas institucións coincidían nunha premisa fundamental para este movemento: o engrandecemento artístico da Catedral.

Arquitectura Barroca Compostelán: A Remodelación da Cidade

Arredor do século XVII xorde un novo espírito en Santiago coa remodelación da cidade. Neste empeño, o máis voluntario foi José de la Vega y Verdugo, formado en Italia, quen foi un dos impulsores do estilo barroco en Compostela, como indica no seu informe sobre as obras da Catedral de Santiago. Nel amosa a preocupación por crear un ambiente barroco na cidade. Os proxectos de reforma xeral no ámbito catedrático son completos: creación dun tabernáculo inferior e remodelación do exterior. O proxecto de remodelación foi iniciado na segunda metade do século XVII, e nel traballaron diversos equipos de arquitectos. O tabernáculo foi executado por varios artífices, organizándose a modo de baldaquino, apontoando a súa estrutura en pequenas vigas de ferro encubertas por anxos que parecen figuras ingrávidas. No corpo superior destaca a figura de Santiago Matamouros. O primeiro arquitecto en traballar foi José de la Peña de Toro, quen traballou no cimborrio, nos lenzos murais e na reconstrución da Porta Santa.

Grandes Mestres do Barroco Compostelán

Domingo de Andrade: Obras e Estilo

Nomeado mestre da obra da Catedral, Domingo de Andrade destacou polo traballo na Torre do Reloxo, onde queda configurado o seu estilo Barroco. Tamén traballou na remodelación do pórtico e no baldaquino. Cabe destacar a realización de distintas obras para o Convento de San Domingos de Bonaval, sendo o máis relevante a fachada e a novidosa escaleira de caracol.

A Torre do Reloxo (Berenguela)

Parte dunha torre do século XIV, que se reaproveita para levantar unha estrutura cúbica con catro templetes circulares nas esquinas. Superpón outro corpo máis pequeno, octogonal, tamén con templetes. Remata cunha cúpula, lanterna e cupulín. Os corpos son dinámicos, abertos con protuberantes e quebradas cornixas. A torre cóbrese cunha decoración a base de sartas de follas colgantes, trofeos militares e motivos xacobeos. A ornamentación naturalista feita en granito é un dos detalles distintivos do Barroco Galego.

Fernando de Casas e Novoa: Continuidad e Novedade

Nomeado mestre de obras da Catedral á morte de Andrade, Fernando de Casas e Novoa herda o gusto pola decoración naturalista, pero combinándoa con motivos xeométricos.

A Fachada do Obradoiro

Foi proxectada por Fernando de Casas e Novoa tendo en conta a existencia da Torre das Campás e a escaleira de acceso. É unha gran pantalla visual feita en granito que ten como fin protexer e iluminar o Pórtico da Gloria. A fachada está organizada en forma de arco de triunfo, en dous niveis e articulada en tres rúas por columnas de fustes estriados. Flanqueada por dúas torres, a das Campás e a da Carraca. Une a parte central coas laterais con formas cóncavas que lle imprimen movemento. O centro desmaterialízase con dous grandes ventanais que iluminan o interior. Esta parte remata cunha falsa fachada moi ascensional e aberta, rematada coa figura do Apóstolo Santiago. Vai decorada con volutas, trofeos militares, motivos xacobeos e placas recordatorias.

Entradas relacionadas: