Doc.1. Extracto do comunicado no que ETA reivindica o atentado contra Carrero Blanco en 1973

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,47 KB

Trala culminación da Guerra Civil, instaurase en España un réxime ditatorial baixo a figura do nomeado Caudillo, Franco. Este período, Aínda que dividido en dúas etapas, caracterizouse xeralmente pola marcada oposición ó reformismo republicano, na Automática represión contra calquera oposición contra ao xeneralísimo, na unidade da patria, e no conservadorismo da tradición e a relixión católica.
A ditadura estivo Marcada primeiramente por un inmobilismo Político e unha autarquía que sumiron ó pais nun illamento internacional e Nunha crise, da que se empezou a levantar cabeza nos 50, cun aperturismo Promovido por parte dos recen chegados tecnócratas, que conseguiron un Crecemento económico e polo tanto melloras nas condicións de vida da sociedade. O que non conseguen os tecnócratas é acabar co inmobilismo político que segue Xerando moita oposición e que culminará no restablecemento dun sistema Democrático en España.

O primeiro período do franquismo estivo marcado polos ataques das guerrillas, formadas por Antigos republicanos, mestres e outros moitos antifranquistas que só tiñan Opcións de fuxir ou morrer asasinados. Ademais a estes antifraquistas sumouse Moita poboación debido a política inmobilista a autárquica que estaba a levar o Réxime, e que estaba empurrando ó pais cara unha gran crise económica.A partir Dos 50, coa chegada dos tecnócratas que defende o aperturismo cara o exterior, O que fai que o clima en España comeza a cambiar.

Un dos aspectos importantes dos 60, foi a Lei de sucesión, unha das leis Fundamentais do réxime franquista, e a partir da cal se prepara o réxime para o Futuro, ó cargo o posto de sucesión optaban Don Juan Carlos de Borbón e Carrero Blanco(apoiado por Franco). Finalmente en 1969, Juan Carlos é designado Sucesor, e en 1973, ante o empeoramento da saúde de Franco, que ata a data Seguía sendo xefe do Goberno e xefe do Estado, as cortes nomearon a Carrero Blanco presidente do goberno, este cargo pasou rapidamente a mans de Arias Navarro, logo do asasinato de Carrero Blanco, en 1973, por parte de integrantes De ETA, que como mostra o documento 1, califican a este como “un home duro, Violento nas súas posicións represivas, constituía a peza clave garante da Continuidade e estabilidade do sistema franquista” é por esta razón que o asasinan, Carrero Blanco, era un representante do búnker, o sector mais inmobilista no ámbito político, por iso califican a acción como unha “xusta resposta da clase Traballadora e de todo o noso pobo vasco”. Arias Navarro, partidario do Continuísmo, ante o numero de folgas e o descontento da poboación, comeza para Enfrontar estes problemas sociais e económicos un programa de reformas en 1974, No que se mostra a clara ideoloxía aperturista de Arias Navarro. En 1964 Presenta finalmente o seu programa “espírito 12 de febreiro”, que non chegou a Levarse a cabo, e que aumentaron aínda mais a oposición ó réxime.

Ademais da problemática política, engádeselle na época a problemática económica, derivada do Inmobilismo propio do réxime que debido a política autárquica, tiña sumido o Pais nunha continua situación de pobreza. A oposición o réxime segue un aumento continuo como vemos na gráfica Do documento 2, xa que pouco a pouco esta oposición vai sumando adeptos, como a Igrexa que pouco a pouco se vai distanciando do réxime, causa da dura represión Que este leva a cabo. O exercito tamén se vai distanciando e forma a Unión Militar Democrática, facendo fronte a política do réxime. Ademais destes, mestres, estudantes e traballadores, únense os numerosos actos terroristas Levados a  cabo por ETA ou a FRAP, que Lonxe de acabar coa situación de crise moi desenvolvida, como podemos ver no Mapa do documento 3, por todo o pais, aumenta A conflitividade social e a crise Económica.


Trala culminación da Guerra Civil, instaurase en España un Réxime ditatorial baixo a figura do nomeado Caudillo, Franco. Este período, Aínda que dividido en dúas etapas, caracterizouse xeralmente pola marcada Oposición ó reformismo republicano e a automática represión contra calquera Oposición contra o xeneralísimo, apoiado maioritariamente pola Igrexa, grazas ós continuos privilexios outorgados ó estamento, por parte do goberno; polo Exercito, do que Franco seguía sendo xefe supremo; e aqueles grupos que na Guerra Civil apoiaban a sublevación militar: propietarios rurais, empresarios, Alta burguesía, beneficiados por algunhas medidas tomadas polo réxime.

Ademais de apoios tamén tivo moita oposición:
Por parte de republicanos, mestres, obreiros, e todos Aqueles que foron vítima das fortes e continuas represións. Desta represión da Testemuño o documento 1, onde Francisco Rey, guerrilleiro e xefe da guerrilla Que operou na zona de A Coruña, fai lembranza dos perseguidos e do apoio que os Campesiños achegaban a todos os fuxidos e escapados que como di o Francisco Rey “non vacilaban en acollernos”. Ó rematar a Guerra Civil arredor de medio millón De persoas marcharon ó exilio, outros, os partidarios da II República(socialistas, anarquistas, comunistas...) ante a imposibilidade de Abandonar o pais, “antes de caer de novo na cadea ou ante un pelotón de Execución” decidiron botarse ó monte ata que non amainase a represión, que Obtivo unha forte resposta violenta por parte do réxime. É por isto que a Principios dos 40, se empezaron a formar guerrillas, como o Corpo León-Galicia, Para conseguir unha unidade de acción e conseguir rematar co réxime.

Paralelamente, a represión levaba a cabo contra estes Fuxidos e as guerrillas, o goberno ó rematar a Guerra Civil estableceu unha política económica autarquía, buscando A autosuficiencia do pais, recorrendo unicamente os recursos propios, limitando Ou case eliminando as importancias; o que produciu un illamento internacional Contra España, que non se recupera ata a década dos 50, na que se produce un aperturismo Cara o exterior que produce un cambio na economía e polo tanto mellora as Condicións de vida da sociedade.

Esta mellora económica non se produce no ámbito político, xa que esta época dos 50, Caracterizase por un inmobilismo Continuado, que fixo medrar a oposición por parte dos sectores sociais, que Comezaron a manifestarse. As primeiras manifestacións foron protagonizadas, Como vemos no documento 2 datado de 1954, por universitarios centrados neste Caso en conseguir un sindicalismo de estudantes alternativo ó oficial, o SEU. A resposta do goberno foi tratar estas Protestas como problema de desorde publica castigada coa suspensión de clases e A expulsión de docentes.

Ademais de no ámbito político e estudantil, tamén comezaron As protestas no ámbito laboral, Comezaron a xurdir movementos obreiros e sindicais. Comezou a convocatoria de Folgas, na década dos 60, reivindicando melloras laborais: redución das Xornadas de traballo, aumento salarial... Ademais destas folgas tamén comezaron A organizarse comisións obreiras, Citadas no documento 3, pero estas formáronse dende a clandestinidade e de Xeito espontáneo. As comisións obreiras utilizan a Escola Sindical de Enlaces, Como medio para achegarse, e achegar as súas reivindicacións os traballadores (“decidiramos servirnos da Escola Sindical de Enlaces (...) como medio para nos Coñecer e estender os nosos contactos (...)”) é por isto que a afiliación as Comisións obreiras aumenta e comeza a converterse nun problema engadido para o Franquismo, que reaccionou como de costume con fortes represión contra as Folgas. Esta grande represión culminou cunha gran taxa de feridos e mortos en Diversas folgas, e que tivo como resposta un afastamento de sectores que Apoiaban ó réxime, como a Igrexa.

Para culminar con toda esta oposición e manifestación por Parte de estudantes e obreiros, que aumentaron o malestar social, comezaron a Formarse asociacións terroristas Como ETA ou a FRAP, que iniciaron sendos ataques terroristas.

Entradas relacionadas: