Diñeiro legal e diñeiro bancario
Enviado por Chuletator online y clasificado en Economía
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,95 KB
Tweet |
O FLUXO CIRCULAR DA RENDA: hai dous tipos de fluxo:
-Real:
bens, servizos, factores.
-Monetario: pagos e cobro en diñeiro.
-As familias son os consumidores que adquiren bens e servizos para satisfacer as súas necesidades. Ao mesmo tempo son propietarios dos factores produtivos, que ofrecen para obter os recursos cos que adquiren os bens e servizos que necesitan.
-As empresas producen bens e servizos que adquiren as familias a cambio dun pago.
-O sector público provee de bens e servizos que as empresas non proporcionan de forma suficiente e realizan transferencias ás familias e subvencionan ás empresas.
MERCADOS: mecanismo polo que se produce intercambios de bens e servizo entre vendedores e compradores polo que se fixan os prezos do produto ou servizo intercambiado.
-Mercados de competencia perfecta:
·Libre entrada e saída do sector
·Participación dun gran número de vendedores e compradores.
·Unha información perfeta, acesible e sen costes.
·Un produto homoxéneo.
-Mercados de competencia imperfecta: hai barreiras de entrada que impiden ás empresas aceder de forma libre a ese mercado ou competir en igualdade de condicións.
·Económicas/de escala: as grandes empresas teñen ventaxas respecto as pequenas, porque ao aumentar a súa produción os seus costes por unidade son menores.
·Legais: derivadas da lexislación vixente do país.
·Informais: as empresas xa establecidas no sector desarrollan estratexias de defensa para dificultar a entrada de potencias de novos competidores no mercado e así seguir dominando.
VOCABULARIO:
-Valor engadido: diferenza entre o prezo que recibe a empresa pola súa produción e o custo de todos os elementos necesarios para a produción.
-Rendabilidade: conxunto de remuneracións ou ingresos que reciben as familias.
-Impostos: pagos obligatorios que o sector público impón ás familias, ou ás empresas, para financiar o gasto público.
-Taxas: pagos do sector público pola prestación de algún servizo.
-Transferencias: pagos que realiza o sector público sin contraprestación.
-Patentes: dereitos esclusivos de esplotación dun método ou un produto durante un periodo de tempo limitado.
-Monopolio: situación dun mercado no que un só vendedor ofrecelle a moitos compradores bens ou servizos.
-Oligopolio: mercado no que hai poucas empresas que ofrecen un ben ou un servizo parecido.
-Mercado de competencia monopolística: numerosos vendedores, os produtos que ofrecen non son homoxéneos.
-Acordo colusorio: acordo entre dúas ou máis partes para limitar a libre competencia no mercado, como pode ser fixación de prezos e o reparto de mercado.
-Monopsonio: tipo de mercado no que existe un único comprador (Obra pública).
-Oligopsonio: mercado con poucos consumidores (Fabricantes de coches…).