Desenvolvemento Emocional Infantil: Etapas e Aparición das Emocións Básicas e Autoconscientes

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,76 KB

1.3 O Desenvolvemento Emocional

Os bebés expresan as súas emocións mediante unha serie de sinais que teñen un alto valor comunicativo para a persoa adulta e que lles indica como deben actuar.

A principal diferenza entre os bebés de meses e nenos/as un pouco maiores radica na intensidade, a rapidez e a duración con que se expresan. A medida que crecen, as nenas/os son cada vez máis rápidos á hora de emitir estes sinais e fano de maneira máis intensa, duradeira e precisa, polo que á persoa adulta lle é máis fácil interpretar o que lles ocorre.

Esta complexidade relaciónase tamén co desenvolvemento das emocións básicas, presentes xa nas poucas semanas de vida, e a aparición das emocións autoconscientes, ao redor dos 2 anos.

1.3.1 O Desenvolvemento das Emocións Básicas

En xeral, considérase que ao longo da infancia aparecen nos nenos/as case todas as emocións básicas.

K. Bridges afirmou que o bebé nace cunha emoción básica: unha excitación xeneralizada que pronto se diferenza en pracer e malestar, e que estas primeiras emocións se manifestan mediante o sorriso ou o chanto.

Nas poucas semanas de vida, estes estados emocionais vanse volvendo cada vez máis específicos e van aparecendo a alegría, o enfado, a tristeza, o medo, a aversión e a sorpresa.

A Alegría

As persoas, cando senten alegría, móstranse contentas. Os bebés manifestan o seu benestar mediante o sorriso. Nas primeiras semanas, o sorriso está asociado á liberación de tensión; entre os 3 e 4 meses, os sorrisos fanse máis amplos e aparece a risa, que require un procesamento máis rápido da información.

O Enfado ou a Ira

O enfado está asociado a unha sensación de rabia, furia, irascibilidade, noxo ou resentimento. Os bebés expresan o seu malestar mediante o chanto e expresións que recordan o enfado adulto.

Nos 2 primeiros meses, hai expresións de ira ante a fame, o frío... e aumenta a súa frecuencia e intensidade desde os 6 meses ata os 2 anos. O bebé emprega o enfado como un potente sinal social que reclama á persoa adulta e a motiva para que alivie o seu malestar.

A Tristeza

Cando está triste, a persoa séntese pesimista, desanimada ou apenada. As expresións de tristeza en nenos/as son menos frecuentes que as da ira ou o enfado.

O Medo

O medo pon a persoa en alerta ante unha ameaza, perigo ou situación descoñecida, que provoca ansiedade e inseguridade. Aínda na primeira infancia hai poucas reaccións de medo, durante o primeiro mes pódense observar reaccións faciais de temor ao poñer.

Medos Frecuentes na Primeira Infancia:
  • A angustia de separación: aparece cando se ausenta a persoa coa cal o bebé ten establecido un lazo afectivo íntimo.
  • A angustia ante as persoas estrañas: é un medo que aparece ao redor do oitavo mes de vida, ante a presenza de persoas descoñecidas para a criatura.

O bebé de pequeno non ten temores porque non distingue os rostros, non sabe se a nai segue existindo cando está fóra da súa vista.

Máis tarde vai entendendo que a súa nai volverá máis tarde con el e a angustia de separación diminúe.

A Aversión

A aversión xera unha sensación de asco, noxo ou repulsión cara ao feito ou situación que a provoca.

Trátase dunha emoción que se manifesta externamente cunha peculiar expresión facial que os bebés xa empezan a exhibir a partir dos 3 meses.

A Sorpresa

A sorpresa supón unha reacción de asombro ou sobresalto, xeralmente súbita, ante unha situación nova ou estraña que pode producir alegría ou ira, segundo sexa o que a provocou. É a emoción máis breve.

Segundo M. Lewis, a expresión facial de sorpresa aparece cara aos 6 meses. R. Charlesworth di que ata os 8 meses, cando xa pode distinguir entre os sucesos esperados e os inesperados.

A sorpresa caracterízase por ollos e bocas moi abertos, elevación de cellas e corpo cara diante, e moitas veces a exclamación «Ohh!».

1.3.2 A Aparición das Emocións Autoconscientes

A partir dos 2 anos, preséntanse no neno/a unhas emocións de orde superior chamadas emocións autoconscientes.

As emocións autoconscientes implican a valoración dun mesmo e relaciónanse coa conduta moral.

Algunhas emocións autoconscientes son a vergoña, o orgullo, a culpabilidade e a envexa.

A elaboración que o neno/a fai sobre a súa propia identidade é un requisito previo para que poida xurdir a autovaloración e aparezan as emocións autoconscientes. É dicir, é preciso que o pequeno se recoñeza a si mesmo como individuo diferente dos demais, recoñecemento que ten lugar cara ao final do segundo ano de vida.

Entradas relacionadas: