Os curas obreiros

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,78 KB


12


O MOVEMENTO OBREIRO (SEXENIO DEMOCRÁTICO RESTAURACIÓN)

Na sociedade de clases que se configurou Paralelamente ao desenvolvemento capitalista e á industrialización, Existiu unha importante conflitividade social que deu lugar ao Nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras Salariais e laborais da clase traballadora. O conxunto destas Actividades chámase movemento obreiro.

A pesar das Duras condicións de vida e traballo, ata 1868 non Xurdiu un movemento obreiro organizado pola influencia da I Internacional, organización creada para Potenciar a unión e a loita dos traballadores pola súa emancipación En todo o mundo. Anteriormente Os obreiros formaran asociacións de socorro mutuo xa que unha lei de 1839 autorizaba Aos traballadores a loitar pola regulamentación de traballo, polos montepios para facer fronte a unha Enfermidade, un despedimento ou unha morte, polas melloras salariais E a redución da xornada laboral, pola Formación de caixas de resistencia, e De cooperativas de axudas. En 1844, o Goberno suprimiu esta lei, ata que se Volveron a legalizar en 1887.

Os partidos Progresista e demócrata apoiaron as Demandas obreiras, pero foi sobre todo o republicanismo A tendencia máis identificada con elas ata 1874, despois os obreiros Sentíronse defraudados coa política tradicional, xa Que a consideraban Instrumento da burguesía e decantáronse por ideas revolucionarias, Novas ideoloxías que tiveron unha fonda repercusión nos movementos Sociais do anarquismo e socialismo marxista.

O anarquismo Defendía a destrución do Estado e de calquera tipo de autoridade, da propiedade privada e das diferenzas Socioeconómicas. Debían Organizarse en comunas autónomas onde a autoridade fose substituída Por acordos libres entre os habitantes, esta transformación debía ser Realizadapolos Propios traballadores. Foi a ideoloxía obreira máis influente na Restauración, introducida durante o Sexenio polo italiano Giuseppe Fanelli (discípulo De Bakunin), O fundador do anarquismo. Nesta etapa centrouse na captación de Seguidores e na acción terrorista, polo que eran Perseguidose clandestinos. A maior difusión deuse Durante a rexencia de M.Cristina, sobre todo entre os obreiros Cataláns e o Campesiñado andaluz.

O anarquismo Caracterizouse pola súa división
:
uns Eran extremistas e defendían os atentados contra os intereses e os Personaxes das clases dominantes (nesta Liña de actuación encádrase a organización anarquista secreta A Man Negra). O Estado respondeu con dureza mediante a aplicación de penas de Morte.
Outros, En cambio, defendían os principios Colectivistas e antiautoritarios e crearon a Federación de Traballadores da Rexión Española, transformada posteriormente en Federación de Resistencia ao Capital. Entre as federacións locais Destacou a Solidariedade Obreira e, despois da Semana Tráxica de Barcelona, creouse a Confederación Nacional do Traballo (CNT). Pola Actitude dalgúns membros desta os máis radicais fundaron a Federación Anarquista Ibérica (FAI).

Os socialistas defendían a loita de Clases realizada polo proletariado, organizados en partidos políticos Obreiros e sindicatos para conquistar o poder e impoñer medidas de Forza para ter condicións de vida iguais.

Pablo Iglesias impulsou en 1879 o Partido Socialista Obreiro Español, un Partido de clases que defendía os dereitos do proletariado e que foi legalizado por Sagasta en 1881 e A Unión Xeral de Traballadores en 1888. Ata 1887 toda asociación de traballadores era considerada delituosa, A Lei de Asociacións dese ano recoñecía A liberdade sindical. Entre o partido e O sindicato existía unha estreita interdependecia, pero ambas Contribuíron na fundación en París da Segunda Internacional, a cal Declarou o Primeiro de Maio como día da clase obreira, festividade De hoxe en día. O crecemento do Socialismo foi moi lento, a finais de século só estaba ben Implantado en Biscaia, Madrid e Asturias. No Século XX, no 1919 fundouse a III Internacional Comunista, o Que produciu un intenso debate sobre se Seguir o modelo soviético. Unha parte dos socialistas separáronse e Formaron o Partido Comunista de España, pola fusión do Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español.

A terceira vía para Encarreirar as demandas obreiras foi o sindicalismo Católico, baseado na "doutrina Social da Igrexa" da Encíclica Rerum Novarum do papa León XIII, en Forma de resposta contra o ateísmo de Socialistas e anarquistas. Creáronse sociedades obreiras desde unha óptica cristiá co fin de contrarrestar o avance do anarquismo e Socialismo. Destacaou O Sindicato Católico dos Ferroviarios Españois e o Sindicato Católico Obreiro de Mineiros Españois, o Consello de Corporacións CatólicoObreiras e a Federación Nacional de Sindicatos Católicos, Que defendían a colaboración de clases e pretendían lograr a Concordia social que defendía a Igrexa.

O incremento dos prezos e a escaseza dos Produtos ou os impopulares impostos dos consumos orixinaron Frecuentes motíns espontáneos contra os responsables. Ante esta Situación, a actitude do Estado variou dependendo de quen gobernase, En principio apréciase unha postura negativa, pero despois parecen Máis tolerantes, recoñecendo unha serie de dereitos aos Traballadores. Aínda así sempre houbo unha forte vixilancia e non Dubidaron en empregar a forza, mediante a Garda Civil e o exército, Para sufocar os levantamentos, sobre todo no Primeiro de Maio.

Entradas relacionadas:

Etiquetas:
Organización 488