Crisis economica 1866

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,09 KB

 

O Sexenio democrático comeza por consecuencia da revolución de 1968,denominada a “Gloriosa”. Esta revolución, foi causada por Dous grandes causas ou factores: a crise económica e a Deteriorización política.

No ámbito económico, a partir do 1860, a situación de expansión Económica que se daba no reinado de Isabel II (1843-1868), comezou a Cambiar,tanto, que en 1866 fíxose patente o inicio dunha importante Crise económica. Esta crise afectaba a nivel financieiro, industrial E de subsistencias. A nivel financieiro, a crise foi provocada pola Baixada do valor das accións na Bolsa, orixinada por a crise dos Ferrocarrís. A construcción da rede ferroviaria implicou un gran Investimento de capitais, pero ao comezar a explitación das liñas, O seu rendemento era menor do agardado. O escaso desenvolvemento Industrial español non abondou para que o transporte de mercadorías E viaxeiros tivese unha gran demanda, e o valor das accións Derrubouse. Ademáis, a débeda pública comeza a caer en picado, xa Que os bonos do estado de 100 reais valían no mercado soamente 35 en 1866 e 33 en 1868. Esta situación provocou a crise de moitas Entidades financieiras, que cancelaban os seus créditos. A nivel Industrial, sobre todo influiu en Cataluña. A industria téxtil Abastecíase en gran parte con algodón, importado de EEUU, pero a Guerra de Secesión americana (1861-1865) encareceu a importación Deste producto, provocando un período denominado “fame do Algodón”. Debido a esta etapa, moitas pequenas industrias do Sector algodoeiro non puideron afrontar os prezos elevados nun Momento no que desdencia a demanda de producto, debido a crise Económica en xeral, e ó aumento do prezo dos alimentos provocado Pola crise de subsistencias. Esta crise, iniciouse en 1866, e foi Causada por unha serie de malas colleitas a partir das cales se deu Unha escaseza de trigo, alimento básico da poboación española. Inmediatamente, os prezos comezaron a subir. O pan, o trigo, o Cereal... Subiron os precios nuns porcentaxes elevadisimos en Cuestión de meses. A combinación da crise agricola e industrial Agravou a situación. No campo, a fame conduciu a unha conducta Violenta, e nas cidades, a unha vaga de paro que provocou un descenso Do nivel de vida dos traballadores.

No ámbito político,existia unha gran rexeitación hacia a raíña Isabel II. Así, no ano 1866, despois da revolta do cuartel de San Gil, O'Donell foi arredado do goberno pola raíña,pero os seguintes Gabinetes do Partido Moderado (Narváez e González) continuaron a Gobernar por decreto, pecharon as cortes e fixeron “oídos xordos” ós problemas do país. Ante a imposibilidade de acceder ao poder Polos mecanismos constitucional, o Partido Progresista, dirixido polo Xeneral Prim, negouse a participar nas eleccións e defendeu a Conspiración como único medio para gobernar. Na mesma situación Situábase o Partido Demócrata, de modo que ambos partidos decidiron Asinar o Pacto de Ostende (1876) coa vontade de unificar as súas Actuacións para rematar co xeito moderado de actuar no poder. A este Pacto adheriranse os unionistas, en novembro de 1867, tala morte de O'Donell. Esta adhesión foi fundamental para o triunfo da Revolución. Esta revolución, citada anteriormente, data no 19 de Setembro de 1868, cando a escuadra concentrada na baía de Cádiz, ao Mando de Juan Bautista Topete, foi a protagonista dun alzamento Militar contra o goberno de Isabel II. Prim, que estaba exiliado en Londres, e Serrano, en Canarias, reuníronse cos sublevados e Conseguiron o apoio da poboación gaditana. O goberno de Isabel II Víuse entón en perigo. Enviou desde Madrid un exército para se Enfrontar cos sublevados, agrupados en Andalucía, ao mando do xeneral
Serrano. Ambas forzas atopáronse en Puente de Alcolea, preto De Córdoba, onde o día 28 de setembro de 1866 librouse unha batalla Que lle deu a vitoria ás forzas revolucionarias. Isabel II, non viu Máis escapatoria que dimitir e exiliarse. Finalmente a raíña Acudiu ao emperador Napoleón III. Pero, ademáis do pronunciamento Militar e dos feitos bélicos, os revolucionarios foron Protagonizados polas forzas populares, sobre todo as urbanas. En Moitas cidades como Sevilla, Huelva ou Ferrol, constituíronse Xuntas Revolucionarias, que organizaron o levantamento e lanzaron Chamamentos ao pobo. Agora ben, o radicalismo dalgunhas propostas das Xuntas revoluxionarias non era compartido polos dirixentes unionistas E progresistas que xa viran cumprido o seu obxectivo de derrocar a Monarquía. Nos primeiros días, logo de entrar en Madrid, os Sublevados propuxéronlle á Xunta revolucionaria da capital, un Goberno provisional de carácter centrista. O xeneral Serrano foi así Mandado rexente, e o xeneral Prim presidente dun goberno formado por Unionistas e progresistas. Este novo goberno provisional promulgou Unha serie de decretos para darlles satisfacción a algunhas demandas Populares, e convocou eleccións as Cortes constituíntes, nas que Saiu vencedor a coalición gobernamental composta por progresistas Unionistas e un sector dos demócratas. As Cortes reuníronse no mes De febreiro para redactar unha nova constitución, aprobada o 1 de Xuño de 1869. Esta constitución foi a primeira constitución Democrática da historia de España,e estableceu un amplo réxime de Dereitos e liberdades, tales como o recoñecemento dos dereitos de Manifestación,reunión e asociación, ou a liberdade de ensino e Igualdade para obter un emprego. Proclamada xa a constitución, e cun Trono vacante, as Cortes decidiron establecer unha rexencia, que Recaería sobre o xeneral Serrano, sendo Prim o presidente do Goberno. Pero os republicanos e os carlistas amosaban o seu Descontento, e a situación económica era grave, ademais de ter que Atopar un monarca para a Coroa española. A pesaren diso, o novo Gobernador foi ben recibido en Europa.  

Entradas relacionadas: