Crise de 1917

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,39 KB

 
  1. A DESCOMPOSICIÓN DO SISTEMA PARLAMENTARIO (1918-1923)

A partir de 1918 agravouse a crise da restuaración e sumaronse aos problemas unha crise social e económica e a guerra de Marrocos.

  1. CRISE ECONÓMICA E AXITACIÓN SOCIAL

A crise tivo un importante impacto en Cataluña. O movemento de folga máis importante tivo lugar en 1919 na “Canadiense”. O incumprimento do compromiso de readmisión dos trablladores despedidos reactivou o conflito e produciu unha radicalización das posturas que derivou no pistolerismo
.

Producironse tamén movilizacións no sur de España. Esixíase a repatición de terras para os campesiños seguindo o exemplo da Revolución Rusa (trienio bolxevique
)

  1. A DESCOMPOSICIÓN POLÍTICA

A crise de 1917 agravou a situación política. O sistema recorreu a unha nova fórmula: os gobernos de concentración, que integraban os partidos dinásticos e algúns políticos da Asamblea de Parlamentarios e a Lliga Regionalista, supoñia a quebra da quenda de partidos. Destacaba o Goberno Nacional, presidido por Maura, que incluía a todos os xefes parlamentarios dos partidos monárquicos.

Tras o fracaso deste sistema volveuse a quenda dinática, sucedendose unha serie de gobernos inestables que recorreron con frecuencia a medidas de excepción. A crise política era permanente.

  1. O PROBLEMA DE MARROCOS: ANNUAL

As tropas españolas iniciaron un avance desde Melilla co fin de consolidar a ocupación do territorio. A acción, mal dirixida e planificada polo xeneral Silvestre, rematou cunha derrota en Annual, con máis de 13000 mortos.

O desastre de Annual provocou unha terrible impresión nunha opinión pública que xa era contraria a guerra. Houbo grandes protestas e a comisión militar de investigación, presididada polo Xeneral Picasso, puxo de manifestó grandes irregularidades no exército destinado coma no Goberno.


Entradas relacionadas: