Como se caracteriza el creacionismo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,54 KB

 

AS VANGARDAS

As vangardas son movementos artísticos que pretendían una total renovación da arte xurdidos nas dúas primeiras décadas do século XX. As súas características son: ruptura coa tradición literaria, búsqueda de novos camiños expresivos, actitude antisentimental, total liberdade creativa, orixinalidade, eliminación dos signos de puntuación, nova función das metáforas e das imaxes e renovación da linguaxe. Entres as correntes ou ismos destacan:

  • Futurismo: corrente creada por Marinetti no 1909, tras a publicación do “Manifesto do Futurismo”. As súas características son: ruptura coa tradición literaria do pasado, eliminación da métrica, defensa da modernidade, ruptura das normas sintácticas e ortográficas, emprego dos tecnicismos e disposición especial dos versos na páxina.

  • Cubismo: naceu como movemento pictórico en 1907 (Piccaso, Juan Gris…). Caracterízase polo emprego de formas xeométricas e destacan os colaxes. En literatura, salienta a obra “Caligramas” de Guillaume Apollianieri.

  • Dadaísmo: naceu en Zurich a partir dun grupo de artistas durante a Primeira Guerra Mundial, liderado por Tristan Tzara. É un movemento antiarte e renovador. Destaca a súa rebelión contra as convencións establecidas.

  • Surrealismo: é un movemento literario e artístico nacido en Francia con André Bretón, que en 1924 creou o primeiro manifesto do Surrealismo. Incorpora as ideas da psicanálise de Freud. Caracterízase pola renovación da linguaxe e polo emprego de novas técnicas de composición.

XERACIÓN DO 25

Entre os anos 20 e 20 xorde en Galicia un grupo de escritores nados arredor de 1900 que tiñan como obxectivo a renovación da literatura galega e introducir nela as vangardas literarias europeas. Son coñecido como os escritores da Xeración do 25, Xeración do 22 ou Xeración das Vangardas. Entre as mostras máis significativas das vangardas galegas destacan:

  • O manifesto “ Máis Alá” publicado por Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro.

  • As revistas literarias “Ronsel”, “Alfar” e “Cristal”, nas que se publicaron os seus versos e se daban a coñecer os escritores máis importantes das vangardas europeas.

Os poetas máis significativos foron Manuel Antonio, Amado Carballo e Álvaro Cunqueiro.

POESÍA DE VANGARDA

Dentro pa poesía de vangarda podemos destacar tres movementos:

  • Hilozoísmo ou imaxinismo: neste movemento, o tema principal é a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións. Esta estética combina a tradición paisaxística galega coa riqueza das imaxes e metáforas. A poesía imaxinista presenta unha gran sensualidade e ten como meta a creación de imaxes que combinen elementos auditivos e visuais. A súa principal figura foi Luis Amado Carballo, que naceu en Pontevedra na 1901 e morreu no 1927. Escribiu dous libros de poemas:
    “Proel” (1927) e “o Galo” (1928). Tamén escribiu unha novela titulada “Os pobres de Deus”.

  • Neotrobadorismo: nace debido á difusión dos cancioneiros da lírica medieval galego-portuguesa. Os poetas neotrobadoristas introducen nos seus poemas gran cantidade de recursos formais, estilísticos e temáticos da literatura medieval. O interese pola literatura medieval responde á recuperación da tradición litetraria galega emprendida polo galeguismo. Os principais autores son: Fermín Bouza Brey (“Nao Senlleira(1933)) e Álvaro Cunqueiro (“Cantiga nova que se chama Riveira”(1933) “Dona de corpo delgado (1950)).

  • Vangarda plena: destacan os seguintes poetas:

  • Álvaro Cunqueiro, que escribiu “Mar ao norde” (1932), de estética cubista e “Poemas do si e non” (1933), de estética surrealista.

  • Manuel Luís Acuña, que escribíu “Fírgoas” no 1933, no que se manifesta asimilación das técnicas vangardísticas.

  • Manuel Antonio, que naceu en Rianxo no 1900 en morreu no 1930. Foi o peta máis innovador da Xeración do 25. A maioría da súa obra inclúese dentro do creacionismo, con pegadas futuristas e cubistas. Caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, á que considera continuadora das obras dos poetas do Rexurdimento. O seu libro máis importante é: “De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo” (1928), que conta con 19 poemas e estructúrase como a crónica dunha viaxe (partida-aventura-regreso). No 1972 edítase a súa “Obra completa”. Manuel Antonio expón as súas ideas literarias en dous manifestos:

  • “Máis Alá” (1922), no que expresa a necesidade de romper coa tradición literaria galega e buscar novos camiños inspirándose nas vangardas. O ideal que el defende é a liberdade creativa.

  • “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu” (1924), publicado no xornal “Galicia” e no que Manuel Antonio insiste nalgún dos aspectos tratados no manifesto.


Entradas relacionadas: