Como se caracteriza el creacionismo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 21,26 KB

 

TEMA II: A POESÍA DE VANGARDA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS.

A POESÍA DE VANGARDAS. OS ISMOS NA ETAPA DE PREGUERRA

         Co comezo do século XX, Aparecen por toda Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas Tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar novas Realidades culturais e científicas. A situación política (son os anos que Culminan na 1ª Guerra Mundial) e os cambios sociais favoreceron a aparición dos Movementos de vangarda, que pretenden reflectir as formas de vida moderna.

En Galicia ,se a narrativa e o teatro foron renovados polos homes de Nós antes da Guerra Civil española, na Mesma época, a renovación da poesía galega veu da man dun grupo de escritores Moi novos que se encargaron de de superar a lírica do XIX e principios do XX, Mediante a incorporación das vangardas europeas.

         Os principios básicos das Vangardas galegas son:

. Ruptura Coa literatura anterior(paisaxística e cívico-social). Os temas que van tratar Son intranscendentes desde o punto de vista social.

. Provocación literaria de cara á mocidade ao ir “contra o vello” e criticar Duramente a literatura realista.

. Fuxir da realidade, da imitación do real: propóñense crear unha realidade diferente e fuxir dos Valores consagrados na estética galeguista, entre eles o ritmo e a rima na Poesía.

. O concepto da Arte pola Arte ou triunfo da estética sobre o compromiso social para o Cal van renovar a linguaxe e os recursos estilísticos.

         A difusión desta nova Poesía foi principalmente a través de revistas especializadas publicadas ao Longo de dúas décadas: non só aquelas publicacións creadas polos máis novos (Ronsel, Cristal, Resol, Papel de Color, Alfar…)senón tamén as rexentadas polos maiores (A Nosa Terra e sobre todo Nós)

         No mes de xuño de 1922, o Poeta Manuel Antonio e mais o artista plástico Álvaro Cebreiro daban á luz Pública un manifesto rupturista titulado: “Máis alá”.Nel Manuel Antonio semellaba formular Unha ruptura total coa literatura anterior e renegaba do pasado prescribindo Unha literatura completamente nova na liña que ían debuxando os diferentes ismos que se sucedían sen interrupción: Futurismo, Cubismo, dadaísmo, creacionismo... Ademais o texto é tamén un Chamamento ás novas xeracións intelectuais para que rompan co pasado e procuren O seu camiño indo sempre “máis alá”(de aí o título do manifesto).

         A difusión das vangardas En Galicia foi lenta e relativamente escasa, as novidades chegaban con certo Retraso e, ademais, case sempre a través de literaturas intermedias(española, Portuguesa). Por outra banda o contexto cultural, artístico e literario galego Era certamente problemático para que puidera saír adiante unha tendencia de Vangarda pura. A tradición pesaba forte(o galeguismo consideraba que non podía Permitirse o luxo de prescindir sen máis da tradición – Rosalía, Curros e Pondal-
como propoñía Manuel Antonio), mais os ideólogos das Irmandades –singularmente Risco- consideraban necesario introducir na nosa cultura as Novidades que chegaban do exterior.

         A liña que se acabará por Impoñer maioritariamente non vai ser a preconizada por Manuel Antonio, senón a Vangarda enxebre, que se traduce en versos moito máis moderados en relación ao Pulo vangardista.

         Podemos clasificar os Escritores das vangardas galegas (NOVECENTISTAS, XERACIÓN DO 22 ouXERACIÓN DO 25), fillos Espirituais dos homes de Nós e colaboradores das súas actividades, en dous Grupos:

1-Seguidores Da vangarda plena, cunha poesía novidosa: Manuel Antonio, representante Do CREACIONISMO

2-Seguidores Da vangarda moderada (vangarda enxebre) menos innovadora cunha base Tradicional aínda importante (poesía paisaxística ou popular):

-Amado Carballo, Euxenio Montes, Manuel Luís Acuña, representantes do HILOZOÍSMO.

-Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza Brey, Xoán Vicente Viqueira, representantes do NEOTROBADORISMO.

A VANGARDA PLENA. O CREACIONISMO DE Manuel Antonio

         O creacionismo é un ismo que se Basea na creación do poema como unha realidade autónoma por medio da xustaposición de imaxes innovadoras, ás veces baseadas en asociacións insólitas: “pinos monacais”, “vela de chuvascos”... O obxectivo do poeta non é que o texto Se comprenda senón que fascine. Así típicos dos poemas creacionistas son: a ausencia De rima, a falta de nexos temáticos, a ausencia de signos de puntuación e a configuración caprichosa da páxina.

         O representante galego é Manuel Antonio (Rianxo 1900-1930)que ademais foi a persoa que máis Teorizou sobre os movementos vangardistas (“Máis Alá”, “Prólogo dun libro de Poemas que ninguén escribiu”- publicado nas páxinas do xornal Galicia-).

         Mariñeiro de profesión Nun paquebote, levará á súa poesía como tema recorrente o mar ao que Rodean unha serie de elementos marítimos(lúas, ondas, ronseis, ventos, Soles...).

Na súa obra De catro a catro (19 poemas dispostos en forma dun singular caderno de bitácora), única publicada en vida, a diferenza das vangardas europeas non observamos a Ausencia do eu poético: o Significado da aventura polo mar que percorre é unha especie de aventura interior onde o barco é o “home” e o mar a “vida”. A través destes símbolos, o Poeta reflexiona con pesimismo sobre a existencia humana, e mesmo podemos Observa un dobre “eu” cando se afasta da terra cara á aventura do mar:

“... alguén que Chora dentro de min


por Aquel outro eu


que Se vai no veleiro


      para sempre


      coma un morto


co Peso eterno de tódolos adeuses

                “Adeus” De catro a catro

Segundo esta interpretación da obra, a viaxe marítima Non é o núcleo sobre o que se organiza o poemario. O navío de M. Antonio non Navega, permanece estático no medio da inmensidade. Tempo e espazo están Desordenados: os poemas son metáforas das vivencias, pensamentos e sensacións En desorde da alma náufraga e rodeada de soidade de M. Antonio.

         Como características da Estética vangardista observamos:

-Disposición tipográfica

-Desmitificación dos Elementos tópicos, p. Ex. A auga, chea de connotacións Líricas ao longo da literatura, para o autor é só H2O. Así no tema Marítimo(como sinalamos anteriormente), crea un mar existencial, lonxe do mar Sentimental de escritores anteriores.

-Renovación da linguaxe: neoloxismos, linguaxe técnica marítima (morse, SOS), Préstamos (stock, navy bar), cultismos (pirotecnia, radiograma), Hipergaleguismos (hourizonte, oucéano)

-Ausencia da rima.

-Predominio do verso Libre e non utilización de tipos de estrofa Ríxidos.

-Ruptura gramatical e Semántica que provoca a difícil interpretación Do poema e mesmo a súa ambigüidade.

-Ruptura temática coa Literatura anterior(costumista e Cívica)

Con anacos do meu interior (1º poemario)é unha transición cara ao Vangardismo, sen temática definida. Os poemas aínda conservan rima ao tempo que Vai inserindo certos elementos vangardistas: rupturas sintácticas, imaxes Humanizadas…

Foulas é o seu 2º poemario. Nel continúa o proceso de asunción da estética vangardista.A nova Linguaxe está máis asentada e non ten temática homoxénea, malia unha aparición Maior do mar, previo ao que aparecerá en De Catro a catro.

En Foulas, a innovación expresiva baséase Sobre todo na imaxe. Tamén se afonda a ruptura coa estrutura da páxina: Diferentes tipos de letras, espazos en branco, que resultan de desprazar o Texto cara á dereita …

En Sempre e mais dispois, tamén anterior a De catro a catro, segue o emprego de imaxes tipográficas-visuais na Liña dos caligramas cubistas e creacionistas, salientando a utilización dos Espazos en branco, asociados ao silencio, á distancia e mais á soidade.

A VANGARDA MODERADA: O HILOZOÍSMO E O NEOTROBADORISMO.

O hilozoísmo foi o Movemento máis seguido e baséase na combinación de recursos propios das Vangardas coas formas tradicionais da nosa poesía(verso curto, rima asonante...). O recurso estilístico máis empregado é a prosopopea ou animación De elementos da natureza. Tamén se emprega a sucesión de imaxesplásticas xustapostas e é frecuente a subxectividade cromática de tal xeito que rompe a relación entre cor real-cor Poética:

                    O sol –manso boi vermello-


                    Pasta no verde das ágoas.

Predominan as imaxes e a linguaxe metafórica e Inspíranse na paisaxe, tema tradicional, mais cunha visión de raíz Vangardista. Poesía breve e sinxela.

         Seguen esta tendencia: Roberto Blanco Torres (Orballo de media noite), Euxenio Montes (Versos a tres cas o neto), Manuel Luís Acuña (Fírgoas), Florencio Delgado Gurriarán, Xulio Sigüenza … pero o seu mellor representante é Luís Amado Carballo, autor dun único libro de poemas en vida –Proel-. Postumamente apareceu O Galo. Compón unha obra na cal os Poemas semellan unha sucesión de imaxes plásticas, instantáneas dunha natureza Personificada, combinando elementos visuais e auditivos e  empregando versos de sinxeleza métrica, que Parten das formas populares.

O neotrobadorismo: Corrente que comezou en 1933 co poemario Naosenlleirade Fermín Bouza Brey e Remata en 1953 con Cancioneiro de Monfero de Xosé María ÁlvarezBlázquez. Outros representantes son Álvaro Cunqueiro e Xoán Vicente Viqueira.

         O neotrobadorismo nace Por influxo da lectura dos cancioneiros medievais e imita procedementos estilísticos Propios das cantigas, especialmente da cantiga de amigo, como son o paralelismo E leixaprén. Emprega léxico propio da cantiga de amigo. A voz lírica é Feminina.

                            Con auga de sede vella


                            Namorar Eu namoreina


                            Meu Amigo! (refrán e léxico medieval)

Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira.

Fermín Bouza Brey(Ponteareas 1901-Santiago 1973). Publica Nao senlleira(1933) e Seitura(1955). En Nao senlleira non podemos falar en rigor de Presenzas vangardistas xa que recrea o legado medieval desde unha preocupación Formalista allea ao mundo dos ismos.

Álvaro Cunqueiro(Mondoñedo 1911-Vigo 1981). Na liña do neotrobadorismo Publica Cantiga nova que se chama Riveira(1933) con influencias do Creacionismo, e Dona do corpo delgado(1950) máis fiel aos modelos medievais e menos innovador Ca o anterior.

         Nestes autores tamén hai Influencias doutros ismos europeos como:

Cubismo: propón a descomposición do poema en Figuras xeométricas. A través do caligrama preténdese reproducir a Simultaneidade coa que se presenta a realidade e afastarse da sucesión de Versos:

                                                                  Faro

                                                        Faro   faro    faro

                                                                  Faro

M. Antonio, Foulas.

Surrealismo manifestado na Obra de André Bretón, pretendeu unha escritura automática que plasmase o Subconsciente. Na poesía galega deixou pegadas nas imaxes visionarias, sen Lóxica aparente. Esta influencia vese en Poemas do si E non(1933) e Mar ao norde de A. Cunqueiro.

Futurismo, baséase no dinamismo do poema. Suprímense adxectivos e adverbios para dar sensación de rapidez, eloxia os Avances tecnolóxicos polo que introduce léxico innovador referido ás novas Técnicas(máquinas, o avión...). Son exemplos Con anacos Do meu interior de M. Antonio:

                                      Dos carrís esquencidos do tranvía


                                      Non Se sabe o desexo misterioso


                                      No Paralelo rego que fuxían


e Mar ao norde de Álvaro Cunqueiro.

Ultraísmo considera a metáfora como o recurso Imprescindible do poema. É como unha síntese das vangardas con especial Atención ao creacionismo. Así caracterízase pola tendencia ao Antisentimentalismo e á deshumanización da arte, pola especial importancia que Se lle concede á imaxe poética e á metáfora e pola innovacións na disposición Do poema. Euxenio Montes en Versos a tres cas o neto.

Entradas relacionadas: