Comercio polo xunto

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,08 KB

 

¡Escribe tu texto a

  • Libre servizo, e dicir, o sistema de venda por autoservizo, o almacen ocupa espazo moi reducido deixando a maior parte do espazo para a sala de venda.

           O cliente circula libremente tendo a mercadoría ao seu alcance.

           Variedade e rotación de produtos alta, con prezo baixo e compra rápida.

           Preocupación por presentación de artigos, equipamentos e tecnoloxía.

           Altos investimentos, favorecidos polos beneficios obtidos.

           Pertenza a grandes cadeas, con maior poder de negociación cos proveedores.

           Negativo, trato non persoal, asesoramento escaso e alonxado do domicilio.

Tendese a palialo co sistema de venda mixto, combina o libre servizo coa   venda asistida, e tamén con servizos aos clientes.

Actualmente as vendas por libre servizo e mixtas medraron moito, dando lugar a distintos tipos de establecementos comerciais:

  • Establecementos de alimentación e consumo doméstico. Menos de 2500 m2, localizado no centro e barrios urbanos, calsificados en autoservizos e supermecados. Gañan cota de mercado nos últimos anos, combinando mellor calidade, prezo, proximidade, variedade e servizo.

  • Grandes superficies comerciais. Superior aos 2500 m2

  • Hipermercados máis variedade que os supermercados, centros e periferias urbanas.

  • Tendas de desconto, variedade limitada de produtos a baixo prezo, nos barrios e periferias.

  • Grandes almacéns, mínimo de 50000 referencias, no centro das grandes cidades.

  • Almacéns populares, versión reducida dos grandes almacéns, para clientela máis modesta.

  • Centros comerciais rexionais integrados, combinan hipermercados con comercios independentes de todo tipo e establecementos para o ocio, no seu inicio localizados nos arredores das cidades, ultimamente tamén no centro.

  • Grandes superficies especializadas, especialízanse nunha variedade moi grande dun produto (bricolaxe, xoguetes, deporte, ocio, tecnoloxía), venden a prezo competitivo e contan con persoal especializado. Normalmente periferia urbana. Parques de fabricantes, os fabricantes venden directamente ao público os seus excedentes ou produtos fóra de tempada con grandes descontos. Arredores das cidades, xunto a importantes nos de comunicación.

  • Vendas sen establecemento. Vendas por catálogo, a televenda, a venda por máquina automática e por Internet, ésta última en expansión, inda que en España centrase na promoción de produtos e o comercio entre empresas.

Entradas relacionadas: