Comentario da proposta de Primo de Rivera a alfonso 13 para substituir o directorio militar por civil

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 12,74 KB

  1. A DITADURA DE Primo de Rivera (1923-1930)

O sistema constitucional e parlamentario iniciado coa Restauración monárquica de 1874 rematou en 1923 cun Golpe de Estado militar co que se estableceu unha dictadura.

  1. A QUEBRA DO RÉXIME CONSTITUCIONALISTA

En Abril do 1923, un goberno liberal presiddido por García Prieto, pretendeu levar a cabo unha reforma da Constitución. A pesar de contar cunha clara maioría nas Cortes, o proxecto viuse obstaculizado pola oposición do rei, do exército e da Igrexa.

O capital xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, impulsou un Golpe de Estado militar (13 de setembro). O rei negouse a destituir ós militares sublevados e o Goberno dimitiu.

Primo de Rivera, xustificou a súa actuación nun manifestó, no que culpana de desgobernó aos partidos tradicionais e tiña a intención de acabar co caciquismo e a corrupción, recuperar a orde pública.

Esperábase que o novo réxime tivese un carácter temporal e puxese fina un sistema que demostara ser incapaz de resolver os problemas do país.

  1. O DIRECTORIO MILITAR (1923-1925)

Afonso XIII nomeou a Primo de Rivera presidente do Directorio dun goberno integrado por militares. As súas primeiras mediads foronn a declaración do estado de guerra, a suspensión da Constitución e disolución do Parlamento e a ilegalización de partidos e correntes obreiras.

Liquidou tamén a Mancomunidade catalá restrinxindo todos os seus símbolos.

Para acabar co caciquismo, disolveu os concellos cambiándoos por xuntas de vogais, elaborou un estatuto municipal e provincial.

Instaurou unha política de orde pública moi represiva, prohibindo manifestacións e folgas, e perseguirónse aos dirixentes obreiros. O que puxo fin á violencia social e ao pistoleirismo.

Os ataques contra o protectorado francés, propiciaron a colaboración de España e Francia, co desembarque español na bahía de Alhucemas e das tropas francesas no sur.

O pretendido carácter rexeneracionista do Directorio Militar concretourse nunha lexislación social
. Estes primeiros éxitos deron popularidade a Primo de Rivera, e a finais do 1925 cambiou o Directorio

  1. O DIRECTORIO CIVIL (1925-1930)

Unha vez resolto o problema da orde pública e a cuestión marroquí, estableceuse un Directorio Civil, co obxetcivo de abandonar a excepcionalidade e regresar á normalidade.

Formouse un novo goberno presidido por Primo de Rivera, formado por técnicos civís como Calvo Sotelo. Esto mostraba que Primo de Rivera pretendía consolidarse no poder e contar co apoio dos sectores conservadores, da banca e da industria.

Produciuse unha reactivación da economía basada no nacionalismo económico e o dirixismo estatal.

Levouse a cabo unha reorganización das institucións do Estado. En 1924 creara unha nova formación política, a Unión Patriótica, un partido gubernamental.

Como órgano auxiliar do Partido o Directorio creou o Somatén, unha forza armada cidadá con capacidade para apoiar a policía e o exército en momentos de conflitos internos.

  1. A ORGANIZACIÓN CORPORITIVISTA DO ESTADO

Convocouse unha Asamblea Nacional Consultiva. Tratábase dun organismo corportativo, composto por representantes das corporacións elixidos por sufraxio indirecto con función consultiva. (o sufraxio universal quedou relegado ao esquecemento).  Debía encargarse de elaborar un Estatuto Fundamental da Monarquía a modo de constitución.

Para frear a conflictividade laborar fundouse o Consello de Traballo ou Organización Corporativa Nacional.

O sindicato socialista UGT colaborou nun principio con ovo sindicalismo, o que creou tensións no socialismo, pero retirouse máis tarde.

  1. A OPOSICIÓN Á DICTADURA

Ainda que Primo de Rivera non contou cunha oposición importante nos seus inicios, co tempo foi crecendo e impulsou acción para poñer fin á dictadura.

Algúns dos antigos líderes apoiaron conspiracións militares coa chamada “sanxonada”.

Os republicanos protagonizaron a Alianza Republicana, campaña de desprestixio ao réxime a nivel nacional e internacional.

Os intelectuais e estudantes universitarios criticaron a ditadura e denunciaron a censura de prensa e a falta de liberade.

Todo isto incrementou a influencia de grupos nacionalistas.

A oposición obreira centrouse na CNT , co obxectivo de incrementar a influencia anarquista na CNT constituise a Federación Anarquista Ibérica (FAI)

O PSOE entrará máis tarde en contracto con grupos republicanos que tentaban poñer fin á ditadura e substituir a monarquía por un réxime republicano.


Entradas relacionadas: