Caracteristicas de los paises pobres y ricos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 14,42 KB

 

O mundo de hoxe é, en gran parte, o resultado da crise e afundimento Do bloque comunista e do triunfo Do sistema capitalista, favorecido polo extraordinario desenvolvemento das novas tecnoloxías da Información e da comunicación.

As Relacións económicas, sociais e culturais que o capitalismo Estableceu entre os diversos países E rexións da Terra crean situacións de colaboración, de Intercambio, de interdependencia e de Dominio político, social e económico.

Así E todo, cabe lembrar que o comercio entre lugares ás veces moi Afastados, a depredacións dalgúns Recursos naturais e o dominio duns países sobre outros existen desde Moi antigo. O que caracteriza O fenómeno da globalización é que estas relacóns na actualidade Teñen unha cobertura mundial E unha intensidade descoñecida ata agora, de xeito que algúns Autores din que o planeta se converteu Nunha aldea global.

A Economía global organízase ao redor de Estados Unidos, a Unión Europea, Xapón e, recentemente, China, Estes países controlan a información e o coñecemento, Concentra gran parte do Capital, as finanzas mundiais e numerosas empresas, e teñen un gran Poder político e de decisión. 

A Desigualdade no mundo

O Sistema de economía de mercado debía crear o benestar e o progreso Dos pobos pero foi favorable Só para un reducido grupo de países, ricos e industrializados, e Pola contra resultou moi problemático Para moitos outros países, periféricos ou colonizados, que viron Aumentar a súa pobreza, A súa explotación e a súa dependencia. O Distinto grao de desenvolvemento dos países do mundo explica que se Poidan diferenciar outros Grupos que non forman parte dos países ricos:

- Os países en desenvolvemento son
Estados cun nivel de vida Relativamente baixo e un crecemento De poboación elevado. A economía ten unha base agraria e o Desenvolvemento industrial é escaso ou incipiente, todo isto determina un nivel de pobreza Bastante estendido.

Dentro Dos países en desenvolvemento hai un grupo de medran a un ritmo moi Superior ao resto do Mundo, son os chamados países emerxentes ou G-5 (Brasil, China, India, México e Repúbica de África do Sur). Este grupo de pai´ses comparte elementos do mundo Rico e do pobre e mantén

moitas Diferenzas sociais internas. Son espazos esenciais para o sistema Capitalista porque evitan A polarización entre ricos e pobres, e demostran que o sistema Posibilita o progreso. Polo xeral Son rexións moi activas que ofrecen man de obra preparada ou barata, Baixos impostos, escasas Normas ambientais e gobernos fortes e favorables á entrada de Empresas estranxeiras.

- Os países pobres, un exemplo poden ser os países subsaharianos,  fástanse do benestar en sentido Colectivo e viven nunha situación de pobreza e atraso tecnolóxico Moi arraigados. Os países Desenvolvidos e desde hai poucos anos China explotan os seus recursos Naturais en beneficio Propio e permiten, e ás veces apoian, a permanencia dos gobernos Corruptos favorables Aos seus intereses. Outros países, sen recursos naturais releantes e Sumidos en guerras Tribais, deixaron de lle interesar ao capital e son países Esquecidos que quedaron á marxe Do sistema. 

O Comercio desigual

O Volume comercial dos países menos desenvolvidos é moi escaso debido As características da produción E dos fluxos comerciais. Moitos países, cunha economía de Subsistencia, non teñen sequera Bens para acceder ao comercio internacional. Outros cultivan produtos Ben cotizados, como café, Cacao, azucre e algodón, destinados á comercialización mundial: as Súas economías nacionais chegan A depender nun 80 ou 90% da súa exportación. No entanto, os prezos Fíxanos, nas bolsas de Nova York, Londres, París..., as multinacionais que obteñen Elevados beneficios do seu papel de intermediarios. Por esta razón xurdiu un tipo de comercio alternativo denominado Comercio xusto ou solidario.

En Ocasións, os países menos desenvolvidos quedan á marxe do tráfico De mercadorías. Existen tres Grandes fluxos comerciais a nivel mundial que unen América do Norte, A Unión Europea e XapónCorea. Así E todo, extensas áreas de América Latina, África e Asia quedan Illadas das rutas

comerciais E resúltalles moi difícil acceder a elas porque as súas redes de Comunicación son moi deficientes E con escaso potencial. Deste Xeito, as balanzas comerciais destes países son deficitarias, porque Exportan poucos bens a Baixos prezos, mentres que importan produtos manufacturados a prezos Elevados, procedentes do mundo Desenvolvido. O déficit agrava o problema de débeda externa, que Ameaza as súas economías E pon en evidencia as fondas contradicións da globalización. O Fondo Monetario Internacional (FMI) ou o Banco Mundial concédelles préstamos que non poden Devolver, e como consecuencia Disto, a acumulación de xuros chega a triplicar o u cuadriplicar o Crédito inicial; cada vez Lles resulta máis difícil saír da situación de pobreza e por iso Se baralla a necesidade de condonar a Débeda externa dos países máis pobres. 

Posición De España no mundo

España é un dos 27 países membros da Unión Europea e un dos 198 países Que hai actualmente no Mundo. Forma parte da civilización occidental e da cultura Mediterránea. A economía española é Das máis desenvolvidas e a poboación goza dun elevado nivel de Benestar. Para analizar a súa posición No conxunto mundial convén ter en conta diversas variables:

- Extensión. Se ordenamos os países pola súa extensión, nos Primeiros lugares figuran países que ocupan Unha gran parte dun continente con extensións superiores aos 7 Millóns de km 

. Unha segunda categoría de países inclúe grandes Estados con máis De 1 millón de km

. España ocupa

pola Súa extensión (505.990 km) o lugar cincuenta e un na clasificación Mundial, de xeito que se Considera un territorio relativamente grande.

- Poboación. Se ordenamos os países pola súa poboación, España Ocupa un lugar destacado, polo Que se pode considerar un país poboado. Salientan nos primeiros Lugares China, con máis de 1.300 millóns de habitantes, e a India, con 1.166 millóns, que son Os países máis poboados  a Terra. España está situada dentro do grupo de pases que teñen un Volume considerable de poboación (46 millóns).

- Riqueza. O nivel de riqueza dun país adóitase medir segundo o seu Produto Interior Bruto por habitante (PIB per cápita). O PIB per cápita é o valor de toda a produción Dun ano dividido ppolo número De habitantes. España, cun PIB por habitante de 24.020 euros, é un País rico que forma parte Do conxunto de países desenvolvidos no mundo. España  pertence á Unión Europea e, como Tal, está incluída no grupo de países economicamente máis Poderosos do planeta.

- Desenvolvemento. Actualmente, para poder situar de forma comparativa O desenvolvemento dos países Recórrese ao Índice de Desenvolvemento Humano (IDH), un indicador Que se calcula a partir De tres variables: a esperanza de vida ao nacer, o índice de Escolarización e o índice do PIB Por habitante e se puntúan entre un valor máximo de 1 e un valor Mínimo de 0; España ocupa O lugar dezaseis na clasificación mundial (0,949 de índice). Todos Estes datos veñen confirmar Que formamos parte do pequeno grupo de habitantes do planeta que goza Das condicións De vida máis favorables.

Respecto A súa proxección cultural no mundo, España é un país ultilingüe, no que os diversos

idiomas Constitúen unha riqueza cultural. Das linguas de España, a que ten Maior presenza no mundo é O castelán, porque o falan nas súas diferentes modalidades millóns De persoas de diversos países de América Latina. O castelán tamén é a segunda lingua máis falada De Estados Unidos debido ao número De inmigrantes hispanos, e é lingua oficial da ONU e cooficial no ámbito da Unión Europea. En Canto a súa presenza nos organismos internacionais España, debido á Guerra Civil e á ditadura Franquista, viviu illada do ámbito internacional entre os anos 1939 E 1959. A posición estratéxica Que ocupa no mar Mediterráneo interesoulle a Estados Unidos durante A guerra fría e iso facilitou A súa apertura ao exterior e a súa entrada na ONU en 1955. Desde Aquela España coñeceu un Gran desenvolvemento económico e social e hoxe figura como membro da  nión Europea, institución Na que se integrou en 1986 (CEE).

Ademais Partircipa nun gran número de organizacións internacionais, o que Expresa a vontade e A necesidade de resolver os problemas pola vía do diálogo e da Cooperación. Unha das máis importantes é a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Esta Organización foi fundada despois Da Segunda Guerra Mundial, en 1949, para lles facer fronte a posibles ameazas do bloque comunista. É unha organización de defensa político-militar cuxo obxectivo é A axuda mutua, salvagardar A paz, a seguridade e o benestar das potencias que a integran en caso Dun ataque exterior. Tras un referendo, España incorporouse definitivamente á OTAN en 1986.

Das Organizacións económicas máis destacadas na que España tamén ten Un papel moi activo salienta A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Esta organización Foi fundada en 1960 e ten como obxectivo coordinar as políticas Económicas e sociais dos Estados membros. España ingresou na OCDE en 1961. Forman Parte do grupo de organizacións económicas, o Fondo Monetario Internacional (FMI), institución De carácter financeiro, e a Organización Mundial do Comercio (OMC), De tipo comercial. 

Entradas relacionadas: