Cantigas de amor

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,87 KB

 

1. A Idade Media. A lírica medieval

A lírica galego-
Portuguesa xorde nos territorios de Galicia e Portugal nos últimos anos do SXII e cultivase ata mediados do SXIV.

Na actualidade consérvanse arredor de 1600 cantigas profanas a comezos do SXIX recollidos nos cancioneiros.

En canto aos autores e intérpretes, pertencían ás máis variadas condicións sociais e procedencias. Recibían os seguintes nomes:

-Trobador: compoñía textos e música e pertencía á nobreza.

-Xograr: interpretaba as cantigas nas prazas e romarías e era da clase baixa.

-Menestrel: encargábase do acompañamento instrumental das cantigas.

-Soldadeira: era unha muller que realizaba exercicios ximnásticos.


1.1 As cantigas de amor

Son composicións da lírica galego-portuguesa nas que o trobador canta as calidades da ama, que é tratada como unha muller perfecta e inalcanzable.

Reproducen o ideario do amor cortés da cançó provenzal, que consistía nunha concepción mística e platónica do amor, baseada na idealización da dama de orixe aristocrática, a submisión do namorado, que establece unha relación equivalente á do vasalo co señor feudal.

Características temáticas

A loanza da dama: normalmente faise unha enumeración de trazos físicos e morais que caracterizan á dama.

O amor do poeta: non se describe con detalle o proceso de namoramento, senón que aparece como algo anterior mediante expresións.

A reserva da dama: a muller non se cita co nome senón que permanece no anonimato.

A coita de amor: a dor que provoca este amor platónico adoita manifestarse a través da loucura de amor. Así, o trobador prefire morrer de amor antes que vivir nun padecer constante, causado pola indiferenza da amada.

Características formais

As cantigas de amor están compostas por varias cobras (estrofas) cun número variable de palavras (versos).

-Cantigas de mestría: seguen o modelo provenzal, presentan moitos artificios e carecen de refrán.

-Cantigas de refrán: empregan recursos das cantigas de amigo, ademais do refrán ao final de cada

estrofa.

A rima tamén é un aspecto que diferencia estas composicións. É macho cando os versos rematan nunha palabra aguda. Se a última palabra é grave, é femia. E, no caso de aparecer un verso sen rima, trátase de palabra perduda.

Os artificios de repetición

-O dobre consiste na repetición dunha ou máis dentro dunha estrofa en lugares simétricos.

-O mordobre é a repetición dunha palabra e os seus derivados ao longo da cantiga.

-A ata-finda consiste na concatenación de estrofas.

-A finda é unha estrofa máis breve, entre un e catro versos, ao final da cantiga que resume o seu

contido.


1.2 As cantigas de amigo

Aínda que teñen orixe provenzal, presentan trazos de poesía tradicional.

Unha rapaza expón os seus sentimentos amorosos cara o seu namorado, que se nome xa nos primeiros versos como amigo.

O tema central é o amor que sente a rapaza por manifestar en formas diversas: desde a tristeza pola ausencia do seu amado ata a alegría polo próximo encontro...

Poden presentarse en forma narrativa, como monólogo, ou de forma dialogada, na que a voz poética conversa cun interlocutor.


Presentan un esquema ríxido, en canto á forma, baseado na repetición co obxectivo de facilitar a memorización ó intérprete. Predominan os recursos que marcan un ritmo repetitivo.

-Paralelismo: repetición, con lixeiras variantes, variando nas palabras finais ou cambiando a orde para que tamén cambie a rima.

-Leixaprén: repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.

-Refrán: repetición literal do último ou últimos versos ao final de cada estrofa.



O galego durante o franquismo

O verán de 1936 supón unha profunda fenda histórica e cultural para Galicia: nuns días pasouse da aprobación maioritaria do Estatuto de Autonomía do pobo galego á sublevación dos militares.

Dá lugar a unha forte represión xeneralizada. Algúns dos máis destacados galeguistas que loitaran pola recuperación da lingua sufriron directamente a represión da ditadura.

O remate da Guerra Civil e o inicio do franquismo provocaron a desaparición da lingua galega da escena pública, do ensino e das actividades socieconómicas. O uso do galego é só familiar e colo-

quial, sentido como lingua da aldea e ata s propios falantes senten vergoña da súa lingua. O galego convértese nunha lingua inferior, que só se utiliza coa familia ou cos amigos pois o seu uso público podía supor a perda do traballo ou mesmo da liberdade.

A ditadura conta con tres medios poderosos: a escola, os medios de comunicación e a Igrexa, que tiñan o castelán como único vehículo de expresión.

O galego no exilio

A cultura desenvolveuse en Arxentina, Venezuela, México ou Cuba. A capital da cultura galega era Bos Aires e había figuras como Castelao, Rafael Dieste, Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor...

Xorden as primeiras editoriais na residencia algúns títulos da literatura galega contemporánea publícanse e distribúense desde o exilio: Sempre en Galiza de Castelao (1945), A esmorga de Eduardo Blanco Amor (1959) ou Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas (1965), entre outros.

A lenta recuperación a finais da década de 1940

A recuperación cultural iníciase lentamente ben avanzada á década dos 40 coa Editorial Galaxia en 1950.

A partir de 1960: a instauración do Día das Letras Galegas (1963), a ampliación do mundo editorial coa creación de Edicións do Castro (1963), as novas asociacións culturais en defensa da lingua e cultura galegas.

No ano 1971 nace o Instituto da Lingua Galega.

A Igrexa galega, as altas dignidades eclesiásticas e a maioría dos sacerdotes seguen negando o uso do galego na liturxia, aínda que existiron algúns sectores moi minoritarios que traballaban pola galeguización.

Os medios de comunicación de masas incrementan de maneira espectacular a súa influencia na sociedade galega.

Entradas relacionadas: