Buscar resumen de o crepuesculo e as formigas de mendez ferrin

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,36 KB

tema 5.A poesia entre
1936 e 1975: a xeracion do 36,a promocion d enlace,a xeracion das festas minervais.En Galicia desde 1936 non s publica 1 libro d poemas ata 1947,comaros verdes.A partir dese momento podemos falar d 3 xeracions poeticas diferentes q publican ao mesmo tempo: 1.Xeracion do 36.Poetas na2 entre 1910-20;a guerra coyeos na sua xuventude.
son poetas d culturas e estilos moi diferentes: a.Cunqueiro,celso emilio ferreiro,aquilino iglesia alvariño,María mariño,etc.2.Promocion d enlace,na2 entre 1920-30.Tampouco son 1 grupo coerente.Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural duna sociedade censurada e bastante iya2 da cultura europea: luz pozo garza,Manuel cuña novas...3.Poetas das "festas minervais",na2 entre 1930-40,non coñecen a Guerra Civil: Manuel María,uxio novoneyra,xoana torres,ou mendez ferrin...Neles xa existe 1a con100cia d grupo,participan nas festas minervais universitarias ou na creacion do grupo brais pinto.Estes autores seguen as tendencias anteriores: ilozoismo,neotrobadorismo,paisaxismo ruralista...Logo iran aparecendo formas novas como o intimismo ou o clasicismo.Destaca a escola da tebra ou "poesia do neboeiro": poesia intimista e pesimista da vida.A finais 2 50 xorde o Realismo coloquial,q foxe da linguaxe poetica tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rua abrindo o camiño a poesia socialrealista.Centraremonos nos seguintes poetas: 1.Celso emilio ferreiro.Liñas: * intimista,influenciada polo existencialismo: 1 presente pesimista,xeo d soidade e desacougo;nostalxia da infancia perdida en celanova.Escribiu tamen poemas amorosos xa moraima.* satirica,fortemente corrosiva e critica,q lembra as cantigas d escarnio medievais,ou o Quevedo mais mordaz.* socialrealista,cuna linguaxe coloquial e directa.Temas: a Guerra Civil,a explotacion 2 trabayadores,o imperialismo,a ameaza nuclear ou o racismo.Longa noite d pedra (1962) e 1a das obras da nosa literatura mais veces reeditada.O seu titulo converteuse nuna metafora da ditadura franquista.2.Uxio novoneyra.A sua poesia e paisaxistica e moi persoal: contemplada desde 1a perspectiva case mistica,d fusion coa natureza;describe a natureza espida do courel,onde o ser umano e 1 elemento minimo dentro da inmensidade cosmica.Ai tamen preocupacion social e politica.3.Xose Luis mendez ferrin.Con polvora e magnolias (1976) supon 1 camiño novo na literatura galega,axegando novos temas,nova linguaxe poetica...Combina a poesia revolucionaria –a polvora- co lirismo intimista (o pasado,o paso do tempo,o amor,a morte) e o luxo estetico –as magnolias-.Usa o versolibrismo e multitude d referencias culturais: o celtismo,a poesia medieval,o movemento beat...4.- Manuel María.Autor d moitas obras e poemas musica2 na segunda metade do s.Xx.Temas: o amor,a arte,o propio compromiso politico,a denuncia d eivas,a etnografia,a fisica,a istoria,a inmaterialidade,a mitoloxia,o mundo animal,a palabra poetica,o paso do tempo,a relixion,a sociedade,a lingua,os trabayos agrarios,o urbanismo ou a xeografia.
TEMA 7. A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas. O corpus da Nova Narrativa Galega (NNG) -calco de Nouveau Roman, movemento contemporáneo francésabrangue unhas vinte obras publicadas entre 1954 (Nasce un arbre, de Gonzalo R. Mourullo) e 1971 (Adiós, María, de Xohana Torres). Outros que se inclúen na nómina da NNG son María Xosé Queizán (A orella no burato), Camilo Gonsar ( Lonxe de nós e dentro, Como calquer outro día), … Pero os autores máis destacados son Xosé Luís Méndez Ferrín e Carlos Casares. CARACTERÍSTICAS: A) No relativo ao argumento, ao tema: abandono do antropocentrismo, localización espacial imprecisa, ambientes urbanos, ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país, mestura de realidade e mundo fantástico, situacións estrañas, opresivas e absurdas, presenza do sexo. B) Formais: monólogo interior, distorsión temporal, pluralidade de voces narrativas. O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), cunha obra moi extensa e moi relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica. Nela podemos destacar unha primeira etapa de Nova Narrativa Galega: 1961-1971. Predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo. O crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario. Pero o máis importante vai ser a violencia para mostrar situacións de opresión e miseria, é dicir, para mostrar unha realidade. A violencia, que forma parte do absurdo da existencia, prodúcese en seres atormentados e nun espazo escuro que semella ser o culpábel. Na novela Arrabaldo do norte (1964), sen seguir ningún modelo francés determinado, vese que hai unha forte vontade tecnicista (técnica obxectalista), superpondo a estrutura narrativa ao interese do relato. Presenta un home incapacitado para a comunicación, con diálogos inútiles, que anda perdido polas rúas á procura dun cambio na súa vida que non dá conseguido. As outras etapas posteriores están xa fóra dos límites da NNG. Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. Nesta corrente inscríbense -O libro de relatos Vento ferido (1967). O relatos Monólogo ou O xogo da guerra, figuran en moitas escolmas e libros de texto. -A a novela Cambio en tres (1969). A súa prosa posterior é sinxela pero moi traballada, para resultar natural e interesar a un amplo número de lectores.
TEMA 8. O teatro galego entre 1936 e 1975: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia. O teatro sufriu as consecuencias da guerra e a ditadura, ao ser impensable un espectáculo público teatral en galego e a súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio. Castelao estreou Os vellos non deben de namorarse en Bos Aires. En Galicia, entre 1950 e 1965, escríbese un teatro máis pensado para ler que para representar, dirixido a unha minoría intelectual galeguista e coñecedora do teatro francés, que utilizaba os mitos e personaxes da traxedia clásica grega para expoñer conflitos do mundo actual, e con influencia do existencialismo. Destaca Álvaro Cunqueiro coa súa obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958) na que fai unha nova lectura do personaxe shakespeariano e dos seus problemas. Ricardo Carballo Calero publica en 1971 Catro pezas (que contén a coñecida A farsa das zocas: obra en dous actos que mostra ao espectador uns personaxes galegos universais, o crego, o médico, o notario… e un enredo sobre unha herdanza). Tamén nesta época publican obras teatrais algúns dos membros da Xeración dos 50, como Franco Grande, Arcadio López Casanova ou Manuel María. Este escribiu máis dunha ducia de pezas teatrais (Barriga verde, 1973...) A mediados dos sesenta a mellora da situación social e económica propicia unha certa actividade teatral, malia ser sempre –e tamén nesta etapa- este xénero o menos cultivado da literatura galega. No 1965 xorde o grupo teatral O Facho, dirixido por Manuel Lourenzo, que será tamén o fundador, dous anos máis tarde, do primeiro grupo independente. Extraordinaria importancia terán as Mostras de Teatro de Ribadavia, iniciadas no 1973 e que continuarán ata 1980, punto de encontro para os xa abundantes grupos teatrais independentes e estímulo para os autores, que poderán ver representadas as súas obras. Algúns dos autores vinculados a esta iniciativa, e que continuaron a súa produción posteriormente ou aínda seguen, son: -Euloxio Rodríguez Ruibal, Zardigot, autor de teatro experimental que comezou escribindo obras influídas pola técnica cinematográfica comprometidas coa realidade social e política do país. Nunha segunda etapa ten textos máis cómicos e satíricos sobre a situación galega. Hai que mencionar tamén a súa contribución ao teatro infantil. -Manuel Lourenzo, actor, director e autor teatral, é unha das figuras máis importantes e prolíficas dos últimos 40 anos do noso teatro. Dentro da súa extensísima obra podemos sinalar tres ciclos: mítico, histórico e experimental. -Roberto Vidal Bolaño foi tamén autor, actor e director. O seu teatro seguiu dous camiños diferentes: por un lado atopamos textos simbólicos con raíces populares e por outro textos máis complexos cunha visión pesimista da vida.

TEMA 9. A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa e teatro. Como consecuencia da Guerra Civil desaparece case por completo a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural continuada só é posible no exilio, onde poetas como Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita fan poesía crítica e de compromiso. -Luís Seoane. Fardel de exiliado. Polifacético (máis coñecido como pintor) en Bos Aires tivo unha actividade variada e intensa. Podemos caracterizar a súa poesía cos seguintes trazos: *Estilo realista, ás veces case xornalístico. *Poesía sobria, discursiva, mais chea de forza e de paixón comunicativa. *Dominio do verso longo, case prosaico, seminarrativo. * Temática preferentemente social, con predominio do tema da emigración tratada desde a perspectiva dos propios emigrantes. * Escaseza de poemas persoais, nos que fale o propio eu de Seoane. -Lorenzo Varela. Escribe dous libros de poesía en galego, o máis significativo dos cales é Lonxe (1954). Dúas temáticas dominan o libro: unha mítico-histórica baseada na Guerra Civil na que canta ós guerrilleiros antifranquistas e outra saudosa, en torno á ausencia da Terra e ao exilio. Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os nosos exiliados manteñen viva a cultura galega. A narrativa é realista, con elementos autobiográficos que tratan o tema da Guerra Civil, o mundo dos fuxidos, a guerrilla antifranquista e a represión. Autores: Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago, Antón Alonso Ríos.No exilio publícanse A Esmorga, de Blanco Amor ou Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. O teatro sufriu as consecuencias da guerra e a ditadura, ao ser impensable un espectáculo público teatral en galego e a súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio. Castelao estreou Os vellos non deben de namorarse en Bos Aires. Manuel Varela Buxán foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina. As súas obras son de corte rural-costumista e humorístico, aínda que non están exentas de crítica social. A súa compañía “Maruxa Villanueva” frepresentou Os vellos non deben de namorarse. Tamén en Bos Aires Eduardo Blanco Amor dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu varias pezas que se coñeceron en Galicia recompiladas en dous volumes Farsas para títeres e Teatro prá xente. Unhas son obriñas de Realismo costumista, pensadas para “a xente do noso pobo”, público pouco afeito a ler ou ver teatro; outras son farsas, non realistas, moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos; están pensadas para un público culto.

Entradas relacionadas: