Bunker inmovilizacion España franquismo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,66 KB

 

Nacional catolicismo:denominación coa que se coñece un dos acenos de identidade ideolóxica do franquismo, o réxime ditatorial co que Franco gobernou España entre 1939 e 1975. A súa manifestación máis visible foi a hexemonía que tiña a Igrexa católica en todos os aspectos da vida pública e mesmo privada.

Pactos da Moncloa: Acordos asinados en 1977 polos principais partidos, organizacións empresariais e sindicais e aprobados polas Cortes, que supuxeron o primeiro gran conxunto de medidas para afrontar a crise económica iniciada en 1973. Os seus dous obxectivos básicos foron reducir a inflación e poñer en práctica un conxunto de reformas para repartir equitativamente os custos da crise.

Plan de estabilización: Deseñado en 1959 baixo os auspicios do Fondo Monetario Internacional e a OECE e a convicción de ministros aperturistas, para paliar a bancarrota na que se atopaba España, e iniciar un novo proceso económico, que conducise á modernización do país. Solicitáronse créditos ao FNII E á OCDE, a cambio España debería abrir as fronteiras ao investimento estranxeiro, devaluar a peseta con respecto ao dólar, limitar o gasto público, suprimir os subsidios a empresas públicas, e subir os tipos de interese bancarios.

Plataxunta: Grandes coalicións que se formaron entre a oposición democrática á ditadura ao redor das grandes opción políticas da esquerda. O PSOE coa Plataforma e o PCE coa Xunta. En outubro de 1976 fusionáronse formando a plataxunta.

Sindicato vertical: Único sindicato permitido en España polo xeneral Francisco Franco, sentando as súas bases no Foro do Traballo outorgado en 1938. Unha agrupación de empresarios e traballadores organizados por oficios. Nos anos 60 incorporaranse clandestinamente sindicalistas de CC. OO., e que exercerán unha oposición ao réxime de Franco, ao alentar os conflitos laborais e sociais.

UCD: foi unha coalición política e, posteriormente, un partido político español liderado por Adolfo Suárez, que exerceu un papel protagonista durante a transición á democracia, liderando o Goberno de España entre 1977 e 1982. Dado as súas orixes, a UCD non foi un partido convencional, xa que dentro do seu seo coexistían numerosas «familias» políticas procedentes dos antigos partidos que constituíran orixinalmente a coalición. Despois da dimisión e saída de Adolfo Suárez en febreiro de 1981, o partido entrou nunha descomposición que acabaría levando a perder máis de 157 parlamentarios nas eleccións xerais de 1982, o que se traduciría na súa disolución uns meses máis tarde.

Entradas relacionadas: