O bienio de dereitas. Novembro 1933-febreiro 1936

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,23 KB

 
Bienio Negro: Etapa entre 1933 e 1936, dentro da II República española, con un goberno de dereita presidido polo Partido Radical de Lerroux e co apoio da CEDA, para desmantelar as reformas do goberno reformista. Os escándalos financeiros e a corrupción debilitaron a coalición, provocando novas eleccións en 1936. Tamén se denomina Bienio Negro ou Conservador.Brigadas Internacionais: Grupos de voluntarios de todo o mundo que se alistaron para defender o goberno da II República española durante a Guerra Civil (1936-1939) organizados polos comités da Internacional Comunista (Komintern).CEDA(Confederación Española de Derechas Autónomas): Formación política de varios grupos de dereitas fundada en 1932 co propósito de aunar a oposición á política reformista de Azaña. O seu principal líder José Mª Gil Robles propugnaba a defensa do catolicismo e da orden social con certas connotacións fascistas. Tras o Golpe de Estado de 1936 desaparece.Directorio Militar (1923-1925): Primeira etapa da Ditadura de Primo de Rivera caracterizada por un goberno militar, que buscou solucionar os problemas máis inmediatos: Suspendeu a Constitución de 1876, prohibiu partidos e sindicatos, creou o partido único (Unión Patriótica), e ocupou Marrocos tras o desembarco de Alhucemas. FAI  (Federación Anarquista Ibérica). Organización heteroxénea de grupos anarquistas creada clandestinamente en 1927, polo sector máis radical do anarquismo español que acusaron á CNT de ser demasiado moderada e reformista. Os seus  líderes máis destacados foron Durruti e Ascaso. FET de las JONS: Agrupación política española formada coa unión ( en 1934) de Falange Española (FE) e as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS). Rexeitan a Constitución republicana, os partidos, o liberalismo e o marxismo. Propugnaba a instauración dun estado nacional-sindicalista centralizado, con un goberno forte similar ao fascista. Organizaron grupos armados para atacar aos seus rivais políticos. Usan como símbolos: Bandeira vermella e negra co xugo e as frechas e camisa azul. En 1937 o xeneral Franco úneas coa  Comunión Tradicionalista configurando un único partido dentro da bando sublevado (FET y de las JONS).Fronte Popular: Coalición política constituída en 1936 por diversos partidos de esquerda (socialistas, comunistas, republicanos) e sindicatos (a excepción dos anarquistas, aínda que votaron a favor da coalición) e co apoio dos nacionalistas cataláns e galegos seguindo a estratexia da III Internacional como fórmula para frear o avance do fascismo en Europa. Gañaron las eleccións de 1936 .Lexión Cóndor: Grupo do exército de aviación alemán enviado por Hitler en axuda do xeneral Francisco Franco, durante a Guerra Civil española (1936 – 1939). É tristemente célebre por bombardear unha poboación (Guernica) sen ningún interese militar, nin estratéxico.Pacto de San Sebastián (1930): Acordo entre republicanos, nacionalistas cataláns e galegos  e socialistas polo que acordaron derrocar a monarquía e constituír un goberno provisional que implantase a república e recoñecese os dereitos e liberdades dos cidadáns e o dereito á autonomía das rexións. Sanjurjada: Golpe de Estado contra a 2ª República dirixido por José Sanjurjo desde Sevilla o 10 de Agosto de 1932.  Fracasou e Sanjurjo foi detido e condenado a morte, pena conmutada pola prisión perpetua. Foi amnistiado polo goberno de Lerroux en 1934 e trasladouse a Lisboa desde onde conspirará contra a 2ªRepública. Morre o 20 de xullo de 1936 en accidente de aviación cando se dirixía desde Lisboa a Burgos para encabezar as tropas do golpe militar do 18 de xullo. Unión Patriótica: Único partido político autorizado por Primo de Rivera e fundado por el en 1924, para proporcionarlle o apoio social necesario e ir formando adictos á Ditadura. De ideoloxía moi conservadora e católica, próxima ao corporativismo fascista, desapareceu co fracaso da ditadura en 1930.


Entradas relacionadas: