Os Austrias

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,99 KB

 
1. CAMBIO DINÁSTICO E GUERRA DE SUCESIÓN Carlos II morre sen descendencia, deixando no seu testamento o trono a Felipe V de España, pertencente a dinastía dos Borbóns e herdeiro a coroa francesa a súa vez (neto de Luis XIV). O apoio francés (potencia continental do moemnto) foi clave no seu ascenso ao trono. O trono tamén era disputado polo arquiduque Carlos, da dinastía dos Austrias. 1.1Conflito internacional Co ascenso dun Borbón ao trono español formábase un bloque Franco-español que non era ben recibido polas demais potencias do momento, polo que formouse a modo de resposta unha gran alianza encabezada por Austria e formada por R.U, as P.U, Prusia, Saboia e Portugal. Os enfrontamentos armados comezaron no ano 1702, en escenarios coma a Península ibérica, Milán, Flandres e ultramar. Mais no ano 1711 Carlos ascendeu ao trono austríaco, polo que os seus aliados romperon o pacto, xa que de este xeito o Carlos formaría unha alianza austro-española que non era favorable. Neste momento Felipe V renuncia ao trono francés e así remata o conflito internacional. Entre 1713-1714 asináronse os tratados de Utrecht e Rastadt, que estableceron un novo sistema de relacións internacionais baseado no equilibrio: - España perde as súas posesións europeas ( Flanders e Italia) e concéntranse en América. - R.U pasou a ser a principal potencia marítima do mundo, con enclaves estratéxico coma Xibraltar ou Menorca. Tamén introdúcese no comercio americano (navío de permiso) e monopolizou o tráfico de escravos africanos cara América. - Imposición da política de equilibrio continental (evitar o predominio de calquera potencia). 1.2 A guerra de sucesión en España Dicotomía entre centralistas e foralistas: - Castela apoiaba a Filipe V, sobre todo o pobo (Aristocracia estaba a favor de Carlos). Este apoio baseábase nas esperanzas de cambio. - En Aragón , Valencia vivía un enfrontamento interno (nobreza e oligarquías a favor de Fernando V e os sectores popular a favor de Carlos) e en Cataluña o apoio a Carlos foi xeral. Isto era debido a varias causas: temor ante o absolutismo de Filipe V, a eficacia propagandística austríaca nos sectores populares, a animadversión cara os franceses... A maior parte de España estaba a favor dos borbóns, e a partires de 1707 as ofensivas borbónicas ocuparon o reino de Valencia e despois Aragón, polo que dende 1711 a vitoria de Filipe V era evidente (Cataluña persistiu ata 1714). 2. O ABSOLUTISMO BORBÓNICO 2.1Absolutismo, centralización e uniformidade A monarquía absoluta era un modelo de goberno no cal o rei gozaba de grandes poderes, e o monarca era elixido por Deus. A mellor plasmación for en Francia baixo a dinastía dos Borbóns. Ao suceder o trono español un monarca francés educado baixo as premisas do absolutismo, o cambiio de modelo sería inmediato ( promovido tamén pola guerra de sucesión e por unha elite de eficaces funcionarios). Algunhas medidas foron: - Reformouse o exército e promoveuse unha reforma de recadación fiscal que pretendía aumentar os ingresos. - Imposición do sistema de secretarias. Á cabeza estaba un Consello ou Secretaría de Despacho, e esta estaba dividida en cinco : Guerra, Mariña e Indias, Xustiza, Estado e Facenda. Decretos de Nova Planta 1707 en Valencia e Aragón, 1715 en Mallorca e 1716 en Cataluña. Estes decretos suprimiron os foros e as institucións propias dos reinos da Coroa de Aragón (poder castelá). O máis estrito foi o decreto de Valencia, pois nel suprimiuse o uso do dereito civil. Deste xeito todo o territorio español pasaba a ter un goberno uniforme (exceptuando Navarra e as Provincias Vascas, que conservaron os seus foros). Coa Nova Planta integráronse os consellos territoriais no de Castela, que pasou a ser o centro do goberno interior de España. División provincial Os decretos de Nova Planta converteran os reinos da Coroa de Aragón en provincias gobernadas por un capitán xeneral. Este sistema provincial xeneralizouse en toda España, xerando novos cargos: - Intendentes: funcións administrativas, xudiciais e de Facenda. Supervisaban os poderes locais e eran nomeados polo monarca ou polo secretario de Estado. - Capitán xenerais: xefatura militar da súa provincia e desenvolvían funcións administrativas e xudiciais. Eixes do novo absolutismo provincial. - Corrixidores nas administracións municipais nomeados polo monarca, que gobernaban as cidades e tiñan competencias administrativas e xurídicas. Defendían á monarquía. 2.2 O control da Igrexa: o regalismo Este consistía en que o monarca interviña nalgúns aspectos da Igrexa, pretendendo asegurar o control político e económico da Igrexa. Os obxectivos de Filipe V foron dous: - Recoñecemento do dereito a designar os cargos eclesiásticos en España. - Recadar as rendas das sedes episcopais vacantes, así coma as sumas que cobraban todos os tribunais eclesiásticos. O acordo chegou mediante a firma do concordato no ano 1737, no que ademais de acadar os seus obxectivos a Santa Sé acepta algunhas concesións económicas. Durante o reinado de Carlos II produciuse un episodio de choque entre monarquía e Igrexa, a expulsión dos xesuítas en 1767 e a confiscación de todos os seus bens. Tamén limitou as competencias da Inquisición. 2.3As reformas do exército e a armada Os Borbóns comprenderon a necesidade de dispoñer dun exército e unha mariña eficientes, polo que impulsaron as primeiras medidas: - Novos sistemas de recrutamento mediante levas entre a poboación masculina. - O terzo foi substituído polo rexemento coma unidade básica. - Creación dun exército permanente e profesional, que dependeu dos orzamentos do goberno central. A necesidade dunha mariña de guerra poderosa era evidente, xa que España precisaba ser unha potencia marítima. Con ese obxectivo fomentouse a construción de novos estaleiros e arsenais. En consecuencia o número e a calidade dos buques incrementáronse (José Patiño).

Entradas relacionadas: