676r

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,14 KB

Destaca a guerra en Cuba, iniciada en 1868, que continuaba a espallarse e a República non foi quen de freala.


 Por outra banda, incrementouse a axitación social e política (do que foi partícipe a AIT) e xurdiu con forza o movemento cantonalista
. A unión e manifestación das aspiracións autonomistas propiciadas polos federais intransixentes coas aspiracións de revolución social inspiradas nas novas ideas internacionalistas, provocaron o fracaso de implantar a federación desde arriba e a dimisión de Pi y Margall. Destaca, o 12 de xullo de 1873 o cantón de Cartaxena, que se constituía en Estado independente e proclamaba a República Federal en España, que se impulsaba, deste xeito, desde abaixo.


A eclosión do cantonalismo procedía, en definitiva, da decepción polo escaso desenvolvemento da República e o seu limitado alcance social.


 Sucédenlle os gobernos de Nicolás Salmerón (quen iniciou unha acción militar contra o movemento cantonalista) e Emilio Castelar (republicano unitario de carácter conservador que conseguiu plenos poderes das Cortes e gobernou por decreto), apoiados en militares como Pavía e Martínez Campos para rematar co cantonalismo e a guerra carlista. Os federais, descontentos con esta situación, deciden escoller un novo presidente no Congreso, pero o impide o Golpe de Estado do xeneral Pavía, que disolve a Asamblea Nacional. 


 Ante esta situación de baleiro do poder, o xeneral Serrano asume o poder executivo da República, e impón un réxime autoritario suspendendo as garantías constitucionais ata rematar con esa situación de forte inestablilidade e convocar Cortes constituíntes. 


O 29 de decembro de 1874 o xeneral Martínez Campos encabezaba un pronunciamento en Sagunto, o que favoreceu os intentos de Cánovas del Castillo de restaurar a monarquía na persoa de Afonso de Borbón, quen se presenta como un monarca constitucional e liberal no Manifesto de Sandhurst.

Entradas relacionadas: